Amosando publicacións coa etiqueta Afedap. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Afedap. Amosar todas as publicacións

10 de xul. de 2020

Convocatoria do Programa de Formación AFEDAP dirixido ao Persoal Funcionario



Este Plan de Formación, cun número de prazas limitadas para a convocatoria 2020, se presentou ao Instituto Nacional de Administración Pública ( INAP) en base ao acordo asinado en xuño coas organizacións sindicais.

O Programa de Formación  AFEDAP (Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas) consta de tres bloques de capacitación con contidos orientados a impulsar o desenvolvemento profesional, reforzar o liderado e o traballo en equipo, potenciar os procesos de transformación dixital e o adestramento e formación en produtos e servizos.

BLOQUE
CONTIDOS
1. HABILIDADES
Cursos destinados á mellora das actitudes e capacidades persoais para a súa aplicación práctica no posto de traballo, tales como a orientación ao cliente, resolutividad ou a creatividade e innovación, entre outros.
2. DIXITALIZACIÓN
Cursos destinados á mellora da destreza dixital dos empregados con contidos relacionados coa tecnoloxía, a seguridade na internet ou de aplicacións informáticas como Office 365.
3. OPERATIVO
Cursos orientados ao coñecemento de ferramentas e procesos operativos, así como de produtos e técnicas de venda.

Os participantes, que deben ser persoal funcionario que manteña unha relación laboral ou de servizo activa coa nosa compañía ao comezo da formación, poderán solicitar os cursos que desexen pertencentes a cada un dos bloques de contido. O acceso aos mesmos realizarase sempre que non se mostren como superados nos sistemas de información de Correos.

A solicitude de inscrición pódese realizar a través do  banner habilitado na páxina principal do Campus Virtual de Correos ( formacion.correos.es) desde hoxe ata o día 15 de xullo, ambos  incluídos. A formación desenvolverase no último cuadrimestre de 2020.

O día de inicio da formación informarase da súa dispoñibilidade cun aviso na dirección de email (se figura o dato no perfil) e o teléfono  móbil rexistrados. En caso de incidencia técnica durante a inscrición e/ou a realización da formación, os alumnos deberán dirixirse a través do email ao Centro de Atención ao Estudante: centro.atencionestudiante@telefonica.com.

Unha vez finalizado e superado o curso, engadirase ao expediente formativo do alumno e se recibirá unha compensación polo custo da conexión a internet. Ademais, se poderá descargar o diploma dende a plataforma de formación.

23 de xuño de 2020

Plans de Formación AFEDAP 2020 para Persoal Funcionarios



O 5 de xuño, no BOE Nº 158, publicouse a Resolución do 1 de xuño de 2020, do INAP, pola que se aproba a convocatoria para o exercicio 2020 do procedemento de concesión de axudas destinadas ao financiamento de plans de formación para persoal funcionario no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas -en diante AFEDAP- adoptado na Comisión Xeral de Formación para o Emprego nas Administracións Públicas, da que forma parte a C.I.G.

O 22 de xuño celebrouse reunión en Correos, ao obxecto de tratar as liñas de actuación así como as accións formativas que conformarán o Plan que Correos debe presentar para solicitar a subvención AFEDAP para este ano 2020. Na xuntanza Correos informou que hai 8 mil funcionarios en Correos. O período de realización da formación será o ano natural con independencia da data de adxudicación ou na que se faga efectiva a axuda.

Na proposta definitiva presentada por Correos están reflectidas a maioría das  propostas remitidas pola C.I.G. encamiñadas ao aumento do número de participantes. Dende a C.I.G. temos claro que a formación e fundamental para mellorar a cualificación, coñecementos e adquisición de competencias do persoal funcionario que ocupan postos operativos.

A Proposta Inicial de Correos era de 4.100 participantes.


Identificados de Áreas Formativas
Áreas
Proposta Inicial Correos
Participantes Propostos CIG 2020
       Proposta Final
Correos 2020
Específicos Determinados Colectivos
Aplicaciones corporativas, Productos y Procesos
1.500
2.500
2.500
Información y Atención al Público
Atención al Cliente y comercial
1.100
2.000
                2.000
Nuevas Tecnologías, información y comunicación
Tecnología e Informática
1.200
2.000
                 2.000
RR.HH
Habilidades
300
500
                   475

Sumas
4.100
7.000
                  6.975