O Xulgado nº 3 de Lugo ven de condenar a
Correos declarando o dereito dos traballadores de reparto ordinario que fixeron a reclamación
coa CIG a cobrar a gratificación de 114,90€ para cada un
deles máis os xuros do 10% polo reparto do voto por correo nas pasadas eleccións
ao parlamento europeo do 25 de maio de 2014.
A denuncia foi presentada pola Asesoría
Xurídica da CIG de Lugo, logo da
negativa da empresa ao abono das gratificacións nas Eleccións europeas do 25 de
maio de 2014 por incremento da produtividade aos traballadores de reparto de
ordinaria da U.R. de Lugo que realizaron tarefas encomendadas á repartición
urxente do voto por correo.
Correos opúxose á demanda alegando que as instrucións eran de
aplicación a outro tipo de persoal (persoal de reparto urxente) e que na
circular de Correos de eleccións ao
parlamento europeo de 2014 consta o dereito á percepción da gratificación por
114,90 euros, a condición de que a distribución da correspondencia electoral
supoñan un incremento superior ao 15% da carga de traballo da unidade.
A CIG defendeu e así o entendeu tamén a
Xustiza, de que estes compañeiros realizan funcións de repartición ordinaria,
non sendo as súas funcións habituais as de repartición urxente e que, durante o
período electoral, ás súas funcións habituais na repartición ordinaria, súmanse
as derivadas do relativo á tramitación do voto por correo, o que leva a
considerar que necesariamente para levar a cabo dita tarefa han de incrementar
a súa produtividade habitual.
A sentencia SEN
RECURSO gañada pola CIG di:
“ Que acolle
a demanda formulada pola CIG contra Correos de tal xeito que a Sociedad Estatal
Correos y Telégrafos deberá aboar a cantidade de 114,90 euros a cada un dos
traballadores, máis os xuros do 10 por cento ”
A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato que
denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores.
Afíliate a CIG
e defende os teus dereitos