13 de maio de 2013

20.000 Prazas para o Curso de Inglés Básico para Atención ao Cliente Extranxeiro



Correos convoca un curso de inglés básico cuxos contidos están adaptados aos procesos e produtos postais para facilitar a atención, información e venda aos cliente estranxeiros.

O curso está dirixido a traballadores/as dos grupos  III  e  IV da Dirección de Operacións, tanto laborais fixos como funcionarios, en activo ao inicio do curso, que desenvolvan o seu traballo en postos nos que se relacionen co público (oficinas e distribución –carteiros-as). Que non fosen inscritos na convocatoria de 2012.

A modalidade do Curso  é  on-line fóra da xornada laboral.

Inscrición: Do 13 de maio ao 19 de maio a través do Campus virtual
de Correos (https://formacion.correos.es).

Comunicarase vía correo electrónico e  sms a data de realización do curso (Correos recomenda revisar estes datos no apartado "A miña páxina" do campus virtual).

Duración: O curso terá unha duración de tres semanas.

O curso incluirase no expediente formativo de todos os alumnos que completen a acción formativa. Os alumnos ademais recibirán unha compensación polo custo de conexión a Internet.

Diante as posibles dificultades técnicas durante a inscrición os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es