Amosando publicacións coa etiqueta denuncias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta denuncias. Amosar todas as publicacións

17 de mar. de 2023

A CIG-Correos urxe que se cubran as baixas laborais de Correos en Ponteareas

 


O sindicato CIG advirte da precarización do servizo de Correos en Ponteareas, polo que reclama á dirección da Sociedade Estatal Correos en Galicia que “cubra de inmediato as prazas vacantes por baixas”.

Segundo indica a CIG, hai “tres prazas sen cubrir, entradas masivas de envíos, persoal que debe facer uso de días libres durante este mes de marzo e a todo isto hai que engadir as ausencias durante a xornada para acudir ás citas do recoñecemento médico”.

Desde a CIG sinalan que “non vale a escusa de que hai unha redución de cargas de traballo para non cubrir as ausencias”. “As compañeiras e compañeiros da unidade de repartición de Ponteareas xa veñen asumindo dúas prazas sen cubrir, pero agora engádeselles unha terceira que coincide con ausencias por días libre dos que teñen que facer uso durante este mes, así como unha entrada de notificacións masiva e outros envíos como luz e auga, ao que hai que sumar entradas de correo publicitario para todas as vivendas”, explica a organización sindical, apuntando que “se hai unha situación extraordinaria requírense respostas concretas a esta situación”.


MÁIS INFORMACIÓN:

11 de nov. de 2022

UNIFORMES PARA TODO O PERSOAL


NON A DISCRIMINACIÓN 

CO PERSOAL CONTRATADO


Non se pode seguir permitindo que as compañeiras e compañeiros eventuais teñan que andar mendigando a roupa de traballo
  • É contraditorio que sexa unha falta grave e que correos se negue a dar roupa a estas compañeiras e compañeiros
  • O comportamento de CORREOS é contrario o artigo 14 da Constitución
  • Non dar o uniforme dana a imaxe da empresa e crea inseguridade ahora de identificarse diante da cidadanía.
A CIG acaba de denunciar a Correos reclamando que se poña fin a esta discriminación

Un instrumento eficaz na defensa da clase traballadora

C.I.G-CORREOS



10 de nov. de 2022

A CIG denuncia a falta de persoal e medios nas oficinas de Correos da Coruña

O sector de Correos da CIG denuncia a mala praxe por parte da dirección da empresa en Galiza ao tomar a decisión de non cubrir as ausencias laborais e ao expoñer, sobre todo ao persoal de atención ao público, "a unhas condicións de traballo que poden ter consecuencias negativas para a súa saúde". Pero ademais, esta falta de persoal tamén está a supoñer un incremento nos tempos de espera para os usuarios e usuarias de Correos, "que ás veces ocasiona situacións de tensión que a dirección debe evitar". Así, advirten que non é a primeira vez que se teñen producido enfrontamentos, incluso físicos, por mor dos tempos de espera.


7 de nov. de 2022

CORREOS PON EN RISCO A DIARIO A VIDA DE CENTOS DE CARTEIROS E CARTEIRAS



A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo, 
cansa do lamentable estado das motos.

O sindicato CIG-Correos, ven de denunciar ante a Inspección de traballo o incumprimento por parte da empresa da normativa de seguridade laboral, con centos de traballadores que arriscan a súa vida diariamente nas rúas, durante a súa xornada laboral.


20 de set. de 2022

Motos: insuficiente adherencia á calzada. Denuncia na Inspección de traballo.


O pasado 4 de xullo a C.I.G. presentou denuncia ante a Inspección de Traballo de A Coruña en atención as queixas recibidas por parte do persoal que realiza o reparto nas motos de Correos (sobre todo nas motos eléctricas).

Dende este Sindicato entendemos que a perigosidade á que se expón o persoal que realiza o reparto en moto ven motivada, en gran parte, por que os pneumáticos non se adhiren suficientemente á calzada cando está mollada. 

Dita circunstancia foi trasladada pola C.I.G. ao Xefe de Distribución da Área Noroeste en setembro de 2021. A contestación que recibimos foi que: “ (...) dita marca leva usándose máis de 2 anos en Correos, sen que se evidenciou a existencia de casos de accidente de traballo nos que a calidade do pneumático tivese influencia.”

Como dato a resaltar, e apesares do “baixón de actividade” que se produciu en Correos durante a Pandemia pola COVID 19, na provincia de A Coruña rexistráronse no período comprendido entre o 03/12/2018 ao 30/03/2022 76 accidentes de moto motivados por: esvaramento, patinaxe, derrapamento e similares.

Dende C.I.G. consideramos que os pneumáticos deben de adaptarse ás condicións climatolóxicas de cada Rexión e que os pneumáticos non deben de se-los mesmos para todo o Estado: 

As condicións climatolóxicas non son as mesmas en Galiza que en Andalucía, Canarias, etc., por iso,

C.I.G. SOLICITA Á INSPECCIÓN DE TRABALLO QUE SE INVESTIGUEN ESTES FEITOS PARA QUE CORREOS DOTE ÁS MOTOS DUNS PNEUMÁTICOS QUE OFREZAN MELLOR ADHERENCIA Á CALZADA.

7 de set. de 2022

A CIG Denuncia a Falta de EPI´S e Uniformes ao Persoal Eventual

 


A CIG ven de presentar escrito en Madrid denunciando que este verán Correos  deixou sen uniformes ao persoal eventual incluíndo aos que teñen contrato de longa duración, xerando un agravio comparativo entre traballadores/as entregando uniformes a uns si e a outros non.

Non sabemos se está acción responde a unha política de recortes ou a unha falta de previsión, pero o que si sabemos é que en calquera caso é un erro grave.

O uniforme non só é unha prenda de vestir, se non que ademais xera un sentimento de pertenza aos empregados/as para coa súa empresa e tamén axuda a identificar aos nosos traballadores/as amosando a imaxe ou marca da nosa empresa, é dicir publicidade gratuíta, algo moi importante hoxe en día coa proliferación de miles de empresa de reparto.

Así mesmo denunciamos que non se está a entregar os EPI´S ao persoal eventual. Nas unidades faltan ou non hai tallas suficientes de cascos, chuvasqueiros, luvas, botas etc.  

A CIG DEFENDE A TÚA DIGNIDADE, QUE NON TE PISEN


8 de abr. de 2022

Feijoo recoñece que CCOO e UGT foron os seus cómplices no desmantelamento de Correos

 

NON FOI FÁCIL pero Feijoo coa axuda inestimable e ben pagada de Regino Secretario Xeral CCOO e Pepe Sayagues Secretario Xeral de UGT conseguiron afastarnos da Administración Pública e converternos nunha Sociedade Anónima de rexistro mercantil.

NON FOI FÁCIL pero conseguiron declarar a extinguir a máis de 40 mil funcionarios/as e que o seu persoal laboral perdera o status de empregado público pasando a rexerse por un Convenio Colectivo como o de calquera empresa privada.

NON FOI FÁCIL pero conseguiron que parte das  retribucións dos traballadores/as de Correos  foran variables con criterios de produtividade no lugar de ser fixas.

FEIJOO, CCOO e UGT conseguiron desmantelar unha das maiores empresas públicas para convertela nunha empresa de paquetería lista para ser privatizada.

NON FOI FÁCIL PERO O FIXERON – ESTÁ NAS NOSAS MANS COMO TRABALLADORES/AS DESTA CASA DECIDIR SE QUEREMOS QUE SINDICATOS SEN ESCRÚPULOS NOS SIGAN REPRESENTANDO EN CORREOS – PORQUE COMO DI O REFRÁN POPULAR DAQUELES POS VEÑEN ESTES LODOS”

A situación de Correos é grave, tendo como responsables aos sucesivos presidentes dende Feijoo até Serrano coa colaboración inestimable dos seus cómplices CCOO e UGT.

MIRA O VIDEO COMPLETO da intervención de Feijoo referíndose a Correos no congreso do PP do pasado día 2 abril NA LIGAZÓN DO BLOG DA CIG e que non enganen máis aos traballadores/as de Correos.

24 de mar. de 2022

A CIG denuncia a falla de mobiliario en Galiza (cadeiras)

 


Nos centros de Correos non é extraño atopar a compañeir@s de ATC ou de reparto traballando de pé porque a súa cadeira está en mal estado e non a poden substituir por moito que a solicite o xefe porque non as hai. É lamentable a deixades de Correos nun tema que entra dentro da saúde laboral. Dende a CIG xa puxemos en coñecemento do Centro Directivo esta falla de cadeiras así como tamén o denunciaremos na Comisión Estatal de Saúde Laboral do vindeiro 30 de marzo.

Solicitude Mobiliario (Cadeiras) by CIG Correos Lugo on Scribd

24 de feb. de 2022

A CIG Presenta Recurso Contencioso Administrativo no Xulgado Central contra o Calendario Laboral 2022 imposto por Correos

 

A Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de rexistrar recurso Contencioso Administrativo contra o Calendario Laboral 2022 imposto por Correos. Este Calendario afecta  directamente ao Persoal Funcionario ao contravir o establecido no Acordo Xeral no referente á organización das vacacións e as súas porcentaxes, así como no referente á concesión dos Asuntos Propios.

Na defensa do Persoal Laboral a CIG únese as demandas que presentaron outras OOSS contra Correos por establecer no caso das vacacións unhas porcentaxes e unha organización distinta á establecida no III Convenio é no caso dos días de Asuntos Propios unha redacción distinta á establecida no III Convenio.

O vindeiro luns 28 de febreiro acudiremos ao Acto de Conciliación no SMAC prevía a presentar demanda por Conflito Colectivo na Audiencia Nacional.

A CIG non vai a tolerar nin consentir ningunha agresión aos traballadores/as e poñerá todos os medios ao seu alcance para reverter a imposición de Correos no Calendario Laboral.

Aos CCOOmpañerios cos seus 534 LIBERADOS en Correos (máis de 10 liberados por provincia con horas regaladas pola empresa para que fose o seu voceiro)  dicímoslle que por moito que  repitan unha mentira esta non se converte en verdade. A CIG ten credibilidade diante dos traballadores/as de Correos polo noso traballo diario nos Centros na defensa das súas condicións de traballo, NON  por vender NIN intercambiar os seus dereitos.

Hai unha gran diferenza entre a CIG e estes xemelgos de conveniencia CCOO e UGT. Nós defendemos aos traballadores/as sen recibir nada a cambio  e vostedes defendían a empresa mentres recibían miles de horas para liberados, cartos para formación, entre outras prebendas.

A CIG unha vez mais demostra que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores/as.


20 de maio de 2021

A CIG gaña unha demanda en Ourense e forza un acordo en sede xudicial en Lugo

 

A CIG GAÑA DEMANDA CONTRA CORREOS E A MUTUA A SENTENZA OBRIGA A RECOÑECER COMO ACCIDENTE LABORAL UNHA BAIXA POR ENFERMIDADE COMÚN EN OURENSE

O Xulgado do Social nº 2 de Ourense ven de condenar á  MUTUA LA FRATERNIDA-MUPRESPA, o INSS, TGSS, SERGAS e á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELEGRAFOS S.A.” declarando que a Incapacidade Temporal (baixa común) iniciada pola traballadora deriva da continxencia de ACCIDENTE LABORAL e en consecuencia condena aos demandados a recoñecelo como tal con todas as súas consecuencias.

A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Ourense,  logo da negativa de recoñecer como accidente laboral a lesión que sufriu a compañeira durante o reparto e dicir dentro da xornada laboral.

A CIG defendeu e así o entendeu tamén a Xustiza, que a lesión sufrida pola traballadora, afiliada a CIG, foi un accidente laboral pois a mesma se produciu dentro da xornada laboral e que non era unha baixa común como pretendía o INSS e a Mutua. Agora terán que abonar todas as cantidades deixadas de percibir pola compañeira.

A CIG FORZA UN ACORDO EN SEDE XUDICIAL ENTRE UNHA TRABALLADORA E CORREOS PORQUE A SALTARON NOS CHAMAMENTOS DE CONTRATACIÓN NA PROVINCIA DE LUGO.

Ante a demanda presentada polos servizos xurídicos da CIG no xulgado nº 3 de Lugo contra a Sociedad Estatal Correos e Telegráfos S.A. polo salto dunha compañeira nas bolsas de contratación, Correos acepta a demanda presentada e chega un acordo coa traballadora antes de entrar a xuízo. Correos abonará o integro da cantidade solicitada pola asesoría xurídica da CIG.

A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores/as.


12 de maio de 2021

A CIG Presenta denuncia na Inspección de Traballo e solicita a Paralización da orde do 7 de maio de recollida de firmas na PDA

 


A CIG presenta denuncia diante a Inspección de Traballo solicitando  que se paralice a entrada en vigor da orde de recoller as sinaturas na PDA e acuses de recibos dos produtos antes mencionados ate que a mesma non se estude, negocie e aprobe no seno da Comisión Estatal de Saúde Laboral baseándonos nas seguintes consideracións:

a)    Que os traballadores/as de Correos non están vacinados a pesares das reiteradas solicitudes realizadas por este sindicato, por ser un colectivo vulnerable ao contaxio e poder ser fonte de propagación do virus. Os traballadores de Correos foron cualificado como persoal esencial durante a pandemia.

b)    Que a recollida de sinaturas é unha exposición innecesaria dos carteiros/as ao contaxio pois é imposible saber si a persoa receptora está en corentena, contaxiado etc.

c)     Que a Modificación do documento de Medidas Organizativas e Preventivas do 18 de xaneiro de 2021 se realizou sen a convocatoria da Comisión Estatal de Saúde Laboral para a súa negociación e estudo desta medida. A empresa incumpre o artigo 18. Información, consulta e participación dos traballadores da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais. A empresa incumpre o artigo 18. Información, consulta e participación dos traballadores da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais. 

d)  A empresa NON xustifican que o cambio veña obrigado por ningún tipo de norma ou disposición legal aprobada recentemente.

e)  A empresa ten que garantir a saúde dos traballadores/as e dos cidadáns. En virtude do Estatuto dos Traballadores e da Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995 é o empresario quen ten o deber da protección dos traballadores/as fronte aos riscos laborais. OS traballadores/as debemos garantir a nosa saúde e dos cidadáns, polo tanto estamos na obriga todos/as de cumprir estes parámetros. Incluído non realizar a nosa actividade laboral, si poñemos en perigo nosa saúde e dos cidadáns, como actualmente.

Dáse polo tanto, unha situación de grave risco para a saúde das traballadoras e traballadores, que desenvolven un contacto innecesariamente próximo coas usuarias e usuarios do servizo.

12 de mar. de 2021

Concentración convocada pola CIG en contra dos recargos en Ferrol

 


Seguimento masivo no día de hoxe venres 12 de marzo na concentración convocada pola CIG en contra dos recargos en Ferrol 

A delegada  e Secretaria da Área de Saúde Laboral da CIG Sandra Otero Fernández denunciou diante os medios de comunicación a falla de contratación nesta localidade e a sobrecarga abusiva que está a impor Correos aos carteiros/as de Ferrol e aos de Galiza en xeral.

Agora en Correos non se contrata nin siquera para cubrir o emprego estrutural, permisos, baixas nin nigún tipo de ausencias. Os carteiros se ven na obriga de asumir unha maior carga de traballo e maiores zonas de reparto quedando as veces barrios sen o reparto diario, incumprindo Correos nesta comarca de maneira sistemática a súa obriga como empresa prestadora do Servizo Postal Universal. 

10 de ago. de 2020

Solicitude día de Descanso por traballar en Domingo de Eleccións




A CIG Insta a Empresa para que incie as xestións necesarias para que todo o persoal que traballou en domingo de eleccións desfrute dun día de descanso.