O Xulgado do Social nº 2 de Lugo ditou unha sentenza pola que estima parcialmente a demanda presentada polos servizos xurídicos da CIG contra a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, S.A.
A Xustiza:
- Recoñece o dereito dunha traballadora a ser chamada para un contrato que lle correspondía pola súa orde de preferencia na bolsa.
- Declara que Correos saltouse esa preferencia e colocou por diante outra persoa.
- Condena a empresa a indemnizala con 29.736,17 € en concepto de salarios deixados de percibir.
- Indica que a resolución é firme e non admite recurso de suplicación.
Que nos demostra esta sentenza?
- Que Correos non pode manipular as bolsas nin facer contratacións “a dedo” sen consecuencias.
- Que a vulneración da orde de preferencia xera dereito a cobrar os salarios perdidos.
- Que tamén nos contratos temporais hai dereitos e pódense defender nos xulgados.
- Que o traballo dos servizos xurídicos da CIG é eficaz para frear os abusos e obrigar Correos a cumprir a lei.
Pode estarche pasando algo parecido?
- Non te chamaron para un posto ou substitución tendo mellor posición na bolsa que quen foi contratado/a.
- Ves colocacións opacas ou “a dedo”.
- Tes a impresión de que non se respectan os teus dereitos de preferencia na contratación.
Que facer?
- Garda probas: listaxes de bolsas, correos e mensaxes de chamamento, contratos, etc.
- Anota o que pasou: posto, lugar, datas aproximadas e quen ocupou finalmente o traballo.
- Presenta reclamación por escrito en Correos, para que quede constancia.
- Acude á CIG: valoraremos o teu caso e, se hai base, os servizos xurídicos poderán reclamar o que che corresponde.
RECLAMAR SERVE.
COA CIG, GAÑAMOS DEREITOS E OBRIGAMOS
A CORREOS A CUMPRIR A LEI.
.png)