A CIG ven de presentar escrito en
Madrid denunciando que este verán Correos
deixou sen uniformes ao persoal eventual incluíndo aos que teñen
contrato de longa duración, xerando un agravio comparativo entre
traballadores/as entregando uniformes a uns si e a outros non.
Non
sabemos se está acción responde a unha política de recortes ou a unha falta de
previsión, pero o que si sabemos é que en calquera caso é un erro grave.
O
uniforme non só é unha prenda de vestir, se non que ademais xera un sentimento
de pertenza aos empregados/as para coa súa empresa e tamén axuda a identificar
aos nosos traballadores/as amosando a imaxe ou marca da nosa empresa, é dicir
publicidade gratuíta, algo moi importante hoxe en día coa proliferación de
miles de empresa de reparto.
Así
mesmo denunciamos que non se está a entregar os EPI´S ao persoal eventual. Nas
unidades faltan ou non hai tallas suficientes de cascos, chuvasqueiros, luvas,
botas etc.
A
CIG DEFENDE A TÚA DIGNIDADE, QUE NON TE PISEN