28 de abr. de 2017

A CIG convoca un total de 13 mobilizacións para conmemorar o Día Internacional da Clase Obreira


A CIG aproveitará a celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, para continuar coa súa campaña a prol da recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise e para reclamar a derrogación das sucesivas reformas antiobreiras. A central conmemorará esta data coa convocatoria de 13 mobilizacións nas principais localidades do país baixo o lema “Recuperar os nosos dereitos, derrotar as reformas”.
Dende a CIG lembran que nos últimos oito anos os diferentes gobernos do PP e do PSOE atacaron por medio de reformas lexislativas os principais dereitos conquistados pola clase traballadora na súa historia constante de loita. “Amparados na crise tomaron por asalto as nosas pensións, os dereitos laborais, os salarios, reduciron a nosa protección e cobertura sanitaria, etc”, sinalan.
Isto fixo que hoxe a pobreza estea relacionada con traballo precario, cos contratos parciais, cos máis de dous millóns de persoas que esgotaron as prestacións por desemprego e co 32% de traballadores/as que teñen un salario inferior ao SMI: 707 euros ao mes.
Tamén lembran que nestes anos máis de 130.000 galegos/as, principalmente mozos/as, marcharon á emigración buscando traballo, polo que se en lugar de emigrar ficasen aquí o desemprego real superaría o 30%.
Ao mesmo tempo, sinalan que o do Estado español é o único caso no que o total dos salarios da clase traballadora descendeu nestes últimos seis anos preto dun 11%. Mesmo en Portugal, neste mesmo período, os soldos subiron un 4,45%, mentres que en Alemaña e Francia o incremento superou o 9%. “As reformas laborais conseguiron o que se propoñían, traballarmos máis e cobrarmos menos; os salarios que perdemos pasaron ás rendas do capital, persoas ricas e grandes empresarios/as, que aumentaron as súas fortunas e beneficios en máis dun 18%”.
Na CIG entenden que unha vez que conseguiron roubarnos gran parte dos nosos dereitos laborais crearon novas leis represivas de seguridade cidadá (Lei Mordaza) e do Código Penal para criminalizar a resposta e mobilización da clase traballadora “porque saben que sempre conquistamos os nosos dereitos coa loita”.
Consideran importante que na actualidade o PP non teña a maioría parlamentaria, “xa que estas leis que empobrecen e condenan ao sufrimento á clase traballadora poden ser anuladas”. Diante disto, chaman ao conxunto da cidadanía a participar nas distintas mobilizacións convocadas pola central para esa xornada.
Lugares e horarios das distintas mobilizacións:
  • Vigo: no cruce da Dobrada ás 12:00 horas.
  • Cangas: na Praza do Concello ás 19:00 horas.
  • Coruña: na Praza de Vigo ás 12:00 horas.
  • Cee: na Praza do Concello ás 12:30 horas.
  • Compostela: na Praza Roxa ás 12:30 horas.
  • Ribeira: na Praza do Peixe ás 12:00 horas.
  • Ferrol: na Avenida de Esteiro (local da CIG) ás 12:00 horas.
  • Lugo: na Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 12:00 horas.
  • Burela: en A. Pardiñas (local da CIG) ás 12:00 horas.
  • Ourense: no Pavillón dos Remedios ás 12:30 horas.
  • Pontevedra: na Praza da Ferrería ás 11:30 horas.
  • Vilagarcía: na Casa do Mar ás 12:00 horas.
  • A Estrada: na Praza do Mercado ás 12:00 horas.

ACUDE E PARTICIPA!!

20 de abr. de 2017

Consolidación de Emprego - Listaxe de Aprobados



RELACIÓN DOS 1.606 APROBADOS:

- Poderanse consultar a través da web de Correos.
- Figurarán ordenados por provincia de maior a menor puntuación -sumadas a nota de exame e os méritos- indicando  provincia,  posto asignado, os datos persoais, a puntuación da proba, a puntuación dos méritos e a puntuación total do proceso de selección.

Os candidatos que figuran na relación de aprobados deberán de presentar un Certificado Médico (modelo normalizado) onde se acredite por un facultativo, que non padecen enfermidade, nin están afectados por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións dos postos asignados. O certificado normalizado debe presentarse, de maneira presencial, nas Unidades de Recursos Humanos de Correos, en sobre pechado dirixido á atención dos Servizos Médicos, coa indicación de “confidencial”. O prazo de que dispoñen os candidatos finalizará o día 25 de abril.

FORMALIZACIÓN DE CONTRATOS

Se convocarán aos candidatos durante o mes de maio, mediante SMS, correos electrónico, para que por orde na relación de aprobados, elixan de entre as necesidades para cubrir.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO MOMENTO DA CITACIÓN:

a) Candidatos que non traballaron nunca en Correos.
DNI ou do NIE, si se trata de cidadán non español, Documento de afiliación ou cartilla da Seguridade Social no que figure como titular, Titulación requirida: Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar ou titulación oficial que o substitúa, Permiso de conducir moto, ou coche cunha antigüidade superior a 3 anos, datos do Banco ou Caixa Os candidatos deberán achegar documentos orixinais e fotocopias.

b) Candidatos que traballaron en Correos.
Respecto deste colectivo si se dispón de toda a documentación no seu expediente, non será necesario solicitala de novo, salvo naqueles casos en que sexa necesario actualizar ou revisar a información; (p.e. permiso de residencia/traballo; datos bancarios, etc.)
Os candidatos que non presenten documentación para formalizar a súa contratación ou que non reúnan os requisitos para o desempeño do posto de traballo que se lle asignou non se lles formalizará o contrato e decaerán do proceso de ingreso como persoal laboral fixo en Correos.

FORMALIZACIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO

A data inicio dos contratos será o 1 de xuño. Neste sentido, a firma do contrato fixo leva a extinción do contrato de traballo temporal que, no seu caso, o candidato teña formalizado con Correos, así como o decaemento das bolsas de emprego temporal na que estivese activo.
Os candidatos que renuncien á oferta adxudicada e/ou rexeiten a formalización do contrato de traballo fixo, decaerán da/s bolsa/s de emprego nas que estivesen inscritos.

Prema  no seguinte enlace para ver Relación Aprobados

Se tes algunha dúbida ponte en contacto coa xente da CIG Correos

19 de abr. de 2017

Consolidación de Emprego ( Nota de corte )

Na Xuntaza de hoxe 19 de abril o Órgano de Selección acordou:

Establecer a nota de corte en 68 acertos que será a mesma para tódalas provincias coa finalidade de unificar o proceso.

  • Puntuación do exame: Unha vez alcanzado o mínimo de 68 acertos, se sumará a puntuación obtida na fase méritos.
  • O 20 de abril serán publicados os méritos definitivos

Listaxe dos Méritos Definitivos:

Recibíronse un total de 8.979 reclamacións/alegacións presentadas, das cales a empresa resolveu favorablemente un total de 6.363.

Os Méritos estarán ordenados por postos de reparto moto e servizos motorizados, reparto pé e axente clasificación.

Listaxe dos 1.606 aprobados

Á nota de corte sumaranse os méritos definitivos para establecer o listaxe de aprobados.

O listaxe de aprobados estará ordenado de maior a menor puntuación e nel aparecerán os seguintes datos: provincia, posto obtido, datos persoais, puntuación da proba, puntuación dos méritos e anota total do proceso.
Os postos se adxudicarán de maior a menor puntuación tendo en conta os seguintes criterios:

  • Os postos motorizados só se adxudicarán a aqueles candidatos que os marcaron na súa solicitude e que ademais, estean en posesión do permiso de conducir necesario para o seu desempeño.
  • Se adxudicarán primeiro os de maior retribución, é dicir primeiro os postos de reparto motorizado, logo os de reparto a pé, seguido dos de axente clasificación a tempo completo e por último os de tempo parcial

Se tes algunha dúbida ponte en contacto coa xente da CIG Correos