O
Xulgado nº 1 de Lugo ven de condenar a Correos declarando o dereito dos
traballadores de reparto ordinario que
fixeron a reclamación coa
CIG a cobrar a gratificación de 114,90€ para cada un deles máis os xuros do 10% polo reparto
do voto por correo nas pasadas eleccións ao congreso dos
Deputados e Senado do 20 de decembro de 2015.
A
denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo, logo da negativa da empresa ao abono das
gratificacións por incremento da produtividade aos traballadores de reparto de
ordinaria da U.R. de Lugo que realizaron tarefas encomendadas á repartición
urxente do voto por correo.
Correos
opúxose á demanda alegando que as
instrucións eran de aplicación a outro tipo de persoal (persoal de reparto USE´S)
e que na circular de Correos de
eleccións consta o dereito á percepción da gratificación por 114,90 euros, a
condición de que a distribución da correspondencia electoral supoñan un incremento
superior ao 15% da carga de traballo da unidade.
A CIG
defendeu e así o entendeu tamén a Xustiza, de que estes compañeiros realizan funcións
de reparto ordinaria, non sendo as súas funcións habituais as de reparto
urxente e que, durante o período electoral, ás súas funcións habituais súmanse
as derivadas do relativo á tramitación do voto por correo, o que leva a
considerar que necesariamente para levar a cabo dita tarefa teñen que
incrementar a súa produtividade habitual.
A sentencia SEN RECURSO gañada pola CIG di:
“ Que acolle a demanda formulada pola CIG contra Correos
de tal xeito que a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos deberá aboar a
cantidade de 114,90 euros a cada un dos traballadores, máis os xuros do 10 por
cento ”
A CIG unha vez mais
demostra que é o único sindicato que denuncia os atropelos da empresa aos
dereitos dos traballadores.
AFILIATE
a CIG o único sindicato que defende os
teus dereitos.