14 de dec. de 2017

Convocado Concurso de Méritos para Xefes de Equipo

Hoxe día 14 de decembro, celebrouse reunión da Comisión de Emprego Central , para tratar a desprovisionalización de Xefaturas de Equipo de Distribución, Loxística e Oficinas.

Na devandita reunión, fíxose entrega dun documento definitivo de convocatoria para desprovisionalizar os postos de Xefe de Equipo de Distribución, Oficinas e Centros de Tratamento.

Poderán participar neste concurso de méritos os/ as funcionarios/ as pertencentes aos subgrupos de titulación C1, C2 e E (Agrupacións Profesionais) e os laborais fixos clasificados nos grupos profesionais III e IV (Persoal de Xefaturas Intermedias e Operativos) excepto os suspendidos en firme ou suspendidos de emprego e soldo salvo que finalizase o seu períodos de suspensión.

Os/as candidatos/as poderán participar nesta convocatoria exclusivamente a través da Intranet e a Web de Correos,  www.correos.es

O período de inscrición irá desde o 14 de decembro ata o 22, ambos inclusive e poderán solicitar ata 10 postos ofertados na mesma provincia.

Os requisitos e méritos serán os referidos ata o 31 de decembro, excepto os relativos aos cursos de formación, cuxa data de valoración será ata o 15 de febreiro de 2018.

O procedemento de selección constará de dúas fases:

PROMOCIÓN HORIZONTAL: Nesta fase asignaranse os postos ao persoal cuxo posto definitivo sexa de Xefatura de Equipo nos ámbitos funcionais ofertados. Este persoal ha de desempeñar un posto de traballo definitivo de Xefatura de Equipo en Oficinas, Distribución e Loxística e só poderán solicitar postos do seu ámbito. Estes aspirantes estarán exentos de participar na proba de valoración de coñecementos e competencias prevista na convocatoria.


PROMOCIÓN VERTICAL: Poderán participar aqueles/as empregados/as non afectados pola Promoción Horizontal. A este persoal asignaránselle os postos non cubertos na Promoción Horizontal.

 CURSOS DE FORMACIÓN VALORABLES PARA AMBAS PROMOCIÓNS

ÁMBITO
FORMACIÓN VALORABLE
OFICINAS
IRIS V6I Administrador/Xestión
Excel Básico Xefe Equipo
DISTRIBUCIÓN
SGIE Distribución Administrador
Excel Básico Xefe Equipo
LOXÍSTICA
SGIE Distribución Administrador
Excel Básico Xefe Equipo