4 de xul. de 2025

Acción Social 2025

 


Publicada  Acción Social 2025. Por Primeira vez tramitárase mediante a  plataforma de Beneficios 360 (acceso a través conecta). Para acceder á plataforma 360  debes descargar Google Authenticator, aceptar consentimentos, e esperar 24 horas para poder realizar as solicitudes. Antes de realizar a inscrición consulta a Guía de usuario.

Información xeral de cada modalidade e prazos:  

Axudas aos estudos fillos e fillas   até  o 10 de outubro

Axudas Educación Infantil             até o 19 de setembro

Axudas Estudos Universitarios      até o 10 de outubro

Axudas para fillos e fillas con discapacidade  até o 19 de setembro

Axudas por falecemento  até 31 de decembro

Axudas tratamento da Saúde  até o 19 de setembro

Prestamos sen xuro até o 19 de setembro

Instancia Axuda por falecemento

Guía de Usuario

24 de xuño de 2025

27 de Xuño Folga en Correos e Concentración ás 11:30 Horas na Sede da Área Territorial Noroeste en Santiago de Compostela

 


A Plataforma sindical composta por CIG, LAB, Sipcte, ESK, Intersindical Canaria, ELA e Intersindical Valenciana, realizamos unha concentración conxunta amosando o noso rexeitamento ao Acordo Marco o pasado día 19 de xuño na rúa Conde Peñalver sede central de Correos en Madrid.

Así mesmo rexistramos dous escritos: un na sede central de Correos dirixido ao Presidente de Correos, e outro no Congreso de Deputados dirixido á Mesa do Congreso denunciando que este Acordo Marco asinado por Correos e as organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF foi negociado cunha falta de transparencia escandalosa, con reunións bilaterais con determinadas OOSS, ao marxe do resto.

Ademais este Acordo supón recortes en dereitos e NON inclúe melloras salariais vinculadas ao IPC, nin se recupera o perdido en anos anteriores. Ten un impacto negativo na saúde, ao aumentar a presión, a sobrecarga e as condicións precarias dos traballadores e traballadoras.

Dende os sindicatos que conformamos a Plataforma Sindical entendemos que Correos debe preservar o seu carácter social e a súa vocación pública.

Por todo isto a CIG convoca:

FOLGA O DÍA 27 DE XUÑO CUNHA CONCENTRACIÓN ÁS 11:30 HORAS DIANTE DA SEDE CENTRAL DE CORREOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NA RÚA DO FRANCO

         A CIG NON VENDE OS DEREITOS DOS                                            TRABALLADORES/AS DEFÉNDEOS!!


20 de xuño de 2025

A CIG, LAB, SIPcte, ESK, I. Canaria, ELA e I. Valenciana concentrámonos ante a sede central de Correos en Madrid, contra o Acordo Marco.


Ante a gravidade das medidas que se pretenden implantar coa sinatura do Acordo Marco, os sindicatos CIG, LAB, SIPcte, ESK, Intersindical Canaria, ELA e Intersindical Valenciana, concentrámonos onte diante da sede de Correos en Madrid e presentamos un escrito no rexistro dirixido ao Presidente do ente, Pedro Saura, para trasladarlle a nosa firme oposición ao «Acordo Marco» asinado o pasado 31 de decembro de 2024 entre a Dirección de Correos e as organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF e SL.

Os sindicatos convocantes denunciamos o modelo erróneo de transformación de Correos. Neste sentido afirmamos que as liñas estratéxicas reflectidas neste acordo repiten erros do pasado. Consideran ademais que é inviable competir cos grandes operadores do sector sen avanzar cara a un modelo de «Amazonización» da empresa pública, baseado en precarizar dereitos laborais e retributivos.


Rexeitamos tamén a mercantilización das oficinas de Atención ao Cliente que pretenden transformar en Centros de Negocio, o que entenden que choca frontalmente co carácter público do servizo.

Advertimos ademáis do insuficiente financiamento do Servizo Postal Universal (SPU), que é esencial e deficitario, e que require dunha financiación estatal adecuada. Denuncian por iso o seu abandono que, afirman, “contribuíu ao deterioro económico e a unha situación insostible para a empresa e o seu cadro de persoal”.

Falta de diálogo real co cadro de persoal

Xunto a isto aseguramos que o peche de centros loxísticos e a implantación forzada da venda de seguros en colaboración con AXA tomáronse sen transparencia nin diálogo real e serio, xerando malestar e incerteza. E advirten do incumprimento do III Convenio Colectivo porque persisten numerosas deficiencias estruturais como:
  • Ausencia do calendario laboral anual en prazo.
  • Atrasos en concursos de traslados e reaxustes.
  • Obstáculos para a conciliación laboral e familiar.
  • Mala planificación de vacacións.
  • Falta de medios e persoal. Vehículos en mal estado.
  • Mala xestión de asignacións por limitacións físicas temporais.

Isto xunto a progresiva precarización, porque a mobilidade funcional e xeográfica ten unhas ridículas compensacións. A este respecto alertan de que a flexibilidade horaria imposta e o aumento das cargas de traballo son medidas que contén este Acordo Marco que agravarán o estrés, aumentarán os riscos psicosociais e afectarán gravemente á saúde mental e física da plantilla.

Por iso entenden que este acordo non aporta avances reais nin sostibles. Pola contra denunciamos que supoñen recortes en dereitos laborais e maior inestabilidade, que a súa negociación “non foi transparente, levouse a cabo mediante reunións bilaterais con determinadas organizacións, á marxe do resto”; que non inclúe melloras salariais vinculadas ao IPC nin recupera o perdido anos atrás.

Advertimos da crítica situación no centros de traballo onde aseguran que se enfrontan a cadros de persoal por debaixo do 50% de cobertura, recortes en contratación, negativa reiterada ao disfrute de permisos e un aumento preocupante do absentismo por Incapacidade Temporal, moitas veces motivada por ansiedade derivada do entorno laboral ou do desgaste físico do persoal.

A carta dirixida ao Presidente de Correos, Pedro Saura, vai nesta mesma liña, advertindo do retroceso en dereitos e a ameaza o carácter público de Correos que supón o Acordo. Un escrito no que exiximos diálogo para construír un futuro xusto e sostible, instando a Saura a frear este rumbo e preservar a vocación social da empresa.

#27XUÑOFOLGA


11 de xuño de 2025

A CIG denuncia o patrocinio de Correos a La Vuelta por 2 millóns de euros.


A CIG sector Correos expresamos a nosa máis firme indignación ante a decisión de Correos de patrocinar as tres próximas edicións de La Vuelta (2025-2027) por un importe de
dous millóns de euros. Este acordo, asinado coa empresa Unipublic, propietaria dos dereitos da volta ciclista, supón unha nova mostra de como se malgastan os recursos públicos en beneficio de intereses privados, mentres as necesidades básicas da cidadanía quedan desatendidas.

Correos, dependente da SEPI, intenta xustificar este patrocinio argumentando que La Vuelta é unha «estratexia publicitaria clave» para a compañía, tanto a nivel de negocio como de visibilidade. 

Non obstante, desde a CIG consideramos que este tipo de investimentos son unha clara desviación dos obxectivos que debería ter unha empresa pública, que non é outra cousa que servir á sociedade e garantir un servizo de calidade para todos os cidadáns.

Ademais, resulta escandaloso que o Comité de Inversións de Correos aprobase este contrato o pasado 27 de maio, alegando que Unipublic obtivo a «maior puntuación» e presentou a «oferta máis vantaxosa». 

Desde a CIG denunciamos que os fondos públicos se destinen a patrocinios deportivos cando existen tantas carencias nos servizos esenciais.

Correos leva sendo o principal patrocinador de La Vuelta desde 2019, e aínda que xa colaborara con anterioridade en accións publicitarias, isto non xustifica que se siga malgastando o diñeiro público nun momento de crise económica e social. A CIG esixe que se poña fin a estas prácticas e que os recursos se destinen a contratación para mellorar os servizos postais e a atender as necesidades reais da poboación.

NON AO PATROCINIO DA VOLTA!!
POR UN CORREO PÚBLICO E DE CALIDADE!!

10 de xuño de 2025

A CIG denuncia o peche da oficina de Correos no Porto pesqueiro de Vigo


A CIG-Correos denunciou este luns que a empresa pública Correos decidiu pechar sen aviso previo a oficina situada no Porto pesqueiro de Vigo, un dos centros económicos máis importantes da cidade e do país. A decisión, tomada de forma unilateral, obriga ao tecido empresarial da zona a desprazarse a outras oficinas da cidade para realizar xestións, dificultando o acceso á Administración e aos servizos postais.

A central sindical cualifica a medida de incoherente e irresponsábel, xa que contradí os discursos tanto da empresa como do Goberno español, que salientan a importancia de Correos como ponte entre a cidadanía e a Administración. “Mentres din que hai que achegar servizos públicos, péchanse oficinas en puntos clave coma o Porto pesqueiro de Vigo”, critican.

A CIG lembra que Correos foi recoñecido como servizo esencial durante a pandemia e que recentemente foi designado como servidor de servizos de interese económico xeral, polo que consideran “escandaloso” que se reduzan recursos nun sector estratéxico.

Ademais, sinalan que a situación económica de Correos é delicada pola caída do produto postal e pola "nefasta xestión" dos seus responsábeis.“No canto de reforzar os puntos fortes, como o porto de Vigo, optan por debilitalos”, engaden.

A CIG fai un chamamento ao Concello de Vigo e á Autoridade Portuaria para que tomen cartas no asunto e impidan a perda dun servizo vital para as empresas da cidade.

Medios de comunicación:









7 de xuño de 2025

A CIG sindicato maioritario na Galiza convoca folga en Correos o 27 de Xuño

                                                  

A CIG convoca FOLGA o vindeiro venres 27 DE XUÑO en contra do Acordo Marco asinado por Correos e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF. 

Estes sindicatos están citados para ratificarse na negociación o día 30 de xuño e comezar coa segunda Fase do proceso. Nesta Segunda Fase pretenden  modificar á baixa as condicións laborais e retributivas de todos os traballadores e traballadoras de Correos e ademais que o negociado no Acordo Marco se inclúa no IV Convenio Colectivo. 

Estas son algunhas das medidas da Segunda Fase (que xa se están aplicando):
  • Compromiso de que os gastos de persoal anual non superen o 70% dos ingresos. Isto quere dicir que como mínimo debe reducirse o cadro de persoal de Correos en 8 mil traballadores/as. Ademais de Contratación Cero ou reducida a mínimos nunca vistos en Correos.
  • Un Plan de saídas de traballadores/as LOWCOST para o persoal laboral feita á medida para reducir gastos á empresa.
  • Creación do “Cuarto Turno”, de martes a sábado tarde. Non especifica cal será o sistema de selección dos traballadores/as nas unidades afectadas que pasarán a prestar servizo nesa quenda.
  • Modificar a estrutura dos grupos profesionais e Áreas funcionais. Traducido CHICO PARA TODO pretenden que fagamos o traballo de ATC, Axente Clasificación ou Reparto segundo as necesidades da Empresa.
  • Transformación Integral do Rexime Retributivo, despregando sistemas de medición individual do desempeño e incentivos.
  • Calendario estacional variable en función da carga de traballo prevista en cada estación. Variarannos o horario en determinados meses do ano, as xornadas non poderán ser inferiores a 5 horas nin superiores a 9 horas diarias.
  • Comprométense a actualizar, aínda máis, a mobilidade funcional, xeográfica e intercentros.
  • Se queres cobrar unhas esmolas máis ao final de mes terás que vender os teus dereitos e NON desfrutar as vacacións nos meses de xullo, agosto e setembro ou poñer a disposición da empresa o 10% da túa xornada anual, é dicir 170 horas.
Se firman estes sindicatos o día 30 de xuño seremos os empregados das empresas públicas con menos dereitos de toda administración.

A CIG NON VENDE OS DEREITOS,

DEFENDEOS !!


3 de xuño de 2025

6ª Resolución Concurso de traslados: Só 53 prazas na Galiza, unha merda !!


Adxudicáronse un total de 585 postos 
(581 laborais fixos, 4 funcionarios)
incluídos 96 cambios de provincia.

Na Galiza
A Coruña: 27
Lugo: 5
Ourense: 7
Pontevedra: 14
UNHA 💩.

Os postos adxudicados corresponden ás seguintes áreas:
  • 186 de Atención ao Cliente (70 Xornada Completa e 116 Xornada Parcial)
  • 321 de Reparto 1 Moto (301 Xornada Completa e 20 Xornada Parcial)
  • 31 de Reparto 2 a Pé (todos a Xornada Completa)
  • 47 de Axente de Clasificación (46 a Xornada Completa e 1 Parcial)
Un 23% da adxudicación corresponde a postos de xornada parcial (137), mentres que só 129 traballadores/as pasaron de xornada parcial a completa. 

Calendario

Consulta a través de Conecta – Persoas – Convocatorias ou directamente na plataforma de procesos masivos, do mesmo xeito que se fixo a inscrición. Terás acceso á túa información individualizada e a consultar os méritos xerais por provincia, unidade e posto. Tamén permite descargar o listado definitivo da asignación. Para problemas de acceso á plataforma, diríxete ao CAU.
 
Cesamento con data do 30 de xuño de 2025.

Incorporación efectiva ao novo destino o 1 de xullo de 2025, seguindo os seguintes prazos:
  1. Ao día seguinte se o traslado é dentro da mesma localidade.
  2. Dous días se o traslado é entre localidades da mesma provincia ou illa.
  3. Seis días se o traslado é entre localidades da Península que non pertenzan á mesma provincia.
  4. Dez días se o traslado é entre illas ou entre illas e Ceuta, Melilla e Península.
O persoal que opte por substituír o prazo de toma de posesión pola percepción económica debe enviar a solicitude no ANEXO INCORPORACIÓN ANTICIPADA ata o 10 de xuño de 2025 á unidade provincial da Xerencia de RRHH da localidade de destino ou á Xerencia das provincias correspondentes.

O prazo establecido para incidencias relacionadas co proceso tamén será ata o 10 de xuño de 2025.

Para máis información ponte en contacto 
cas delegadas e delegados 
de CIG Correos na túa comarca.

30 de maio de 2025

Pedro Saura na Comisión de Facenda e Función Pública

 


Intervención completa de Pedro Saura, de todos os partidos políticos e resposta do presidente na comparecencia da comisión de Facenda e Función Pública do pasado 28 de maio 2025.


26 de maio de 2025

Paulo Carril reelixido Secretario Xeral no IX Congreso da CIG


“Non nos limitamos a xestionar a realidade, aspiramos á súa transformación revolucionaria”

O IX Congreso da CIG, celebrado baixo o lema “A Forza da Nosa Clase. Traballo. Dereitos. Soberanía” elixiu este sábado a nova executiva confederal, a comisión de garantías e reelixiu a Paulo Carril como secretario xeral con 508 a favor, 30 en branco e 3 nulos. Tras dunha intensa xornada de debate, as e os congresistas debateron e aprobaron os relatorios de Acción Sindical por 427 votos a favor e 1 abstención, e de Organización, por 378 votos a favor e 1 abstención. Os documentos recollen as liñas de traballo que han guiar a acción da CIG nos vindeiros catro anos.

A Forza da Nosa Clase

O reelixido secretario xeral, Paulo Carril, foi o encargado de clausurar o Congreso que, tal e como explicou, serviu “para poñer a punto o ideario da central sindical, con novas liñas de actuación coas que facer real o lema do Congreso, A Forza da Nosa Clase, para defender o Traballo, os Dereitos e a Soberanía”. Lembrou ademais que a CIG afrontou este Congreso como a primeira forza sindical en Galiza, cun 31,05% de representación (5.131 delegadas e delegados) e un crecemento afiliativo histórico, superando as 86.000 persoas afiliadas.

21 de maio de 2025

Calendario Laboral 2025: tarde, mal e arrastro.

 

Nin as 35 horas prometidas nin contratación. Así é o Calendario Laboral de Correos e os sindicatos asinantes do Acordo Marco CCOO, UGT e CSIF. Un copia e pega de anos anteriores. 

Así queda establecido o calendario laboral para 2025:

  • XORNADA ORDINARIA: Será de 37,5 horas de media semanal, en cómputo trisemanal. Para o persoal en réxime de especial dedicación será de 40 horas semanais. Cando se superen as 5 horas de xornada diaria continuada, poderase gozar dunha pausa de vinte minutos, como traballo efectivo.
  • XORNADA: Adaptarase en cada centro ás necesidades operativas atendendo á actividade concreta que se desenvolva. Para a xornada de 37´5 horas poderán establecerse quendas de mañá, tarde e noite. A quenda de tarde estará comprendida, como norma xeral entre as 14:30 horas e as 22:00 horas  
  • SEMANA SANTA: O servizo prestarase co persoal mínimo imprescindible que garanta o desenvolvemento da actividade da empresa. A prestación de servizos ese día será retribuída coa compensación correspondente.
  • VACACIÓNS: Axústanse ao recollido no III Convenio Colectivo para o persoal laboral e ao Acordo Xeral para o persoal funcionario.
  • DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS: Uniranse ás vacacións. Se se gozan en dous períodos, a cada un deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa equilibrada. Excepcionalmente, sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional.
  • 6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES: Correos pretende condicionar o goce dos 6 días de AP a que 3 días se desfruten no primeiro semestre e os 3 días restantes no segundo semestre. Os días de AP poderanse prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2026, sempre e cando exista denegación por escrito. Sempre que organizativamente sexa compatible coas necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles, poderanse acumular os días por asuntos particulares ás vacacións anuais.
  • DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES POR ANTIGÜEDAD (CANOSOS): Os días de 2025 poderanse gozar polo persoal funcionario ata o 31 de decembro de 2025.
  • CAMPAÑA DE NADAL/PAQUETERIA: O persoal operativo poderá gozar de ata dous días de permiso sen penalización, tras garantir unha adecuada cobertura no servizo.
  • DÍAS 24 e 31 DE DECEMBRO: O persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro será o mínimo imprescindible. O persoal que traballe eses días percibirá a gratificación correspondente por cada un dos días traballados.
  • DÍAS 25 DE DECEMBRO e 1 DE XANEIRO: Como norma xeral non se prestará servizo eses días. Os empregados/as dos centros de tratamento que traballen as noites dos días 25 ao 26 de decembro e 1 ao 2 de xaneiro, realizarán as horas adicionais de festivo que sexan necesarias.

👉  Calendario Laboral  👈