Amosando publicacións coa etiqueta Vigo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vigo. Amosar todas as publicacións

7 de ago. de 2025

CIG Correos denuncia colas de máis de 45 minutos nas oficinas de Correos en O Calvario e Balaídos


A CIG-Correos vén de denunciar na cidade de Vigo, a situación de saturación de diversas oficinas  de atención público, con colas de máis de 50 persoas e con máis de 45 minutos de espera. Feito que se podía constatar este luns nas oficinas do Calvario e Balaídos e co que “Correos incumpre de esta maneira o plan de prestación do servizo postal universal, que establece un máximo de 8 minutos de espera”, denuncian.

A CIG-Correos sinala que esta situación non é nova. “É algo que se vén repetindo nos últimos veráns, debido ao peche das oficinas en quenda de tarde e á drástica redución de persoal”. Isto está a provocar, por unha banda, o malestar da cidadanía, que para acceder aos servizos da empresa pública, ten que dedicar unha boa parte da mañá e, pola outra, “a posta en risco da saúde laboral do persoal, que está a padecer unha inxente cantidade de baixas laborais, derivadas da presión a que se ve sometido”.

Pandemia silenciosa

A CIG cualificaba en datas recentes esta situación de pandemia silenciosa, pola gravidade do que está a acontecer, sen que Correos adopte medidas para aliviar as condicións nas que está a traballar o persoal. A central sindical xa demandou da empresa coñecer os resultados das últimas  avaliacións psicosociais, “ao que a empresa se nega amparándose en non estar constituído o  comité de saúde laboral, polo que o sindicato reclamará esta situación diante da Inspección de Traballo”.

Cun número considerable de accidentes laborais no último mes, a CIG fai responsable á empresa “de calquera desgraza que poida suceder”. Lémbralle a Correos que é a súa obriga “velar pola saúde laboral do persoal”.

Alarmante número de baixas

O número de baixas é alarmante a consecuencia da presión a que se está a someter o persoal, con cadros por debaixo do 50% en cada unidade de reparto ou oficinas, “mentres Correos gasta miles de euros en financiar La Vuelta”, denuncian. Unha situación que cualifican de “auténtica tomadura de pelo e de falla de respecto á dignidade das e dos traballadores” e respecto da que denuncian que “prevalece o abono do sobresoldos aos directivos, por obter perdas fronte a saúde do persoal e a calidade do servizo á cidadanía”.

“Estase atentando contra a saúde das e dos traballadores” afirman, asegurando que a única alternativa é denunciar na Inspección, “á vista de que a empresa reacciona mirando para outro lado os requirimentos da central sindical”.

A central sindical reclama ademais, da Ministra de Traballo, “que non sexa cómplice da situación que se está a dar na empresa pública  e  tome medidas para reverter a situación de precariedade a que se está a levar o persoal da sociedade estatal”.

Prensa:

10 de xuño de 2025

A CIG denuncia o peche da oficina de Correos no Porto pesqueiro de Vigo


A CIG-Correos denunciou este luns que a empresa pública Correos decidiu pechar sen aviso previo a oficina situada no Porto pesqueiro de Vigo, un dos centros económicos máis importantes da cidade e do país. A decisión, tomada de forma unilateral, obriga ao tecido empresarial da zona a desprazarse a outras oficinas da cidade para realizar xestións, dificultando o acceso á Administración e aos servizos postais.

A central sindical cualifica a medida de incoherente e irresponsábel, xa que contradí os discursos tanto da empresa como do Goberno español, que salientan a importancia de Correos como ponte entre a cidadanía e a Administración. “Mentres din que hai que achegar servizos públicos, péchanse oficinas en puntos clave coma o Porto pesqueiro de Vigo”, critican.

A CIG lembra que Correos foi recoñecido como servizo esencial durante a pandemia e que recentemente foi designado como servidor de servizos de interese económico xeral, polo que consideran “escandaloso” que se reduzan recursos nun sector estratéxico.

Ademais, sinalan que a situación económica de Correos é delicada pola caída do produto postal e pola "nefasta xestión" dos seus responsábeis.“No canto de reforzar os puntos fortes, como o porto de Vigo, optan por debilitalos”, engaden.

A CIG fai un chamamento ao Concello de Vigo e á Autoridade Portuaria para que tomen cartas no asunto e impidan a perda dun servizo vital para as empresas da cidade.

Medios de comunicación:









28 de xul. de 2023

A Cig-Correos denuncia ante a Inspeccion de Traballo a situación de insalubridade do Pavillon Postal de Vigo



Catro semanas sen limpeza nun centro con setenta persoas

O sindicato CIG- Correos en Vigo , ven de denunciar ante a Inspección de traballo o que considera unha situación insostible para as compañeiras e compañeiros do pavillón postal de Vigo.

Este sindicato xa denunciou publicamente a situación que estaba a darse en varios centros de traballo en pasadas semanas, debido a falta de limpeza nos mesmos. Pero a situación do pavillón da rúa da Paz en Vigo , está a converterse en algo que sobre pasa todos os límites, sinalan dende a CIG

Catro semanas sen ningún tipo de limpeza en un centro onde traballan entorno a setenta persoas,con augas fecais que se estenden polo centro de traballo e uns cheiros insoportables na zona de baños.

Despois de reiteradas reclamacións a Correos para que tome medidas, e de que os medios se fixeran eco dos problemas, ante a persistencia da situación  o sindicato CIG,  presentou denuncia na Inspección de Traballo. 

Reclamase unha intervención inmediata para por coto a unha situación totalmente impresentable, sinalan dende CIG.

De calquera maneira en opinión de este sindicato o problema deriva da contratación do servizo de limpeza a baixa, por parte de Correos. Este non é o único caso que xera problemas que acaban sufrindo as compañeiras e compañeiros, lembran dende CIG, que recordan o caso do servizo de mantemento  das motos.

A CIG denuncia que mentres a dirección da empresa cobra sobresoldos por obter resultados con perdas o persoal ten que aguantar as consecuencias de contratos a baixa.  

Prensa:



18 de xan. de 2023

Correos lastra o servizo postal nos concellos de Gondomar, Nigrán, Baiona e Oia.


Canta mais poboación e industria, menos carteiras e carteiros

A CIG- Correos Vigo, denuncia a situación de perda de servizo que Correos está a provocar na Comarca do Val Miñor  , con decisións nas que se pon en risco o cumprimento da lei postal e do Servizo Postal Universal en unha comarca en crecemento demográfico e industrial.

A empresa pública Correos que tanto se ten gabado nos últimos tempos , de ser unha entidade comprometida co rural, reduce persoal  e non ten servizo de atención o público en horario de tarde.

Levan máis dunha década marchando contra corrente, sinalan dende o sindicato CIG. Na mentres a comarca creceu máis de 1000 veciños nos últimos anos e se desenvolveron os polígonos industriais da Pasaxe  e o de Porto do Molle, Correos reduce persoal de reparto e de oficina.  Isto leva a que na actualidade haxa seccións de reparto desproporcionadas, provocando que a distribución dos servizos postais non se faga con arranxo a normativa postal en vigor. Posto que hai zonas onde non se  está a repartir os cinco días da semana, que recolle a Lei Postal. É un escando que  unha entidade dependente da administración sexa quen incumpre a legalidade. 

Sendo certa a baixada do volume de correo  tradicional, que pode aducir a empresa, non é menos certo o aumento de outros produtos e servizos que Correos está a incorporar, sinalan dende a central sindical. A redución de persoal con prazas que non se cobren provoca un desaxuste no servizo que trae consecuencias para a cidadanía e para os traballadores, que están a sufrir en determinados casos situacións de ansiedade. 

Por outra parte as veciñas e veciños dos catro concellos que se atenden dende as oficinas e Unidade de Reparto do Val Miñor (Gondomar, Nigrán , Baiona e Oía), carecen de unha oficina de atención o público en horario de tarde en toda a comarca.

Outro aspecto que en ningún momento se ten en conta por parte da empresa e o crecemento estival. Así é que cando se triplica a poboación na comarca, Correos é cando máis reduce os efectivos, posto que non se cobren as vacacións de todo o persoal.

A CIG reclama unha revisión da situación antes de que o clima laboral e o servizo a cidadanía siga a deteriorarse máis.

Prensa:



14 de nov. de 2022

O CENTRO NODAL DO GRUPO CORREOS EN MOS (PONTEVEDRA), UN AUTÉNTICO DESPROPÓSITO.

 

A CIG denuncia a Correos ante a Inspección de Traballo

  • 30-35 furgonetas arrancando dentro da nave co persoal traballando.
  • Goteiras que enchen caldeiros.
  • Riscos permanentes por altura e inadecuada colocación das cargas nos palés.
  • Palés con puntas de ferro, con risco para o persoal.
  • Taquillas sen subministrar e insuficientes.
  • Persoal de Correos Exprés sen calzado de seguridade.
  • Cerca de medio ano sen pagar o complemento de automatización.

Esta é a amazonización da empresa pública Correos que a CIG non está dispota a consentir.

DEFENDE A TÚA DIGNIDADE!!
CIG CORREOS O TEU SINDICATO

8 de nov. de 2022

POR FIN! A OFICINA DE BALAIDOS XA TEN CLIMATIZACIÓN


DESGRAZADAMENTE CORREOS SÓ REACCIONA DIANTE DAS DENUNCIAS EN INSPECCIÓN DE TRABALLO E ANTE OS MEDIOS

  • A CIG, felicita as compañeiras e compañeiros da sucursal 6 (Balaidos) Vigo, de que por fin poidan contar con un espazo de traballo debidamente climatizado.
  • A CIG xa se dirixiu de novo a Correos para que cumpran as restantes medidas que a Inspección de Traballo lle indica na súa resolución.
  • CIG estará vixiante o cumprimento dos requirimentos da I.T.
  • A CIG demanda a instalación de puntos de auga fresca en tódalas oficinas, do mesmo modo que inspección indica no caso de Balaidos.

CIG Correos: un instrumento eficaz 
na defensa dos intereses das clases traballadoras

19 de xul. de 2022

Un ventilador para soportar as asfixiantes temperaturas deste verán. O insultante o proceder de Correos co persoal da oficina de Balaidos


A CIG ven de denunciar a Correos diante da Inspección de traballo, ante a situación que están a padecer as compañeiras e compañeiros da sucursal de Balaidos.

Dende hai varios meses a empresa ten coñecemento da deficiencia no sistema de aire acondicionado en esa oficina, pero  a solución segue sen chegar.

No pasado mes de maio a empresa aproba dar solución a problemática pero a realidade é que a estas alturas as compañeiras e compañeiros da devandita oficina están a soportar, as temperaturas asfixiantes, que estamos a padecer. Tendo que traballar en condicións inhumanas.  

En lugar de dar unha resposta definitiva que realmente resolva o problema a empresa limitouse a colocar un aparato provisional que non da a cobertura necesaria e provoca problemas de saúde o persoal , posto que en algúns casos lle repercute de maneira directa . Para mais irritación a empresa ante as queixas , recoñece que non vai poder dar unha solución definitiva ata mediados de agosto como moi pronto e limitase a enviar un ventilador. 

É insultante que se tarde tanto tempo en resolver un problema que xa coñecían dende antes do verán, pero máis grave aínda é que pretendan rirse do persoal enviando un só ventilador.

Non é de recibo que mentres se gastan  miles de euros para renovar despachos da dirección as traballadoras e traballadores teñan que estar en esta situación. 

A dirección de Correos enchéselle a boca dicindo que  o persoal é o capital máis importante da empresa pero os feitos acreditan o contrario. 

Problemática similar na oficina de Salceda de Caselas, que segue sen resolverse, por non falar dos carteiros rurais que poñen cartos do seu peto para desempeñar o traballo , posto que Correos leva máis de unha década sen revisar o suplido por aportación de vehículo ou o incumprimento da suba salarial do 2% aprobado .

Prensa:

Xornal de Vigo

Hora 14 Vigo

Faro de Vigo