20 de out. de 2016

A CIG Lugo Gaña Sentenza de Reclamación de Dereitos "Correos non Pode Descontar Días de Vacacións aos Traballadores que Desfrutaron dunha Licenza sen soldo

O Xulgado nº 3 de Lugo ven de condenar a Correos declarando o dereito do traballador a desfrutar de dous días de asuntos propios que lles foron descontados pola empresa.

A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo,  logo que Correos quixera impoñer os seus criterios con respecto ao desconto de días de vacacións ou asuntos propios cando un traballador desfruta dunha licenza sen soldo. Correos alegaba que as Licenzas sen soldo non son servizos efectivos e que neste caso  o traballador estivera de 22 días de licenza sen soldo e polo tanto era correcto o desconto proporcional dos días de vacacións, (neste caso o desconto era de 2 días), pero como o traballador xa desfrutara das vacacións, fóronlle  descontados dos días de asuntos propios; mentres que dende a CIG defendiamos que o desfrute dunha Licenza sen soldo son servizos efectivos prestados ao igual que o é un permiso por matrimonio por poñer un exemplo, ademais neste mesmo senso alegabamos que si a empresa quería impoñer este criterio debería facelo constar no Convenio, cousa que non figura no que esta en vigor.
A sentencia SEN RECURSO gañada pola CIG di:
“ Que as vacacións nunca poderán ser inferiores a 30 días naturais tal e como o expresa o art. 38 do E.T.  Que aínda que o art. 56 do III Convenio Colectivo de Correos fai referencia a un calculo proporcional segundo os servizos efectivos, é obvio que este precepto só pode ser interpretado no senso de que tal alusión se fai en relación aos traballadores/as cunha relación coa empresa inferior a un ano”
Así mesmo a sentenza di “o traballador non ten obriga de desfrutar dos permisos previstos no artigo 58 do Convenio Colectivo, senón que se trata dun dereito do traballador que debe exercitar ante a empresa.”
A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato  que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores.
Afíliate a CIG  e defende os teus dereitos