6 de feb. de 2026
VITORIA HISTÓRICA DA CIG NO TRIBUNAL SUPREMO!
6 de xul. de 2022
CURSO ON-LINE “CORREOS EN EL ÁMBITO RURAL” 20 Mil Prazas Ofertadas
Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.
Prazo de inscrición: do 07 de xullo ate o 13 de xullo
Inscrición: dende o campus virtual
Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".
O curso realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase
revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e
aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente Formativo
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.
No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com
17 de xan. de 2022
Consolidación de Emprego: Notas de Corte segundo Provincias e publicación dos Méritos
Dende mañá día18 de xaneiro, cada candidato poderá comprobar co seu DI e contrasinal, o número de respostas acertadas a través da ligazón que habilitará Correos.
https://www.correos.com/personas-y-talento/#convocatorias-publicas
Xunto co número de respostas sairá a valoración definitiva de méritos (cursos, idiomas, titulación etc)
Alegacións:
As alegacións se poderan presentar dende o día 18 de xaneiro ata o 25 de xaneiro ambos incluídos a través da ligazón "Presentar Alegaciones"
Notas de corte:
Non hai unha única nota de corte, a mesma depende de: provincia e posto á que che presentaches.
Guía Consulta Nota de Corte e Méritos
13 de xan. de 2022
Modificar o IRPF 2022 para o Persoal Eventual
Tódolos anos, Correos dende o 1 de xaneiro aplica o 2% de desconto do IRPF ás nóminas do persoal eventual, ainda que no ano anterior solicitarás unha modificación do dito IRPF.
Por todo isto, lembrámosvos que non vos esquecedes de solicitar por escrito, a modificación do IRPF, para que, nos últimos meses do ano non vos fagan uns descontos tan grandes na nómina.
Se tes algunha dúbida o queres que che enviemos o impreso para a modificación do IRPF. ponte en contacto cos delegad@s da túa comarca.
27 de xan. de 2021
Apertura Bolsas de Emprego 2021
Hoxe 27 de xaneiro Correos da por pechadas as negociacións e procederá á publicación das Bases Definitivas en canto os servizos tecnolóxicos de Correos confirmen a data de apertura.
SOLICITUDES: Unicamente on-line na páxina
Þ
www.correos.es
Þ Ou na intranet de Correos.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 3 de febreiro ó 12 de febreiro do 2021 (Se tecnicamente é posible)
POSTOS A CUBRIR: Atención ó cliente
Axente/clasificación
Reparto 1 Motorizado e servizos
rurais
Reparto 2 Pé servizos rurais non motorizados
Importante: Todo o mundo se
ten que volver a apuntar aínda que actualmente figure nas bolsas.
Só se poderá figurar en dúas bolsas como máximo e teñen que ser na mesma provincia ou provincia limítrofe.
Modalidades de Xornada (Só se poderán elixir dúas modalidades de xornada das tres posibles):
- Tempo completo
- Tempo parcial con distribución diaria semanal
(mínimo con 4 horas diarias/continuadas excepto no ámbito rural)
· Tempo parcial por días: determinados días á semana ou con distribución de venres, sábados, domingos e/ou festivos (mínimo 4 horas/diarias continuadas)
MÉRITOS:
Os méritos dos candidatos se valorarán a data do 12 de febreiro de 2021
A suma da antigüidade é dende o 1 de maio de 2012 ata o 12 de febreiro. Se valorarán en total 105 meses de traballo. Se sumaran os días de cada relación laboral desde a data indicada e nos contratos a tempo parcial se restaran a porcentaxe correspondente. O máximo de puntuación en Axente e Reparto a Pé é de 15 (6+9) puntos e en ATC e Reparto a Moto 14 (5+9).
A Titulación Universitaria e Grao Superior de FP 6 puntos en ATC e 2 puntos en Reparto e Axente. A titulación de Bacharelato ou Grao Medio de FP 3 puntos para postos de ATC e 1 punto para postos de Reparto e axente.
Carné de Conducir: Para
postos de Reparto a Moto estar en posesión do permiso específico de moto
(A, A1 e A2) 6 puntos. Permiso tipo B 3 puntos. Para postos de Reparto a Pé e Axente
o permiso B 3 puntos.
Puntuación por preguntas acertadas no último exame de ingreso: Por ter de 40 a 49 preguntas acertadas, 1 punto. De 50 a 59, 2 puntos. De 60 a 69, 4 puntos. E máis de 70 son 6 puntos en ATC e 5 puntos en reparto/axente
Cursos de Formación Homologados por Correos: O cliente e cadea de valor, 0,50; Portfolio, 1,30; Paquetería, 1,30; Excel Básico, 1,30; Dixitalización 0,50; SGIE e PDA, 1,60 (só puntúa en Reparto e Axente); Técnicas de Vendas, 1,60 (só puntúa en ATC). Máximo de 6 puntos para todos os postos.
Coñecementos de idiomas: En postos de Reparto e Axente por coñecemento da lingua autonómica (CELGA 1) 1 punto. Polo título de inglés A2, 1 punto. Para postos de ATC a lingua autonómica (CELGA 2) son 3 puntos e por acreditar a titulación de inglés B1 3 puntos.
No blog da CIG
publicaremos tódolos enlaces da Convocatoria unha vez estean operativos e se
confirme a data de inscrición. Para calquera dúbida ponte en contacto coa xente
da CIG.
8 de maio de 2020
Consolidación de Emprego Nota de Corte
Ademais pon a dispor de todos os seu afiliados e afiliadas este servizo por si viran afectados os seus dereitos na situación creada.








