Amosando publicacións coa etiqueta axudas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta axudas. Amosar todas as publicacións

17 de feb. de 2023

Axuda de 200 euros para persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio

É unha axuda dun pago único de 200 € que tamén poden solicitar os/as empregados/as de Correos.

Dende o día 15 de febreiro ata o 31 de marzo, pódese solicitar a axuda de 200€ aprobado no Real Decreto-Lei do 27 de decembro de 2022.

Estas son as condicións:

- Ser unha persoa asalariada, autónoma ou desempregada que non reciba outras axudas de carácter social

- Ter un patrimonio inferior a 75.000€ (A vivenda habitual non conta)

Non superar os 27.000€ brutos anuais de renda. 
 
 Ter residencia habitual no estado español.

- Para o cáculo dos importes de renda e patrimonio, débese sumar o importe das persoas que vivan no mesmo domicilio: o propio beneficiario, conxuxe ou parella de feito, descendentes menores de 25 anos ou con discapacidade con rendas que non superen os 8.000€, e ascendentes ata segundo grao por liña directa (pais e avós)

A solicitude deberase realizar na web da Axencia Tributaria:



CIG O TEU SINDICATO NA GALIZA





6 de set. de 2019

Remate dos Prazos Axudas Acción Social 2019




A CIG Correos lémbrache que o prazo para solicitar as axudas para tratamentos de saúde, fillos con discapacidade, educación infantil e anticipos sen xuro, rematan o vindeiro 19 de setembro.

AXUDAS
REMATE PRAZO INSTANCIAS
PREVISIÓN DO PAGO
Tratamento da Saúde
19 de setembro
Nómina
novembro / decembro
Fillos con Discapacidade
19 de setembro
Nómina Novembro
Educación Infantil
19 de setembro
Nómina novembro
Anticipos sen Xuro
19 de setembro
Segundo Dispoñibilidade
Estudo para fillos (libros e material escolar)
10 de outubro
Nómina decembro
Estudos Universitarios (Persoal Laboral)
10 de outubro
Nómina decembro
Falecemento
(Perosoal Laboral)
Dende o 30 de maio ata ó 31 de decembro
Cando se produza o feito






















As axudas para Estudos Universitarios e Falecemento do persoal funcionario solicítanse a través de MUFACE.

Se queredes consultar calquera dúbida sobre as convocatorias ou presentar a solicitude e non a atopades na intranet, poñédevos en contacto coa xente da CIG Correos.