Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña. Amosar todas as publicacións

25 de xuño de 2025

As unidades de reparto de Correos da Coruña acumulan milleiros de paquetes sen entregar por falta de persoal



A CIG-Correos denuncia a grave situación que está a vivir o servizo postal na Coruña onde a política de contratación "cero" exercida por Correos provoca un colapso xeral no reparto de correspondencia ordinaria e paquetería. Esta medida de non contratación está a xerar unha crise sen precedentes no servizo postal.

Aínda que todas as unidades de reparto da cidade vén mermada seriamente a súa capacidade de distribución por falta de persoal, o caso máis grave é o da Unidade de Reparto USE, situada na estación do ferrocarril da Coruña, “sendo a máis afectada e sufrindo un colapso masivo, acumulándose miles de obxectos sen entregar. Só no día de hoxe, quedaron sen repartir máis de 1.500 obxectos de paquetería, e vai a ser imposíbel entregalos no prazo acordado co número de persoal presente”, advirte Román Pena, delegado da CIG en Correos.

Correos ignora a calidade do servizo

A central sindical denuncia que a empresa non está a tomar medidas para garantir a calidade do servizo, xa que non se cobren as ausencias do persoal nin se contrata máis persoas traballadoras para asumir a carga de traballo. “Esta actitude non só prexudica ás persoas usuarias, que pagan por un servizo que non reciben, senón que escraviza o persoal, obrigándoo a asumir tarefas imposíbeis dentro da súa xornada laboral”.

Ante a grave crise no servizo postal e a sobrecarga insostíbel que está a sufrir o persoal, a CIG-Correos exíxelle á empresa postal que adopte medidas inmediatas e efectivas para garantir un servizo público de calidade e o benestar do seu persoal. Nesta liña, demanda contratación urxente para cubrir todas as ausencias e poder atender as necesidades reais das unidades de reparto e da USE da Coruña e evitar a acumulación masiva de paquetería.

Folga o venres 27

Os recortes en persoal e de dereitos, son algunhas das razóns que levan á CIG a convocar folga para este venres día 27 de xuño en toda Galiza, e unha manifestación que sairá ás 11:30h diante de Correos, na rúa do franco nº4 Santiago de Compostela.

Prensa:






7 de dec. de 2022

O BNG no concello da Coruña reclamará no pleno que Correos mellore o servizo ante a “falta de persoal”

 


O BNG presentará no pleno do próximo martes unha moción para esixir a Correos “a mellora do servizo” que presta na cidade, pois “cada día ofrécese en peores condicións” e para que o Goberno local apoie as recentes mobilizacións do persoal. O Bloque afirma que é “frecuente a falta de persoal” nas oficinas, xunto con problemas informáticos e carencia de materiais.

A formación denuncia tamén a posible deriva cara á “liberalización” da empresa, que o ano pasado negou a este diario que houbese problemas de falta de persoal, e o seu portavoz, Francisco Jorquera, demandará que o pleno municipal apoie que Correos “siga operando como servizo postal universal de carácter público fronte a calquera tentación privatizadora, presente ou futura”.

Fonte:


DEFENDE A TÚA DIGNIDADE!!
CIG-CORREOS O TEU SINDICATO

10 de nov. de 2022

A CIG denuncia a falta de persoal e medios nas oficinas de Correos da Coruña

O sector de Correos da CIG denuncia a mala praxe por parte da dirección da empresa en Galiza ao tomar a decisión de non cubrir as ausencias laborais e ao expoñer, sobre todo ao persoal de atención ao público, "a unhas condicións de traballo que poden ter consecuencias negativas para a súa saúde". Pero ademais, esta falta de persoal tamén está a supoñer un incremento nos tempos de espera para os usuarios e usuarias de Correos, "que ás veces ocasiona situacións de tensión que a dirección debe evitar". Así, advirten que non é a primeira vez que se teñen producido enfrontamentos, incluso físicos, por mor dos tempos de espera.


27 de ago. de 2019

Recargos Cero: folga na UR-3 A Coruña


Comité de Empresa 
Xunta de Persoal 
Correos A Coruña.

INFORMAN:

RECARGOS CERO, é o lema que están a seguir os traballadores da Unidade de Reparto nº3 do barrio  As  Conchiñas da Coruña en defensa das condicións de traballo dos carteiros e a mínima calidade esixida ao SERVIZO POSTAL.



É neste contexto que demasiado a miúdo queda evidenciado o exceso de presión que soporta o persoal de Correos con tráxicos accidentes laborais e excesivas baixas por enfermidade, os traballadores da  UR3 da Coruña, mobilízanse en defensa do que vén sendo o lema da FOLGA que xa leva convocada máis de 2 anos, desde que a empresa reestruturou os barrios dos distritos que atende ese centro (zona  R/ Barcelona,  Conchiñas, Ventorrillo, Agra  do Orzán, vos  Rosais,  Cidade Escolar, Labañou, Visma, Peruleiro ...) cando solidariamente todos os traballadores estiveron de acordo en que a nova distribución do traballo era desproporcionada e inxusta por desigual. Desde ese momento o berro de RECARGOS CERO, negándose a asumir o traballo agregado do barrio veciño cando o seu carteiro titular auséntase (vacacións, baixa por enfermidade...).

A Inspección de Traballo ten recriminado a Correos nalgunha provincia recoñecendo que esta sobrecarga de traballo que esixe Correos e que normalmente nin sequera avisa con antelación, significa para o carteiro ou a carteira unha presión que provoca unha situación de tensión laboral excesiva, que supón un risco para a saúde do traballador e unha perdida de CALIDADE do SERVIZO POSTAL nos barrios afectados.

Denuncian tamén os traballadores da  UR3 da Coruña, a presión e a coacción que sofre o persoal, en especial o persoal eventual por parte da súa xefa directa, ‘castigando’, como no colexio, aos rebeldes con cumprir o horario, mentres que aos mansos permítelles saír antes do final de xornada.

Medios de comunicación que recollen a nova: 


27 de set. de 2018

TRATO XUSTO EN IGUALDADE


A CIG SI ESTIVO !!!

O Comité de empresa e a Xunta de Persoal do Correos da provincia da Coruña mobilizáronse este mércores, 26 de setembro, para esixir igualdade de condicións para todo o persoal da compañía postal. Denuncian que, a pesar de existiren procesos e órganos de control, no día a día, tanto nas contratacións de persoal como nas promocións e o acceso aos postos mellor considerados, "falta transparencia, obxectividade e información de maneira que se favorece a uns traballadores/as sobre outros/as".

31 de ago. de 2018

UR3 - RECARGOS CERO



A práctica totalidade do persoal fixo seguiu o paro de 2 horas convocado na xornada de hoxe para esixir a Correos maís contratación! Taméns se concentraron na porta da unidade , sita na rúa Entrepeñas nro 43, ás 13:10 horas (Adxuntamos fotos)



A folga seguirá se non se efectúan as contratacións que o persoal entende imprescindibles para levar a cabo o servizo diariamente e coa calidade esixida

4 de xul. de 2018

RECARGOS CERO

 Os compañeiros da UR3 de A Coruña, de novo, e pola práctica totalidade da plantilla, o pasado venres, fixeron uso da convocatoria de folga que teñen aberta para as dúas últimas horas da xornada, en protesta polo recargo de barrios.

Parabéns, compañeiras e compañeiros pola vosa capacidade organizativa e de decisión !



11 de ago. de 2017

Correos xera atrasos inxustificados ao reducir persoal en San Sadurniño


As vacacións do persoal de Correos asignado ao municipio de San Sadurniño, e a consecuente necesidade de que o persoal restante asuma tamén as tarefas dos que as gozan xera o que o alcalde da localidade, Secundino García (BNG) cualifica como atrasos inxustificados na prestación do servizo.

7 de xul. de 2017

A falta de persoal en Correos en Ferrol deixa 3.000 envíos diarios sen repartir, según a CIG-Correos



Os empregados do servizo de Correos de Ferrol veñen denunciando nos últimos meses unhas insostenibles deficiencias no cadro de persoal que impiden realizar os repartos diarios de forma efectiva.

Os empregados do servizo de Correos de Ferrol veñen denunciando nos últimos meses unhas insostenibles deficiencias no cadro de persoal que impiden realizar os repartos diarios de forma efectiva.

30 de xuño de 2017

Aprobada moción presentada polo Comité Empresa Correos A Coruña no pleno de Ferrol


Outra das mocións presentadas onte foi presentado por FEC BNG e PSOE en apoio do Consello e do goberno rexional de Correos e Telégrafos Persoal de S.A O portavoz dixo bordo, Carlos del Río, explicou o pano de fondo que levou a solicitar tal petición afirmando que o cargo de Ferrol houbo unha "cola" en 2014 que causou "ou aumento determinada carga Traballo ou empeoramento das Laborais Termos e na uña gran descenso servizo non Calidad "adxunto a este" déficit histórico "do modelo.
Del Rio tamén engadiu como un feito que a oficina de Ferrol entrou no primeiro trimestre de 2017 unha media de 19,098 elementos comúns "dous Limes 4.262 pendentes metade foron lanzados".
Por todo isto, pediron onte que "ningunha da das Seccions correos Ferrol quedar sen como Baixas propagación e cubra cos mercados de commodities eventual persoal DAS; a dar-se de medios suficientes para cumprir entrega servizo ou dignidade; Template dá orixe a atender axeitadamente anos Servizos Ferrol e Narón; e que é dirixa ou Concello, Xeito institucional, Correos lembrándolle deber o seu tratar en todos os ámbitos como todos os días Cidade da Laborais semana como ditou unha lei ".
A moción foi aprobada por mor do apoio de todos os grupos, excepto o PP, que se abstiveron.

19 de xuño de 2017

CIG-Correos de Compostela denuncia a decisión do Concello de privatizar o Servizo de Notificacións


CIG-Correos compareceu este xoves no pleno do Concello de Santiago para denunciar a privatización do servizo municipal de entrega de notificacións e a retirada ao operador público Correos das Noficacións de sancións de tráfico dentro da cidade, outorgándollas a unha empresa privada de Valencia e inscrita no rexistro mercantil de Bizkaia

Para a CIG-Correos esta decisión adoptada a proposta do concelleiro delegado de Medio Ambiente Xan Duro, só tivo en conta “cuestións economicistas”. Considera que o goberno municipal de Santiago non tivo en conta porén, os custos sociais derivados desta decisión: “nin o que implica apostar por empresas privadas fronte empresas públicas; nin as precarias condicións laborais ás que someten estas empresas aos seus traballadores e traballadoras, que son as que lles permiten abaratar os custos”.

Precariedade laboral

17 de feb. de 2017

Mobilizacións UR-3

Remata unha semana de mobilizacións na UR-3 de A Coruña, os veciños apoian. Este serán reunión do comité de folga ca empresa, si non ceden.....




13 de feb. de 2017

MOBILIZACIÓNS UR-3 A CORUÑA


Comenzaron as mobilizacións dos traballadores da Unidade de Reparto nº3 en contra das cargas de traballo desproporcionadas e en apoio ós compañeiros desplazados.


27 de out. de 2016

CIGcorreos: Caza de bruxas en Correos

CORREOS ANTICÍPASE AO "SAMAÍN" PRACTICANDO A CAZA DE BRUXAS CUNHA CARTEIRA DE BOIRO


Defensa institucional e presunción de inocencia... segundo para quen. 

Cando un dos xefes ou xefeciños de Correos comete algunha irregularidade, con independencia do calado que teña, os seus superiores, altos cargos e non tan altos,  desvívense por defendelo, vástalles para elo facer uso do argumento fácil: "es de los nuestros..."

Pola contra cando inxustificadamente é acusado dun erro un traballador base, son moi dados a tomar medidas precipitadas sen escoitar alegacións nin agardar polos procedementos legalmente establecidos, asi xa de primeira man a razón é para o usuario de Correos, dando por feito que o traballador/a cometeu unha irregularidade: "el usuario siempre tiene razón"

Sanción provisional de emprego e soldo

Neste caso que nos ocupa, a traballadora foi sancionada provisionalmente sen emprego e soldo, facendo uso Correos da facultade que ten para casos de extrema gravidade. Se por gravidade entenden un erro (que non compartimos para nada) na devolución dunhas cartas, quixeramos saber que valoración se lle deu no seu día a outros casos nos que desapareceu diñeiro, correspondencia ou se traficou con substancias prohibidas sen que se puxera en marcha un mecanismo sancionador tan estricto e precipitado.

Certificacións de dubidosa veracidade

O concello de Boiro, limítase a certificar que a Cooperativa denunciante ten o seu domicilio fiscal nunha determinada dirección. (Como se non se puidera poñer o domicilio fiscal, sen comprobar que este se axusta á dirección real onde se atopa)
Nos demandaremos do Concello que certifique cal é a dirección postal onde se atopa o edificio da Cooperativa co seu numero de policía, co seu rueiro, no caso de habelo, co seu barrio ou núcleo de poboación e coa súa parroquia, que xunto co código postal e o concello son os datos necesarios para poder efectuar o reparto con garantías de entrega na zona rural.

Pola súa banda, Correos apurouse a asumir a culpabilidade afirmando que a dirección dos envíos que se devolveran era correcta e que polo tanto foran mal devoltos. 
Non entendemos tal premura, e mais cando a traballadora fixo as devolucións seguindo as instrucións recibidas e o procedemento establecido pola normativa, que é recordado con frecuencia por todas as xefaturas de reparto dicíndolles ós carteiros que devolvan toda correspondencia que teña mal a dirección ou a que veña con señas insuficientes.

Caza de bruxas

Logo da mala praxe por parte dun repartidor, que destaparon os medios de comunicación na zona de Fene recentemente, e agora o feito desta denuncia da Cooperativa que tomou as cabeceiras dos diarios sobre todo da comarca do Barbanza, pensamos que Correos quixo poñerlle freo a esta "mala prensa" e non se lle ocorríu mellor remedio que asumir culpas e "cebarse" coa traballadora para calmar os ánimos, anunciando a bombo e platiño a súa suspensión de emprego e soldo. 
Unha auténtica "caza de bruxas" para encetar o "samain" de Correos, sen pensar na repercusión que este feito ten para a traballadora, para seu crédito e imaxe, xa non so a nivel profesional senón privado e persoal polo trato de culpable que se lle esta dando nos medios, que fan que os veciños e usuarios do servicio que atende cheguen a conclusións erradas sobre a súa profesionalidade e todo acaba trascendendo porque ó fin os carteiros/as somos moi coñecidos, e sobre todo nos pobos e nas zonas rurais.

Dende a CIGcorreos esiximos que a empresa (Correos) recitifique, que retome a cordura e que acometa este tipo de situacións coa máxima prudencia, agardando a posicionarse ao momento no que se resolvan os procesos e non precipitarse tomando decisión que son inxustas e que carrexan danos irreparables para os que as sofren.




6 de set. de 2016

CIGcorreos: Pechada a oficina auxiliar de Sta. Cruz en Oleiros na Coruña

Correos pecha dende o día 1 ata o día 9 de setembro
a oficina de Sta. Cruz por motivos "OPERATIVOS"


Correos transforma a falta de previsión e a ineptitude dos seus xestores en "motivos OPERATIVOS" para xustificar diante dos veciños o peche desta oficina auxiliar do concello de Oleiros.

O peche desta oficina cun horario de atención ó público de 8:45 a 10:45 obriga os usuarios da mesma a ir recoller as entregas que lles pasaron a lista á oficina de Perillo situada a varios quilómetros de distancia, ademais de ter que desprazarse ata dita oficina para facer uso de calquera dos servizos prestados por Correos. Non esquezamos que estamos en plena campaña electoral e a solicitude do voto por correo é un dos servizos mais demandados pola veciñanza, que tamén terán que ir solicitar dende Perillo.

Dende a CIG Correos xa denunciamos repetidas veces a falta de previsión de Correos así como a falta de persoal suficiente nas bolsas de substitución coa formación necesaria para desempeñar as funcións dos postos que dependen desas bolsas. Dende a empresa fixeron oídos xordos ás nosas demandas e as consecuencias son que nos atopamos con oficinas pechadas porque non encontraron persoal cualificado para substituir á traballadora durante o seu periodo vacacional.

A CIG Correos demanda unha rápida actuación para solucionar este problema que pasa por contratar de maneira urxente o persoal necesario e coa formación precisa para facer esa substitución e cubrir así as necesidades dos usuarios da oficina de Sta. Cruz, en Oleiros, na Coruña; para deixar de penalizar tanto a estes usuarios como a todos os compañeiros que se ven recargados para levar o reparto desa zona.

Olla na prensa:  Opinion A Coruña


13 de xuño de 2016

CIGcorreos: Caravana de Contratados/as pola cidade da Coruña

Esixindo unha solución para os problemas da contratación e demandando que se rexa polos principios da ética, da xustiza e da transparencia





Percorremos as rúas da cidade:
Pola Avda. de Alfonso Molina




Pola Ronda de Outeiro



No punto de saída onde o Edificio Sindical CIG




Utilizamos megafonía para facernos oír durante todo o percorrido e tamén na concentración.





Con cartaces nos coches e na concentración para facerse ver e dar a coñecer a nosa problemática.




Rodeamos o Edificio de Correos da Avda. da Marina e demos  voltas ó redor do mesmo.




Rematamos a mobilización cunha concentración diante do Edificio Principal de Correos da Coruña onde demos lectura dun comunicado reivindicativo.









Olla nestes vídeos esta mobilización



Para máis información olla nestes enlaces da prensa:

AVANTAR   AVANTAR 2

ABC

LA VOZ DE GALICIA

22 de xuño de 2015

CIGcorreos: Manifestacion en Compos en contra dos recortes e pola cobertura de todas as ausencias.

A CIG como convocante xunto con outro sindicato participa na Manifestación celebrada este pasado sábado día 20 de xuño en Compostela en contra dos recortes, dos recargos e reclamando substitucións para cubrir todas as ausencias





Para ollar o seguemento nos medios preme AQUÍ 1, AQUÍ 2, AQUI 3, AQUI 4





7 de maio de 2015

CIG Correos (Concentracións diarias dos carteiros/as da UR1 de Santiago)

Apoio incondicional da CIG Correos




  
Ø A CIG Correos mostra o seu apoio incondicional ó persoal das carterías de Santiago, tanto da UR 1, que se esta concentrando todos os días na hora do café, como da UR 2,  na súa loita pola recuperación dos postos de traballo necesarios, diante da actual situación de falta de efectivos que provoca unha sobrecarga de traballo que non se pode asumir na xornada laboral, repercutindo negativamente na saúde dos carteiros e carteiras polo deterioro das súas condicións laborais e tamén repercute na redución da calidade do servizo que se da, afectando directamente ós usuarios destes servizos prestados por Correos.

Ø Dende a CIG Correos sempre estaremos nas loitas pola mellora das condicións de traballo do persoal, dos nosos dereitos, dos nosos salarios, polo incremento razoable dos postos de traballo e tamén velamos pola defensa de Correos como un servizo público de calidade onde se cumpra o recollido na lei, sen máis intereses velados.

Ver nota da prensa: AQUÍ




4 de feb. de 2015

Concentración dos delegados/as da CIG Correos de Galiza diante da sede da Zona 1 en Compostela

Os delegados e delegadas da CIG Correos este mércores diante da dirección de zona denunciaron a política imposta pola Dirección da Empresa de redución de postos e de destrución de emprego reclamando a cobertura de todos os postos de traballo e a substitución de todas as ausencias para así eliminar as sobrecargas e os recargos,  garantizando a prestación dun servizo público de calidade.

 


As inclemencias do tempo non foron impedimento para que os delegados e delegadas da CIG das catro provincias galegas se concentraran diante da sede da dirección territorial da zona 1 de Correos en Compostela para facerse oir diante da dirección e trasladarlle a súa protesta e a dos traballadores e traballadoras a quenes representan pola frenética e irracional política de recorte de postos de traballo coa conseguinte destrución de emprego que elo supón e a merma da calidade na prestación do servizo que lle está afectando primeiro ós usuarios dos servizos e que sin dúbida logo repercutirá no futuro inmediato da empresa se ninguén fai nada para remedialo.

Dende a CIG Correos ademáis reclamouse da dirección unha política de cobertura de todos os postos de traballo, incluso das ausencias temporais mediante persoal contratado, sin esquecer ó persoal que presta os seus servizos na zona rural que cada vez teñen máis cometido sin posibilidade de cumprir co reparto diario da correspondencia que entra para a súas zonas, problema acentuado cando se produce un recorte de persoal ou baixas e ausencias sen cubrir.

Para rematar esixiuse un cambio na dirección se os actuais directores e xestores non son capaces de resolver a problemática plantexada con medidas urxentes e efectivas que den resultados a curto prazo e nos beneficien a todos: persoal e usuarios de Correos.

Este sindicato CIG e os seus delegados e delegadas non van a cesar no seu empeño en defensa do servizo público de Correos dos seus postos de traballo e reclamando un correo público galego que sería o principio para que remataran todos os males dunha xestión que nos chega imposta dende Madrid, moi alonxada das necesidades reais do correo en Galiza. 

Para ver esta noticia publicada no Avantar preme AQUÍ


27 de xan. de 2015

CORREOS: Concentración do persoal do CTA de Lavacolla o día 27 de xaneiro ás 17:30 Horas

EN DEFENSA DA SAÚDE DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

Denuncian a limpeza insuficiente do po das máquinas e as consecuencias negativas que isto ten para a saúde do persoal do Centro de Tratamento Automatizado de Lavacolla 


O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal de Correos da provincia da Coruña convocaron esta concentración en demanda dunhas condicións de traballo dignas e do cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais. Denuncian as consecuencias para a saúde das e dos traballadores da falta de hixiene no Centro Automatizado de Correos en Lavacolla (CTA), para o que xa presentaron unha nova denuncia conxunta diante da Inspección de Traballo que se suma a outra xa presentada o ano pasado pola CIG-Correos.



 Para máis información preme AQUI