4 de ago. de 2016

A CIG Lugo gaña sentenza de contratación e condenan a Correos a Indemnizar a unha compañeira con 925,30€



O Xulgado nº 3 de Lugo ven de condenar a Correos a indemnizar a unha traballadora eventual integrante da Bolsa de Foz Atención ao cliente por saltarse a orde de prelación nos chamamentos da contratación.

A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo,  logo que Correos quixera impoñer os seus criterios con respecto aos chamamentos na modalidade de contratos por interinidade. O E.T. con respecto a este tipo de contratos establece un límite temporal de 6 meses nun período de 12 meses, sen embargo a pesares do que di a Lei,Correos alegaba que a non contratación era correcta pois eles toman como referencia 180 días no lugar dos seis meses para os contratos por interinidade e a afiliada da CIG neste caso tiña 151 días de contrato e polo tanto non se lle podía facer un contrato dun mes ou 30 días, porque se excedía nun día segundo as súas contas ( 151 días + 30 días = 181 días), mentres  que dende a CIG defendiamos que o tema dos 180 días que alegaba Correos, non estaba no Convenio e polo tanto os chamamentos debían ser tal e como está reflectido no Estatuto dos Traballadores que establece un límite temporal de 6 meses nun período de 12 meses e non de 180 días como defendía Correos, pois hai meses que teñen 31 días e a Lei non debe prexudicar en ningún caso ao traballador. Ao final o Xuíz deunos a razón.

A CIG unha vez máis demostra que é o único sindicato  que denuncia os atropelos dos dereitos dos traballadores, mentres outros van de comparsa e aplaudidores as mesas de contratación, de traballo etc.,etc.

Afíliate a CIG  e defende os teus dereitos