6 de maio de 2026

APERTURA DO PORTAL DE EMPREGO COA POLÍTICA DE CONTRATACIÓN `CERO´ EN CORREOS: COUSAS SIN SENTIDO


Correos abre o segundo período de inscrición a partir do 14 de maio 2026, dirixido ás persoas interesadas en traballar na empresa. 

Este Portal ten carácter temporal e non substitúe as Bolsas de Emprego, senón que serve como unha solución provisional mentres se establece un novo sistema de contratación de persoal eventual operativo.

O persoal eventual, xa inscrito nas Bolsas de emprego, NON ten que inscribirse no portal de emprego.

Requisitos para a inscrición:
  • Ter 18 anos ou máis. 
  • Contar co título de Graduado Escolar ou equivalente.
  • Posuír nacionalidade española ou permiso de traballo en vigor.
  • A inscrición no Portal de Emprego non garante a inclusión en futuras Bolsas de Emprego nin supón un compromiso de contratación.
O Portal abrirase cada catro meses, polo que será necesario inscribirse en cada proceso, indicando as preferencias e a dispoñibilidade para a contratación.

Como funciona o Portal de Emprego (orde de chamamento):
  • Persoas das Bolsas
  • Persoas con experiencia previa en Correos
  • Persoas inscritas no Portal
As inscricións poden realizarse a través do seguinte enlace:


✅A CIG sempre se manifestou en contra deste sistema de contratación, no que se realizan chamamentos que ninguén entende, baseados en rotacións incomprensibles e incontrolables que xeran desconfianza xeralizada. 

A CIG defende un modelo de contratación como o existente no resto da Administración, con chamamentos por rigorosa orde, claros, transparentes e publicados na páxina web de Correos.