O Xulgado do Social nº 4 de Lugo ven de condenar á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELEGRAFOS S.A.” declarando que o cese da traballador/a eventual foi un despedimento improcedente.
A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo, logo da negativa de Correos de pactar no acto de conciliación celebrado no SMAC de Lugo.
A CIG defendeu, e así o entendeu tamén a Xustiza, que o cese do empregado/a eventual non era tal, se non un despedimento. Declarando na sentenza DESPIDO IMPROCEDENTE. Condenando á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELÉGRAFOS S.A.S.M.E. a que no prazo de 5 días opte entre a readmisión do traballador/a ou ao pagamento dunha indemnización pola extinción de relación laboral.
A CIG unha vez máis demostra que é o único sindicato que
denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores/as.