20 de xan. de 2014

A CIG Gaña Sentenza contra Correos por Saltarse o Orde de Chamamento na Contratación



O Xulgado nº 1 de Lugo ven de condenar a Correos a indemnizar a unha traballadora da Bolsa de Ribadeo por saltarse a orde de prelación nos chamamentos da contratación.

A denuncia foi presentada pola traballadora logo de que Correos se saltara á toureira os criterios de prelación que teñen asinados no III Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. ao chamar para un contrato de máis tempo formalizado o mesmo día a unha compañeira que estaba posterior  a ela na Bolsa.
A Normativa di claramente que “ O chamamento aos candidatos efectuarase por orde de prelación (de maior a menor) e de forma rotatoria ata esgotar a bolsa. Criterios de prelación: os contratos asignaranse tendo en conta o número de orden dos candidatos da bolsa , a súa dispoñibilidade, e a duración e requisitos da modalidade de contratación. Naqueles casos nos que se produza o mesmo día, a necesidade de contratar a máis dun candidato da bolsa de emprego terase en conta o seguinte: Tipo e duración de contrato………………”
Traducido ao cristián a norma de contratación di: que despois do número un ven o dous e así sucesivamente ate esgotala e que os contratos feitos no mesmo día o mais longo correspóndelle ao primeiro que estea na Bolsa.  
A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato na provincia de Lugo que denuncia os atropelos dos dereitos dos traballadores, mentres outros van de comparsa e aplaudidores as mesas de contratación, de traballo etc.,etc.
A ver se agora aprenden a respectar polo menos o que asinan. Lembrade que sen loita non hai vitoria.


Afíliate a CIG  e defende os teus dereitos.