RELACIÓN DOS 1.606 APROBADOS:
-
Poderanse consultar a través da web de Correos.
-
Figurarán ordenados por provincia de maior a menor puntuación -sumadas a nota
de exame e os méritos- indicando
provincia, posto asignado, os
datos persoais, a puntuación da proba, a puntuación dos méritos e a puntuación
total do proceso de selección.
Os
candidatos que figuran na relación de aprobados deberán de presentar un
Certificado Médico (modelo normalizado) onde se acredite por un
facultativo, que non padecen enfermidade, nin están afectados por limitación
física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións dos postos
asignados. O certificado normalizado debe presentarse, de maneira presencial,
nas Unidades de Recursos Humanos de Correos, en sobre pechado dirixido á
atención dos Servizos Médicos, coa indicación de “confidencial”. O prazo de que
dispoñen os candidatos finalizará o día 25 de abril.
FORMALIZACIÓN DE CONTRATOS
Se convocarán
aos candidatos durante o mes de maio, mediante SMS, correos electrónico, para
que por orde na relación de aprobados, elixan de entre as necesidades para
cubrir.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO
MOMENTO DA CITACIÓN:
a)
Candidatos que non traballaron nunca en Correos.
DNI
ou do NIE, si se trata de cidadán non español, Documento de afiliación ou
cartilla da Seguridade Social no que figure como titular, Titulación requirida:
Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar ou titulación oficial que o
substitúa, Permiso de conducir moto, ou coche cunha antigüidade superior a 3
anos, datos do Banco ou Caixa Os candidatos deberán achegar documentos
orixinais e fotocopias.
b)
Candidatos que traballaron en Correos.
Respecto
deste colectivo si se dispón de toda a documentación no seu expediente, non
será necesario solicitala de novo, salvo naqueles casos en que sexa necesario
actualizar ou revisar a información; (p.e. permiso de residencia/traballo;
datos bancarios, etc.)
Os
candidatos que non presenten documentación para formalizar a súa contratación
ou que non reúnan os requisitos para o desempeño do posto de traballo que se
lle asignou non se lles formalizará o contrato e decaerán do proceso de ingreso
como persoal laboral fixo en Correos.
FORMALIZACIÓN DO CONTRATO DE
TRABALLO
A data inicio dos contratos será o 1
de xuño. Neste
sentido, a firma do contrato fixo leva a extinción do contrato de traballo
temporal que, no seu caso, o candidato teña formalizado con Correos, así como o
decaemento das bolsas de emprego temporal na que estivese activo.
Os
candidatos que renuncien á oferta adxudicada e/ou rexeiten a formalización do
contrato de traballo fixo, decaerán da/s bolsa/s de emprego nas que estivesen
inscritos.
Prema no seguinte enlace para ver Relación Aprobados
Prema no seguinte enlace para ver Relación Aprobados
Se tes algunha dúbida ponte en
contacto coa xente da CIG Correos