1 de ago. de 2025

ACORDO ASINADO POLOS DE SEMPRE: CCOO, UGT e CSIF

Os mesmos que nos deixaron fóra do EBEP aos funcionarios e laborais de Correos e os mesmos que pactan as subas de miseria.

QUÉ ASINARON CCOO, UGT E CSIF COA EMPRESA O 31 DE XULLO?

Os sindicatos asinantes do acordo (CCOO, UGT e CSIF), xunto con Correos, pactaron unha serie de medidas que supoñen unha profunda reestruturación laboral, organizativa e produtiva. Baixo a escusa dun “rexuvenecemento” e “modernización”, escóndese unha flexibilización salvaxe do traballo, perda de dereitos e avance da precariedade.

PUNTOS CLAVE DO ACORDO… E A NOSA DENUNCIA

1. REXUVENECEMENTO DA PLANTILLA
  • Véndese como un plan de futuro, pero na realidade é un ERE encuberto. As saídas incentivadas non garanten emprego digno nin estabilidade para os novos traballadores/as.
  • Non se garante a calidade do novo emprego: contratación temporal, externalización e precariedade. 
  • A media de idade da plantilla é resultado de anos sen contratación: non é casual, é unha estratexia.
2. NOVA BOLSA DE EMPREGO E REBAREMACIÓN
  • Imponse unha bolsa única, disolvendo as actuais, con criterios difusos e dependentes da “dispoñibilidade efectiva”.
  • Elimínase o dereito das persoas xa incluídas nas bolsas anteriores.
  • Priorizase a dispoñibilidade absoluta, vulnerando a conciliación familiar e laboral.
  • Ábrese a porta ao clientelismo sindical e arbitrariedade con portais paralelos de emprego sen garantías.
3. BOLSA DE HORAS: MÁIS FLEXIBILIDADE, MENOS DEREITOS
  • Correos poderá modificar a túa xornada, días de descanso e horarios con apenas 24h de preaviso. ¡E aínda o chaman “voluntario”!
  • Ata 170 horas adicionais por ano que poderán ser impostas en sábados, domingos ou festivos.
  • Posibilidade de reducir xornadas sen criterio claro.
  • Xestión totalmente discrecional e arbitraria por parte da empresa
4. PRODUTIVIDADE COMO EXCUSA PARA RECORTAR
  • Vincúlanse melloras á “produtividade” sen definir claramente criterios, deixando aberta a porta a recortes en dereitos e salarios.
  • Revisión de retribucións ligada ao “esforzo e rendemento”, ignorando a sobrecarga estrutural.
  • Sen medidas reais para reducir o absentismo estrutural (derivado da precariedade e da presión).
5. NOVO MODELO OPERATIVO = MÁIS CARGA DE TRABALLO, MENOS PLANTILLA
  • O “modelo operativo” baséase en recortar centros, tarefas e persoal, substituíndoos con dixitalización e precariedade.
  • Promóvese a redución de unidades operativas sen garantías de cobertura territorial.
  • As tarefas de reparto reorganízanse en nome da “eficiencia”, aumentando a carga de traballo.
  • Priorizase a paquetería sobre o servizo postal universal.
QUÉ QUEDA FÓRA DO ACORDO?
  • Sen avances reais na xornada de 35h: aprazada ata 2028.
  • Non hai garantías de conciliación familiar real.
  • Sen suba salarial real nos complementos fixos e sen cláusula de revisión salarial.
  • Fin dos descontos por estar de baixa por enfermidade.
QUÉ RECLAMAMOS DENDE A CIG?
  • Paralización inmediata do Acordo e apertura dunha negociación real, con toda a representación sindical.
  • Garantías para o emprego estable, con convocatorias públicas e transparentes.
  • Respecto á conciliación, saúde laboral e dereitos adquiridos.
  • Fin da imposición unilateral de xornadas e dispoñibilidade.

SÍ, A UN CORREOS PÚBLICO, 
CON DEREITOS E CON FUTURO!

BASTA DE ACORDOS 

ÁS COSTAS DA PLANTILLA!

ORGANÍZATE, INFÓRMATE, MOBILÍZATE. 

ESTE ACORDO NON NOS REPRESENTA.