Amosando publicacións coa etiqueta Novas Correos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novas Correos. Amosar todas as publicacións

10 de xuño de 2025

A CIG denuncia o peche da oficina de Correos no Porto pesqueiro de Vigo


A CIG-Correos denunciou este luns que a empresa pública Correos decidiu pechar sen aviso previo a oficina situada no Porto pesqueiro de Vigo, un dos centros económicos máis importantes da cidade e do país. A decisión, tomada de forma unilateral, obriga ao tecido empresarial da zona a desprazarse a outras oficinas da cidade para realizar xestións, dificultando o acceso á Administración e aos servizos postais.

A central sindical cualifica a medida de incoherente e irresponsábel, xa que contradí os discursos tanto da empresa como do Goberno español, que salientan a importancia de Correos como ponte entre a cidadanía e a Administración. “Mentres din que hai que achegar servizos públicos, péchanse oficinas en puntos clave coma o Porto pesqueiro de Vigo”, critican.

A CIG lembra que Correos foi recoñecido como servizo esencial durante a pandemia e que recentemente foi designado como servidor de servizos de interese económico xeral, polo que consideran “escandaloso” que se reduzan recursos nun sector estratéxico.

Ademais, sinalan que a situación económica de Correos é delicada pola caída do produto postal e pola "nefasta xestión" dos seus responsábeis.“No canto de reforzar os puntos fortes, como o porto de Vigo, optan por debilitalos”, engaden.

A CIG fai un chamamento ao Concello de Vigo e á Autoridade Portuaria para que tomen cartas no asunto e impidan a perda dun servizo vital para as empresas da cidade.

Medios de comunicación:









26 de ago. de 2021

CIG-Correos aposta pola mellora de servizos postais no noso rural pero en condicións dignas

 "Non só hai que dixitalizar, as e os traballadores teñen que ter condicións deste século"

Dende a CIG agardamos que a reunión celebrada este xoves, día 24 de agosto, entre o presidente de Correos, Juan Manuel Sérrano e o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, teña servido para que, dunha vez por todas, se pare a sangría de perda de efectivos para desenvolver este servizo e outros novos. É moi difícil falar de melloras nos servizos cando se vén diminuíndo de modo constante o número de traballadores e traballadoras para realizalo, case un 30% menos en 10 anos.

Dende a CIG consideramos positiva a dixitalización das oficinas auxiliares e demais servizos, pero estas melloras “teñen que ir acompañadas de un servizo máis amplo en canto a horarios e tamén en número de efectivos a hora de desenvolver o traballo”, Non se pode facer todo co mesmo número de traballadores/as.

Se hai que darlle a volta o despoboamento de poboación no rural, son precisas medidas de discriminación positivas, que impliquen o mantemento dos servizos, como no caso que nos ocupa os postais. 

Son precisos medios adecuados para desenvolver os servizos que hoxe se prestan e que sexan en condicións de seguridade. Non se pode permitir que o persoal que desenvolve os servizos rurais no noso país, e que están a poñer un vehículo a disposición da empresa, siga tendo as mesmas contraprestacións que fai máis de dez anos, como si os custes non variasen nada”. 

“Mellorar o servizo no rural si, pero en condicións dignas”.

Galiciaconfidencial

Galiciapress

Avantar




19 de feb. de 2019

Seguimos traballando como chinos para os chinos ... Novo acordo entre Correos e Aliexpress.

Aliexpress e Correos estreitan a súa alianza para reducir tempos de entrega


A plataforma entregará nun prazo de ata 3 días hábiles os produtos comercializados polos seus vendedores locais en  AliExpress Praza

AliExpress, plataforma de compra  online con presenza internacional pertencente ao grupo  Alibaba, e Correos anunciaron o seu último acordo de cooperación estratéxica integral co que mellorar a experiencia de compra dos consumidores españois a través da redución dos tempos de envío nos pedidos.

Unha alianza que supón unha diminución significativa nas entregas para os pedidos que se realicen desde España. Concretamente, a plataforma entregará nun prazo de ata 3 días hábiles os produtos comercializados polos seus vendedores locais en  AliExpress Praza, a súa canle exclusiva dedicada a España, e en 10 días hábiles aqueles paquetes procedentes de países como Italia, Turquía, China, Xapón e Corea do Sur.

11 de set. de 2018

Correos Express crece en beneficios por terceiro ano consecutivo



Mentres que a matriz Correos ten que devolver ao tesouro publico 167 millóns de euros por unha sanción de Bruxelas e acumulou unhas perdidas de 147 millóns de euros no 2017.

É case milagroso este rexurdir de Correos Express despois de anos de perdidas consecutivas ....Non fai falta ser un lumbreras para intuír onde foron a parar todos os millóns de euros que lle faltan a Correos.
Para ver a nova ELECONOMISTA

Correos inicia coa cadea de supermercados Sánchez Romero a repartición de comida en Madrid.



Correos insiste co seu proxecto de levar a compra a casa

Este é o futuro que se quere para Correos ??? Que Correos Express leve a paquetería e nós a compra a casa....

Para ver a nova EXPANSION


Correos usará códigos QR para que o carteiro non teña que chamar dúas veces


Correos proba un sistema para recibir as notificacións no móbil, multas incluídas.

O truco de esquivar a entrega dunha notificación oficial para librarse dunha multa pode ter os días contados. Correos está a probar un sistema que fará imposible non recibir as notificacións oficiais, xa que estas chegarán directamente ao dispositivo móbil do infractor.

Para ver a nova prema ABC VOZPOPULI

17 de ago. de 2018

Correos atopa un aliado no comercio electrónico: factura de novo máis de 1.800M

Xa non se envían cartas e isto é un problema para Correos. Pero o comercio electrónico chegou ao rescate da compañía pública de mensajería. O e-commerce permitiu que a empresa de mensajería volva superar a barreira dos 1.800 millóns de euros de ingresos en 2017, un nivel que non lograba desde 2012, despois de que o seu facturación haxa goteado á baixa nos últimos anos, en 2008 superaba os 2.200 millóns de euros. 


MÁIS INFO ABAIXO

3 de abr. de 2018

ECOMOVILIDAD Correos proba triciclos eléctricos para o reparto


Correos estrea estes días unha frota de probas duns triciclos dotados de axuda eléctrica ao pedaleo en Sevilla, Málaga, Córdoba e Granada para a repartición de paquetería.

Segundo Correos este tipo de vehículos, non contaminantes, poden circular polo carril bici e son moi adecuados para a distribución de correspondencia e paquetería no centro das cidades, caracterizadas por ser zonas peonís, cunha afluencia diaria de persoas moi elevada e con restricións de acceso mesmo a vehículos de catro rodas considerados ecolóxicos.

En canto ás súas características, capacidade, autonomía, produtividade e ergonomía, a empresa informou que están dotados de rodas de 24" no eixo dianteiro e 20 no eixo traseiro, cun peso, incluído motor eléctrico e baterías, ao redor de 38 quilos, incorporan un caixón en forma de T modular, dotado de pechaduras de seguridade, para aloxar os paquetes e correspondencia, cun volume total duns 550 litros, fronte aos 300 litros de capacidade do primeiro triciclo piloto.

Ademais, incorporan un motor eléctrico de última xeración asinado pola multinacional Alemá Continental de 250 watios de potencia e sensor de par, que confire un uso eficiente da batería. A batería de litio ten unha capacidade de 500 Wh, que proporciona unha autonomía de ata 60 quilómetros fronte aos 30 quilómetros do modelo anterior.


4 de xan. de 2018

CORREOS DESMINTE COMPRA DE UNIPOST


“CORREOS DESMENTE INTENCIÓN DE MERCAR UNIPOST”

Dende o pasado outubro, varios medios e organizacións sindicais recollían ou difundían rumores de unha operación de gran calado no sector postal español, afirmando e demandando o interese da empresa estatal Correos en mercar a UNIPOST e absorber os 2400 traballadores de esta.
A central sindical CIG, preocupada polo futuro da empresa estatal e do acceso e consolidación do persoal eventual de Correos, co ánimo de aclarar e tranquilizar ó persoal de ámbalas dúas, dirixiu escrito ó presidente da compañía responsable do Servizo Postal Universal (SPU), preguntando pola veracidade e fundamento de estes rumores que están a crear intranquilidade entre o persoal de Correos e “falsas” expectativas á xente de UNIPOST.

DESMENTIDO
Agora, John Vivanco, secretario de organización da central sindical galega en Correos, fai pública e comparte  a resposta da SAE, no que desminte “calquera tipo de rumor que poida existir acerca da compra de UNIPOST S.A. POLA Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A.”
Tamén explican dende a CIG Correos, que unha operación de esa envergadura podería poñer en perigo o equilibrio da xa deporsi inestable situación da empresa estatal, suxeta sempre ós cambios de rumbo do goberno, marcados por non se sabe que criterios.

CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO
Ademais, nos dí Vivanco, a absorción de 2400 postos de traballo de UNIPOST, como demandan CCOO e UGT, anularía as posibilidades de consolidación de emprego do importantísimo colectivo de persoal temporal de Correos, que leva anos con contratos en precario, cubrindo e encubrindo a necesidade real de prazas nos servizos operativos de Correos (persoal de reparto,  clasificación e atención ó público) e conseguindo sacar adiante xunto co persoal fixo o servizo postal día a día, pese ás dificultades engadidas da temporalidade/eventualidade. Por non falar da inasumible ausencia de probas de acceso suxetas ós principios de igualdade mérito, capacidade e publicidade que dende CIG sempre se esixiu para a Administración e empresas con capital público.

SOLIDARIDADE
A Confederación Intersindical Galega, solidarízase cos traballadores de UNIPOST compañeiros do sector postal, ofrécelles reunirse para compartir información, traballar en común e plantexar posibles colaboracións, aínda que non cree que a solución pase por “desvestir un santo para vestir outro”.

22 de dec. de 2017

Resposta de Correos sobre a compra de Unipost


Días atrás apareceron na prensa informacións da suposta compra de UNIPOST S.A. por parte de Correos.

            Ante este noticia faltoulles tempo aos sindicatos do coro para apostar a favor desta "magnifica" compra, de seguro que pretendían sacar tallada desta operación; porque doutro xeito non se podería entender a súa postura.

            Parece evidente que mercar unha empresa en quebra, cunha grande débeda de case 50 millóns de €, 4.200 traballadores entre directos e indirectos con nóminas pendentes de cobro, sen carga de traballo e practicamente desaparecida sería un negocio ruinoso, salvo que concorran escuros intereses.

            Por iso a postura da CIG sempre foi contraria a esta compra, coidamos que Correos ten a suficiente estrutura  e profesionais sen que necesite facerse cargo dunha empresa deste tipo, pero ademais a compra suporía por en perigo a futura consolidación de emprego; porque absorberíase o cadro de persoal de UNIPOST actualmente cifrado nuns 4.200 traballadores, así que botade contas!!!!. Pero o que é aínda sería mais grave, é que se poría en perigo a propia viabilidade de Correos, xa que por riba da difícil situación actual teríase que facer cargo do montante da compra así como asumir a débeda desta empresa.

Ante esta situación CIG-Correos dirixiuse por escrito ao Presidente de Correos demandando unha aclaración sobre esta suposta compra.
Recibindo contestación datada a 14 de decembro de 2017 no que se nos di: 

"...é o noso interese desmentir calquera tipo de rumor que poida existir acerca da compra de UNIPOST S.A....".


Esperemos que non nos estean enganando, porque o peor non sería enganar a este Sindicato senón os efectos negativos para tódolos traballadores e traballadoras de Correos, polo que estaremos vixiantes e vos teremos informados sobre todo o  que vaia acontecendo sobre este tema.


5 de dec. de 2017

CCOO e UGT queren poñer en Perigo os Postos de Traballo e a viabilidade de Correos esixindo a compra de UNIPOST


Estes dous sindicatos inician estes días unha recollida de firmas para esixir ao Ministro Montoro e a Correos que se compre UNIPOST. Que Correos asuma as débedas desta empresa que ten con Facenda, a Seguridade Social e que ademais se faga cargo do persoal de INIPOST uns 2.200 traballadores directos de Unipost máis outros 2.000 das franquicias, un total de 4.200 que entrarían pola porta de atrás, sen exame e sen estar en bolsas, miúda estafa para tódolos compañeiros que están nas academias.

Estes sindicatos lonxe de esixir que esa Macroinversión vaia a Correos, antepoñen os seus intereses sindicais poñendo en grave perigo a viabilidade de Correos.

Os traballadores de Correos antes de asinar a petición destes sindicatos deberían preguntarse:

Por que estes sindicatos non apostan polo futuro de Correos??

Por que estes sindicatos non iniciaron unha recollida de firmas cando se eliminaron nestes últimos 10 anos 15 mil postos de traballo en Correos?

Por que pretenden deixarnos sen traballo en Correos baleirando de contido as carterias, entregando a Unipost o correo. É que non temos xa un claro exemplo con Correos Express que esta deixando sen contido de traballo as USES??

Xa que son firmantes do Convenio e Acordo Xeral por que non se preocupan con ese afán de terminar cos recargos??

Por que non fan cumprir o Convenio e esixen a Correos a suba do prezo do combustible para o persoal rural que esta conxelado o prezo que se paga dende o ano 2011?? 

Por que  CCOO e UGT poñen en risco a viabilidade de Correos e os postos de traballo actuais e a futura consolidación de emprego???



28 de set. de 2017

TOMA CASTAÑA!! Correos ofrece en Lugo un servizo de transporte de castañas


As oficinas de Correos de Chantada, Ou Saviñao, Quiroga e Becerreá ofrecerán durante este outono un servizo especial para o transporte de castañas. Estes despachos foron seleccionados polo seu ubicación en zonas de abundante produción deste froito.

Esta iniciativa pretende facilitar os envíos entre os productores locais e os seus compradores, para favorecer o desenvolvemento desta actividade estacional que dinamiza a economía do interior lucense durante o outono.

6 de xuño de 2017

"El Desván" novo servizo que ofrecerá Correos aos seus Clientes


Correos puxo en marcha un novo servizo, denominado «El Desvan», polo que se ofrece como «trasteiro» para os seus clientes, que poden contratar o depósito e custodia dos seus bens en caixas nos almacéns de Correos.

O servizo pódese contratar só a través da páxina web da Correos,  que ofrece o traslado das caixas, tanto baleiras como cheas, a través da súa filial de paquetería.

A custodia das caixas coas pertenzas dos clientes realízase nos almacéns propios de Correos que  segundo aseguran cumpren con todos os requisitos de seguridade e coa dotación e os recursos necesarios.


Correos enmarca estes novo servizos no marco da diversificación do negocio que aborda desde hai anos para amortecer a caída do tradicional negocio de envíos postais. Ademais, o novo servizo contribuirá a fomentar o negocio de paquetería.

Para ver a nova Prema:  ABC    Noticicias Cuatro   Invertia.com  Telecinco



5 de xuño de 2017

200 novas motocicletas eléctricas para Correos


Correos incorporou 200 novas motocicletas eléctricas á súa flota de vehículos de repartición, que foron proporcionadas pola firma Silence e que supuxeron un investimento de 778.000 euros.

Correos suma un total de 546 vehículos eléctricos entre motos, coches e bicicletas, o que supón o 4,20 % da flota total de 13.000 vehículos de repartición con que conta a compañía. O ano pasado incorporou 100 motos eléctricas.

Desta flota, unhas 9.000 unidades son motocicletas, das que, á súa vez, tras este investimento, unhas 400 son de tracción eléctrica.
As 200 motos eléctricas son da marca Silence da empresa española Scutum, participada por Repsol e CaixaBank. 

As motocicletas contan con 100 quilómetros de autonomía (70 reais) e capacidade para circular a unha velocidade de ata 100 quilómetros por hora.

Así mesmo, dispoñen de iluminación de LED e poden cargar 175 quilos. Cárganse en seis horas.

Correos estima que estas motos permitiranlles aforrar 500 euros por cada 1.000 quilómetros en comparación coas motocicletas convencionais de combustión que teñen en flota.
A pesar de que as motos eléctricas non chegan ao 4,2% do total da flota, a intención de Correos é continuar apostando por estes vehículos máis sustentables.

Este é o segundo pedido que Correos fai a Scutum a quen comprou 100 motos eléctricas en 2016.

As 200 novas motos eléctricas repartiranse en unidades de distribución de Correos por diferentes puntos do territorio español:

25 en Madrid, 25 en Barcelona, 15 en Valencia, 15 en Málaga, 8 en Zaragoza, 15 en Sevilla, 8 en Vizcaya, 12 en Baleares, 6 en Tarragona, 13 na Coruña, 6 en Pontevedra, 6 en León, 6 en Valladolid, 20 en Alicante, 6 en Cádiz, 6 en San Sebastián, 6 en Cantabria e 2 na localidade de Valverde de Hierro (Tenerife). A entrega finalizará a finais de xuño.

18 de nov. de 2016

CIGcorreos: Deroches por un lado e recortes polo outro.

Correos tira os cartos en patrocinios e contratos de publicidade faltos da transparencia debida 



Correos renova por outro ano mais o seu patrocinio da selección española de balonmano. Os datos económicos non trascenden nin se fan públicos e descoñecemos a cantidade de diñeiro tirada por Correos .

Ademáis desta nova, a prensa faise eco estes días do toque de atención do Tribunal de Contas a Correos, entre outras Empresas Públicas, pola falta de transparencia na adxudicación de contratos de publicidade e polas irregularidades nos procesos de contratación dos mesmos.

Olla nos medios estas noticias:
EL DIARIO - INTERECONOMIA - 
PALCO 23 - MUNDO DEPORTIVO - MARCA


Na outra cara da moeda: Correos continúa cos recortes e concentracións de servicios para reducir custos.

Neste caso tocoulle a Baixa Limia, onde Correos pretende concentrar en Bande a todos os carteiros da zona, reducindo postos e horarios de atención ou facendo desaparecer as oficinas de Lobios, Muíños ou Entrino, coa oposición non so dos traballadores e traballadoras afectados, senón dos cidadáns e corporacións destes concellos.

Olla nos medios esta noticia:
LA VOZ DE GALICIA - FARO DE VIGO - LA REGIÓN

Outras novas: 

Correos deixa sen servicio o concello de Aranjuez pola falta de pago, debe máis de 80.000 €.

Cantos Concellos e Administracións en xeral son morosos con Correos e non pasa nada? Vai sendo hora de tomar medidas.

Olla na prensa:
LA VANGUARDIA



21 de set. de 2016

Informe Anual Integrado 2015 Grupo Correos


Tardaron en publicalo e agora entendemos o porque. O informe consta de 247 páxinas e  pódelo ollar na páxina de Correos – información corporativa – Informe Anual Integrado 2015.

A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. rexistrou unha das maiores perdas dende a súa constitución como Sociedade Estatal en 2001 o resultado despois de impostos do exercicio 2015 foron unhas perdas consolidadas de 33,7 millóns de euros. As perdas totais despois de impostos do exercicio 2015 do  Grupo Correos que a integran: a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A., Correos express, Correos Nexea e Correos Telecom foron unhas perdas consolidadas de 34,098 millóns de euros. Estas perdas débense fundamentalmente  á redución nas cantidades que achega o Estado polo Servizo Público Universal, que pasaron de 518,1 millóns do 2014 aos 180 millóns do 2015.

Pero os cartos non é o único que se reduce en Correos, tamén o fai o  número de empregados segundo o informe no 2014 eramos 51.275 empregados e no  2015 pasamos a ser 50.153 e dicir 1.152 traballadores menos. Con respecto ao persoal funcionario ao 31 de decembro do 2014 eran 17.743 e a 31 de decembro de 2015 quedaban 15.097 – 2.646 funcionarios menos.

Dos 50.153 traballadores en 2015, 42.128 pertencían ao grupo de Operativos (carteiros, axudantes, axentes clasificación, atención ao cliente, administrativos etc.) e os 8.025 traballadores restantes a os grupos de Mandos Intermedios, Xefes de Sector, Directivos etc. O único colectivo que aumenta nesta empresa . Noutras palabras tócanos máis ou menos un xefe por cada 5 traballadores.

Outros datos de interese do informe:

2014
2015

Nº vehículos
13.529
13.394
- 135
Nº Serv. Rurais
6.670
6.563
- 107
Nº efectivos medios
52.514
50.153
- 2.361
Nº Oficinas
2.384
2.383
- 1

E a todo isto seguimos sen Convenio,  sen data de exame da Consolidación de emprego etc .. e os sindicatos asinantes (CCOO, CSIF, UGT e S.L.)  calan a boquiña e miran para outro lado ..unha vez pasadas as eleccións sindicais esquecéronse das reivindicacións e da marea postal


Dende a CIG seguiremos facendo o noso traballo que non é outro que defender tódolos postos de traballo e loitar polos dereitos laborais dos traballadores diante a Inspección de Traballos e dos tribunais de xustiza e outros que sigan de comparsa da empresa e vendendo fume e enganando ao persoal.


27 de maio de 2016

Nova Directora de RRHH en Correos (Ano 2016)


NOVA RESPONSABLE DE RR.HH Lourdes Fernández de la Riva Gozálvez, é licenciada en antropoloxía e procede directamente da empresa privada na xestión de recursos humanos en empresas de telecomunicacións como Vodafone e Jazztel e do sector financeiro como Banco Urquijo, Beta Capital ou BNP Paribas. 


23 de mar. de 2016

CIGcorreos: Novas funcións para os "Super-Carteiros", agora exercerán de guías turísticos no Camiño de Santiago.

Correos reduce postos, contratación e anda escaso de persoal, prestando menos servizos, desatendendo oficinas e rebaixando a calidade no reparto da correspondencia; pero eso que importancia ten? O que realmente prima é que Correos se vexa como a empresa mais "guay" das galaxias coñecidas, e apúntase a un bombardeo para que así sexa.


Seguen os problemas nas oficinas e unidades de reparto

Seguen multiplicándose os problemas e os descontentos tanto do persoal como dos usuarios e a este paso cada vez haberá mais porque nin dende o Goberno, nin dende a SEPI, nin dende a dirección de Correos se fai nada para cambiar esta tendencia de redución de persoal e amortización de postos de traballo.
Ultimas notas e denuncias aparecidas na prensa, de oficinas e centros de traballo con esta problematica de fondo:

Avila: Atrancos e atrasos no reparto (diariodeavila)
Melilla: Semana Santa sen correo (finanzas.com) (luzdemelilla) (elfarodigital)
Jerez: Folga 28,29 e 30 marzo (diariodejerez) (lavozdelsur)
Ciutadella (Menorca): Acumulacions de 20.000 obxectos (menorcainfo)
Vila-real: Falta persoal e contratacion  (levante-emv)

A hora do planteta

Correos sumouse á "hora do planteta", comprometéuse coa sostenibilidade, reducindo dende o 2009, 28 millóns de Kwh no consumo de electricidade.
(Nós dende a CIG supoñemos que este aforro enerxético tamén terá algún beneficio económico, pero non vemos que se utilice para facer contratación algunha para mellorar a prestación do servizo ou para deixar de amortizar postos de traballo)

Web de Correos sobre o Camiño de Santiago. Si, si.

Ademáis os carteiros das provincias polas que pasan os Camiños van exercer de guías turísticos recomendandolles ós usuarios lugares de interes cultural, paisaxistico ou de bo xantar e hospedaxe. (De paso poderían levar algunha carta, que estamos faltos de persoal)
Preme aqui,  (europapress.es), (eldigitaldeasturias)
(lavozdegalicia.es),  (lavozdegalicia.es 1),   (lavozdegalicia.es 2)

Ollo cos avisos de paquetes: 

Correos é utilizada de novo como vía para cometer fraude. Tratan de encriptar os ordenadores onde entran para logo revender a súa activación.
(lavozdegalicia) (negocios.com) (zonamovilidad.es)  (elconfidencialdigital)

Selo con cheiro a incienso

Estamos agardando polos de sabor a caldo galego, a cocido e a polvo a feira. Faremos o posible para que os poñan a prezos populares para que a xente poida saír satisfeita de Correos.
(latribunaalbacete)


É moi triste, que dirixentes de Correos, da SEPI  e políticos membros do Goberno do Estado, non nos escoiten e se dediquen a despilfarrar o diñeiro público, na vez de xestionalo para o beneficio do servizo público de Correos e da cidadanía que fai uso del.



9 de mar. de 2016

#CIGcorreos : Segue a destrución de postos de traballo - Correos, Empresa Saludable??

Dos 22 distritos de Madrid, coa reestructuración, fan desaparecer 113 seccións



Os sindicatos con representación nesta provincia convocaron concentracion de delegados para o día 26 de marzo, para empezar así as mobilizacións en contra destas medidas impostas por Correos.



Para ollar esta nova, preme: ElIceberg  Finanzas  ElEconomista




Correos consigue a certificación de "Empresa Saludable"



JaJaJa...

Applus+, multinacional de cetificacións foi a encargada de auditar e certificar a Correos como "Empresa Saludable". Esta certificación ten un seguimento anual e unha validez de tres anos.




Non sabemos que criterios segue esta multinacional para conceder a certificación: 
-Supoñemos que terá moito peso o feito de denegar licencias de incapacidade temporal cando os traballadores non están en condicións de facer as súas funcions, con baixas do seu medico de cabeceira e informes dos especialistas, e logo son sancionados con faltas graves de emprego e salario por non poder acudir a traballar.
-En canto a valoración, sumaría moitos puntos o feito de que Correos se adique a penalizar con descontos nos salarios a enfermidade, ademais de tratar coma vulgares criminais ós traballadores que lles dan a baixa.
-O feito de ter Correos multitude de denuncias diante da Inspección de Traballo e dos Xulgados por incumprir coa Lei de Prevención de Riscos, seria, así mesmo, un factor determinante para ter conseguido esta certificación.

Para ollar esta nova, preme: 5TeleCinco LaComarcadePuertollano