25 de ago. de 2015

Outra sentenza sobre contratación gañada pola CIG

O Xulgado nº 1 de Lugo ven de condenar a Correos a indemnizar a unha traballadora eventual integrante da Bolsa de Vilalba reparto 1 (moto) por saltarse a orde de prelación nos chamamentos da contratación.

 A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo,  logo que Correos se saltara á toureira os criterios de prelación que teñen asinados no III Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. ao chamar para un contrato de máis tempo formalizado o mesmo día a outr@ compañeir@ que estaba posterior  a ela na Bolsa. Correos alegaba que era unha circular de nova creación e que eles podían chamar a quen quixeran, mentres  que dende a CIG defendiamos que se tiña que ofertar ese contrato a todos os integrantes da bolsa por rigoroso orde de prelación. Ao final o Xuíz deunos a razón.

A Normativa di claramente que “ O chamamento aos candidatos efectuarase por orde de prelación (de maior a menor) e de forma rotatoria ata esgotar a bolsa. Criterios de prelación: os contratos asignaranse tendo en conta o número de orden dos candidatos da bolsa , a súa dispoñibilidade, e a duración e requisitos da modalidade de contratación. Naqueles casos nos que se produza o mesmo día, a necesidade de contratar a máis dun candidato da bolsa de emprego terase en conta o seguinte: Tipo e duración de contrato………………”
Traducido ao cristián a norma de contratación di: que despois do número un ven o dous e así sucesivamente ate esgotala e que os contratos feitos no mesmo día o mais longo correspóndelle ao primeiro que estea na Bolsa.  

A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato na provincia de Lugo que denuncia os atropelos dos dereitos dos traballadores, mentres outros van de comparsa e aplaudidores as mesas de contratación, de traballo etc.,etc.

Afíliate a CIG  e defende os teus dereitos