22 de set. de 2017

Chamamentos para o Reparto de notificacións en quenda de tarde (contratos por obra dende o 1 de outubro 2017 ate o 31 de outubro de 2018

         


Relacións Laborais de Zona 1 comunícanos que está previsto que se realicen na provincia de A Coruña 107 contratos a xornada parcial (4 horas) para o reparto de notificacións administrativas en quenda de tarde. Dos cales 57 contratos serán para prestar servizos de luns a venres e 50 para prestar servizos os martes e xoves.
       A modalidade contractual que van a utilizar é a de contrato de obra, e a duración destes contratos irá dende o 1 de outubro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018.
       O sistema de chamamento que establecen é o seguinte:
-         Preferentemente ós integrantes das Bolsas de Emprego que solicitaron xornada a tempo parcial.
-         Despois ó resto dos integrantes das Bolsas de Emprego.
-         Por último ás persoas que se presentaron á última Consolidación de Emprego.

       No comunicado que nos mandan infórmannos que, a parte do reparto de notificacións administrativas, e de forma excepcional, Correos poderá asignar outros produtos cuxo reparto non sexa asumible polo cadro de persoal fixo da empresa. Dende o sindicato C.I.G. trataremos de verificar se dentro do marco legal deste contrato de obra, concertado para a entrega de notificacións, ten cabida que a empresa mande repartir, aínda que sexa de xeito excepcional, outro tipo de produtos.

¡¡OLLO!!

Segungo o artigo 15.5 do Estatudo dos Traballadores "os traballadores que nun período de trinta meses estivesen contratados durante un prazo superior a vinte e catro meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa ou grupo de empresas, mediante dúas ou máis contratos temporais, sexa directamente ou a través da súa posta a disposición por empresas de traballo temporal, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada, adquirirán a condición de traballadores fixos." 

Polo artigo anteriormente citado do E.T. Correos non está renovando a moitos compañeiros que estaban facendo os contratos de notificacións, pois segundo a Lei pasarían a ser fixos da empresa.