Amosando publicacións coa etiqueta Exame de ingreso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exame de ingreso. Amosar todas as publicacións

13 de abr. de 2023

Ingreso de persoal laboral fixo: consulta as persoas admitidas e excluídas, os horarios e lugares do exame



Tras a reunión do Órgano de Selección celebrada hoxe, comunicámosvos a información final sobre as persoas admitidas e excluídas, así como os horarios e os lugares onde se realizará o exame o vindeiro domingo 7 de maio.

6 de abr. de 2021

Publicados as Listaxes de Admitidos e Excluídos do proceso de Consolidación de Emprego 2019

 

Publicado a listaxe de admitidos/excluídos para o Exame de Ingreso 2019. 3.421 prazas para persoal operativo.

Accédese á páxina web de Correos:

https://www.correos.com/personas-y-talento/#convocatorias-publicas

Debes introducir o teu DNI e contrasinal que empregaches ao realizar a inscrición. E, se non a lembras, hai un apartado para solucionalo: lembrar contrasinal.

Na consulta visualízase:

· Datos persoais: nome e apelidos e DNI.

· Datos da solicitude: Localidade de exame, provincia elixida  e postos elixidos:

· Estado: admitido ou excluído co motivo da exclusión.

Pendente de validación:

Se estás nese estado é porque non autorizaches a Correos a consultar á DGT achega do permiso de circulación que se require para reparto motorizado. Podes corrixilo de 2 formas. Unha, autorizar a Correos e outra, achegar unha copia do permiso que non pode superar os 2  MB de tamaño.

Prazo de reclamacións do 6 ao 13 de abril ambos incluídos.

As reclamacións, remitiranse por correo electrónico a:

Ingreso.personal.laboral@correos.com, coa motivación necesaria e  achegando documentalmente o que proceda. 

Aínda non hai data de exame....todo dependerá da evolución da pandemia

Se queres máis información ponte en contacto coa xente da CIG