15 de xuño de 2026
Tarxeta de Transporte para o persoal laboral fixo
6 de xul. de 2022
CURSO ON-LINE “CORREOS EN EL ÁMBITO RURAL” 20 Mil Prazas Ofertadas
Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.
Prazo de inscrición: do 07 de xullo ate o 13 de xullo
Inscrición: dende o campus virtual
Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".
O curso realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase
revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e
aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente Formativo
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.
No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com
8 de abr. de 2022
Feijoo recoñece que CCOO e UGT foron os seus cómplices no desmantelamento de Correos
NON FOI FÁCIL pero Feijoo coa axuda
inestimable e ben pagada de Regino Secretario Xeral CCOO e Pepe Sayagues
Secretario Xeral de UGT conseguiron afastarnos da Administración Pública e converternos
nunha Sociedade Anónima de rexistro mercantil.
NON FOI FÁCIL pero conseguiron declarar a
extinguir a máis de 40 mil funcionarios/as e que o seu persoal laboral perdera
o status de empregado público pasando a rexerse por un Convenio Colectivo como
o de calquera empresa privada.
NON FOI FÁCIL pero conseguiron que parte
das retribucións dos traballadores/as de
Correos foran variables con criterios de
produtividade no lugar de ser fixas.
FEIJOO, CCOO e UGT conseguiron desmantelar
unha das maiores empresas públicas para convertela nunha empresa de paquetería
lista para ser privatizada.
NON FOI FÁCIL PERO O FIXERON – ESTÁ NAS NOSAS MANS COMO
TRABALLADORES/AS DESTA CASA DECIDIR SE QUEREMOS QUE SINDICATOS SEN ESCRÚPULOS
NOS SIGAN REPRESENTANDO EN CORREOS – PORQUE COMO DI O REFRÁN POPULAR “DAQUELES POS VEÑEN ESTES LODOS”
A situación de Correos é grave, tendo como responsables aos sucesivos
presidentes dende Feijoo até Serrano coa colaboración inestimable dos seus cómplices
CCOO e UGT.
MIRA O VIDEO COMPLETO da intervención de Feijoo referíndose a Correos no congreso do PP do pasado día 2 abril NA LIGAZÓN DO BLOG DA CIG e que non enganen máis aos traballadores/as de Correos.
14 de feb. de 2022
Consolidación de Emprego 2019: Méritos Definitivos e Publicación di Listaxe de Aprobad@s
Unha vez rematada a xuntanza o Órgano de Selección informou do seguinte:
Publicación Méritos Definitivos:
Ao longo de hoxe ou mañá, se publicará na web de Correos unha ligazón para que cada candidato poida consultar a súa puntuación no exame e méritos definitivos en cada un dos postos en que participa para comprobar que está todo completamente correcto.
https://www.correos.com/personas-y-talento/#convocatorias-publicas
Publicación Listaxe Definitivo de Aprobados:
Previsiblemente no transcurso desta mesma semana se resolverá o proceso e se publicará o listaxe definitivo de aprobad@s.
25 de out. de 2021
Curso Online Programa "Trabajamos en Digital" (Só para persoal laboral)
Curso dirixido a todo o persoal laboral de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación.
Inscrición: Dende http://formacion.correos.es/ prema no banner informativo que atoparas na parte superior que te redirixirá á web oficial do programa externa a Correos.
Ligazón da inscrición: trabajamosendigitalceoesolicita-plaza
O curso realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso ten unha duración de 30 horas lectivas e 2 datas de inicio: 3 ou 10 de novembro, desenvolvéndose, durante 6 semanas, no campus virtual externo ao de Correos.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e/ou SMS o comezo da formación.
A formación emprega unha metodoloxía de clases en directo a través dunha aula virtual, leccións interactivas, contido teórico descargable, material complementario en PDF, foros, videotutoriais , actividades de reforzo ou ponencias virtuais, consistindo en 6 unidades que tratan de desenvolver competencias dixitais adaptadas ao posto de traballo:
1. Tecnoloxías habilitadoras dixitais
2. Información e alfabetización dixital
3. Comunicación e habilitación online
4. Creación de contidos dixitais
5. Seguridade na rede
6. Resolución de problemas e a formación
Unha vez superado o Curso, se entregará un titulo
oficial e un certificado de superación.
16 de xuño de 2021
Mesa Sectorial: Proposta para a achega de Vehículos aos Servizos Rurais - Xubilacións Parciais para o Persoal Laboral
- PROPOSTA PARA A ACHEGA DE VEHÍCULO AOS SERVIZOS RURAIS CON CARÁCTER VOLUNTARIO.
Decepción polo escaso contido da xunta, xa que o único que teñen determinado é que van a facer unha enquisa non aportando ningún tipo de documentación.
Coa enquisa que non será vinculante Correos quere determinar o numero de rurais que estarían dispostos a solicitar o vehículo para saber cantas furgonetas serían precisas.
Aínda que a idea inicial seria chegar a todos os rurais isto iria por etapas xa que é difícil chegar a todos en un primeiro momento. A enquisa elaborarase durante os meses de xullo, agosto e setembro para que todo o mundo que queira participe e non o colla de vacacións.
Unha vez se teña a enquisa elaboraranse os criterios para a substitución dos vehículos, ben por distancia, volume de paquetería, zonas xeográficas, etc. En principio non cambiaran as condicións dos postos de traballo salvo as retributivas no tocante a indemnizacións por achega de vehículo.
Dende a
CIG SOLICITAMOS:
·
Que a entrega destes vehículos se
faga coa maior celeridade posible.
·
Que o criterio para a súa entrega
sexa única e exclusivamente o de
xustiza, é dicir: que se entregue a todos os rurais que así o soliciten.
·
Que mentres non se faga a substitución
dos vehículos se actualicen os suplidos
por achega de vehículo (conxelado dende o 2011 grazas aos sindicatos
CCOO, UGT, SL e CSIF asinantes do Convenio e Acordo Xeral)
- XUBILACIÓNS PARCIAIS (Persoal Laboral)
Na reunión Correos informounos que a SERETARIA DE ESTADO DE PRESUPOSTOS E GASTOS aprobou para Correos as “Xubilacións parciais vinculadas a contratos de relevos”.
Correos di que empezará cos tramites o máis rápido posible.
Requisitos para acceder ás xubilacións parciais: ter cumpridos 61 anos e 10 meses con 35 anos cotizados ou ter 62 anos e 8 meses e 33 anos rexistrados na Seguridade Social cunha antigüidade mínima de 6 anos ininterrompidos en Correos inmediatamente anteriores á data da xubilación.
O tanto por cento
de redución de xornada para a xubilación parcial anticipada será do 75%: o
xubilado parcial acumulará o tempo de prestación efectiva de servizos de todo o
período da xubilación parcial ao principio da nova situación. O contrato
realizaráselle a un traballador desempregado ou que tivese concertado con
Correos un contrato dunha duración determinada.
23 de dec. de 2020
Nova Convocatoria de Ingreso correspondente ao ano 2020 - 3.254 prazas convocadas
Pechada as Bases
Xerais da Convocatoria de Consolidación correspondente ao exercicio 2020, que
se desenvolverá ao longo de 2021. O máis relevante:
3.254 PRAZAS:
1.254 prazas por aplicación da taxa de reposición do 2020 e os 2.000 restantes
polo Plan de Estabilización.
Unha parte
destinada á INTEGRACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE IGUAL Ou SUPERIOR Ao 33%,
dando cumprimento ao establecido legalmente.
Correos inclúe
nesta oferta os contratos de substitución do programa de xubilacións parciais.
SE ESTABLECEN
DÚAS FASES PARA O DESENVOLVEMENTO DESTE PROCESO:
PRIMEIRA FASE: se
publicarán os requisitos esixidos ás persoas que participen na convocatoria, o
sistema de selección (CONCURSO-OPOSICIÓN), o temario sobre o que versará a
proba selectiva, a composición do Órgano de Selección e o recoñecemento médico.
SEGUNDA FASE: se
publicará a oferta provincial de postos de traballo e as súas características,
o prazo e a forma de presentación de instancias.
A novidade nesta
convocatoria é que Correos sacará 75 prazas para postos cualificados de diversa
índole para cubrir estrutura e apoio e que se materializarán ao longo do
próximo ano.
28 de xan. de 2020
Curso Formación Correos "Diversos con Sello Propio" 20 mil prazas
4 de out. de 2019
CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO (ACORDO EDITORIAL MAD)
1 de mar. de 2019
Prestamos de Bankinter para Empregados de Correos
23 de xan. de 2019
Análise do Acordo Asinado para o Persoal Laboral II parte
4.800 (no mellor dos casos)
22 de xan. de 2019
Nómina mes de decembro: Concepto 6187 "Devolución cota Paga Extra 2012"
7 de xan. de 2019
Análise do Acordo Asinado para o Persoal Laboral
11 de set. de 2018
Resumo Xuntanza Sobre o Incremento Salarial
4 de out. de 2017
Novas en Correos
Dende CIG esiximos unha CARREIRA PROFESIONAL, tanto para
laborais coma para funcionarios, mediante CONCURSO-OPOSICIÓN, sen nada de entrevistas, nin nada de...












