A XUSTIZA CONFIRMA: O PERSOAL TEMPORAL TEN DEREITO AO MESMO UNIFORME QUE O PERSOAL FIXO
O Tribunal Supremo vén de rexeitar definitivamente o recurso de Correos, confirmando a sentenza da Audiencia Nacional gañada pola CIG. Esta vitoria pon fin a anos de discriminación e recoñece a dignidade de máis de 4.000 traballadores e traballadoras en todo o Estado.
QUE DI A SENTENZA?
✅ É NULA: A práctica de Correos de non dar uniforme aos eventuais é discriminatoria e contraria á lei.
✅ IGUALDADE REAL: O persoal temporal ten dereito a recibir as mesmas prendas de uniformidade que o persoal fixo ou indefinido.
✅ LEXITIMIDADE: O Supremo recoñece a capacidade da CIG para defender os dereitos de todo o persoal de Correos a nivel estatal.
QUE PODES RECLAMAR AGORA?
1.ENTREGA DO UNIFORME: Correos está obrigada a darche o fardamento completo dende xa.
2.COMPENSACIÓN ECONÓMICA RETROACTIVA: Podes reclamar os danos e prexuízos causados pola falta de entrega de uniformes dende abril de 2023 ata hoxe. O valor calcularase segundo o prezo oficial das prendas non entregadas.
RECLAMA O QUE É TEU!
Se es traballador/a eventual e non recibiches o teu uniforme dende abril de 2023, tes dereito a unha indemnización.
👉 PONTE EN CONTACTO COA TÚA SECCIÓN SINDICAL DA CIG para recibir o modelo de reclamación e asesoramento personalizado. Non deixes que Correos aforre cartos á conta dos teus dereitos.
POLA IGUALDADE E A DIGNIDADE
NO EMPREGO PÚBLICO
A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!


