24 de xul. de 2013

Informe Anual SEPI 2012 - Correos

Síntese análise exercicio 2012 Grupo Correos:


- Descenso da demanda de envíos postais por efectos da crise económica e pola progresiva substitución de envíos postais polos electrónicos.

- Volume de negocio un 10% menos que no ano 2011.

- Para aforrar custos Correos reduciu 3.200 postos de traballo mediante amortizacións.

- Perdidas en explotación do exercicio 2012: 13.6 millóns de €, 3.8 millóns superiores ao ano 2011. Resultado neto despois de impostos, contabilizar o resultado financeiro e crédito percibido:  4 millóns de €.

- Investimentos superiores a 44 millóns de euros, a metade destinouse en construcións, que inclúe a adquisición e obras de reforma de inmobles e locais para o tratamento e a distribución postal. O resto materializouse en vehículos de reparto, mecanización de instalacións, informática e proxectos menores.

- O volume de emprego medio de decembro do Grupo CORREOS no ano 2012 é de 54.140 traballadores, dos que:

45.758 son fixos (persoal funcionario e laboral) o 84,5% do persoal.
8.382 temporais, o 15,5%.


- O colectivo de homes supón o 46,9% do persoal e o de mulleres o 53,1%. O emprego da sociedade CORREOS cífrase en 52.811 traballadores e representa o 97,5% do Grupo, o seu persoal está integrado por tres colectivos:

Funcionarios: 19.906
Laborais fixos:  24.579 traballadores
Laborais temporais: 8.326




16 de xul. de 2013

Coa entrada de Correos na SEPI, este grupo empresarial aumentou os seus beneficios ...

Lástima que estes resultados económicos non sexan suficiente garantía para manter un emprego estable e unhas boas perspectivas de futuro  en Correos.

Que nos teñen reservado dende o Goberno do Estado a través da SEPI para Correos? 

Por qué non se sincerizan e nos contan os seus plans?


 
Enlace coa nota de prensa EUROPA PRESS

 



9 de xul. de 2013

Desmantelamento do servizo postal na provincia de Ourense

Os representantes da C.I.G. de Correos da provincia de Ourense queremos denunciar o progresivo desmantelamento do servizo postal que se está a producir e a incrementar de xeito significativo, en especial dun tempo a esta parte.
            Nesta provincia, tal e como esta central leva denunciado, fai anos que eramos “punta de lanza” no desmantelamento do servizo público de Correos no ámbito rural, coa amortización de tódalas areas de reparto tras da xubilación do titular e a posterior asimilación forzosa das parroquias que repartía por parte dos traballadores colindantes a posteriori. 

            Agora sen embargo non se libra deste deterioro xa nin sequera o centro das cidades, que por volume e rendibilidade do alto valor engadido inherente ás súas áreas de reparto non se tiña visto, ata agora, nesta tesitura. Pois, tal e como establece tanto a Directiva 2.008/6/CE do 20 de febreiro do Parlamento e do Consello e tamén na súa transposición a Lei 43/2.010 de 30 de decembro do servizo postal universal, dereitos dos usuarios e do mercado postal, que di textualmente no seu artigo 24 sobre as condicións de distribución “as entregas practicaranse, polo menos, todos os días laborables de luns a venres, salvo no caso de concorrer circunstancias ou condicións especiais conforme ao previsto nesta Lei”. Esas circunstancias distan de ser, como por exemplo puideran selo, condicións meteorolóxicas extremadamente adversas, e agora pasan a ser recortes en materia de contratación por aforro económico puro e duro, obviando a Lei.

            Así, ultimamente, de un tempo a esta parte non se procede a acudir ás Bolsas de Emprego e contratar a un traballador cada vez que se produce unha ausencia polo motivo que sexa nun distrito ou unidade de reparto, que se corresponde cun código postal, p.ex.: C.P.  32.004.

            Procédese a recargar ós carteiros dese distrito cunha parte da sección de reparto do traballador ausente, de xeito que o traballo de 10 persoas se fai entre nove, ou entre oito, se faltan dous, recargando coa carga laboral equivalente a dúas horas diarias a cada un dos traballadores. E se faltan tres e non pode ser asumido, desprázase a un traballador da súa sección, que queda sen repartir, para que reparta a sección vacante ese día e na que non se contratou a ninguén: “desvestir un santo para vestir outro”. Estes recargos e desprazamentos forzosos ocasionan que se incumpra a Lei nos termos de reparto todos os días laborables de luns a venres antes mentado, que se produzan retrasos na correspondencia e gran malestar entre os traballadores fixos (que nunca saben ata onde irán a dar cada día) e eventuais (que engrosan as listas do paro esperando un contrato na súa casa). 


4 de xul. de 2013

Prazas Outros Ministerios


BOE Nº 159 DO 4 DE XULLO  ORDEN JUS/1249/2013

PRAZAS EN GALIZA: A CORUÑA

SUBGRUPOS: C1 e C2


A CIG rexeita o novo intento de reformar o sistema público de pensións


A Confederación Intersindical Galega (CIG) manifesta o seu máis rotundo rexeitamento ás propostas recollidas no informe dos “expertos” co que se pretende avalar unha nova reforma das pensións. Para a central sindical, lonxe de pretender garantir a súa viabilidade a medio e longo prazo, o que se busca é reducir a contía das pensións, dificultar o acceso ás mesmas e promover que as traballadoras e traballadores con capacidade adquisitiva subscriban plans de pensións privados, para alimentar así o negocio da banca e dos especuladores.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, considera que non estamos ante un debate técnico, senón ideolóxico. Cuestiona a propia natureza do informe e ás persoas que o elaboraron. “Non son neutrais, practicamente todos están vinculados á banca e as aseguradoras, entidades que teñen que ver co negocio dos fondos privados de pensións”, afirma. De feito, considera que o resultado dese informe tería sido distinto se se encargara a súa elaboración a persoas cun perfil diferente. 

3 de xul. de 2013

Publicada a resolución de axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as

A Secretaría de Muller da CIG informa que acaba de saír publicada no DOG a resolución de axudas dirixidas aos homes e familias monoparentais, en que a persoa solicitante, home ou muller, sexatraballador/a por conta allea, e que durante o pasado ano se acolleron a unha redución da súa xornada laboral para o coidado de fillos ou fillas menores de 3 anos.
As axudas, destinadas á conciliación da vida familiar e laboral e como medida de fomento da corresponsabilidade, serán concedidas aos traballadores por conta allea ou familias monoparentais, que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012, se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos.

Para ter dereito a axuda deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos e un máximo de oito meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012. En ningún caso o período para o que se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.

Os formularios de solicitude pódense descargar no documento anexo a esta nova, na sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.es). O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza (DOG do 1de xullo de 2013).

 Para descargar a resolución do DOG prema aquí