Amosando publicacións coa etiqueta COVID -19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COVID -19. Amosar todas as publicacións

14 de abr. de 2020

Xuntanza Comisión Estatal de Saúde Laboral


Hoxe día 14 de abril tivo lugar a Xuntanza da Comisión Estatal de Saúde Laboral na que a empresa a modo de NODO informativo informounos do seguinte:

Ø    Datos actualizados de casos positivos de COVID-19 e postos en corentena:  836 contaxiados e  2.197 traballadores postos en corentena. A CIG denunciou neste punto que dende o 6 de abril a empresa deixara de pasar os datos de positivos. Data casualmente coincidente coa que os medios de comunicación informaban que Correos era o segundo colectivo con máis positivos só por detrás do colectivo de sanitarios. 

Ø    Que, a media de persoal entre o 6 e o 9 de abril, foi dunhas 13.617 persoas que significan un 24,82%. Na intervención da CIG fixo constar que non nos cremos os seus datos por iso solicitamos os datos desglosados por colectivos. Tamén insistimos en  que, se organice o traballo co persoal mínimo imprescindible, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.

Ø    Que mercaron 10´2 millóns de luvas, 7´2 millóns de xeles desinfectante, 4´2 millóns de máscaras. A CIG neste punto denunciou que se debe garantir a reposición de estes elementos de protección e que se dean as instrucións precisas a todas as Xefaturas para que no caso de que falten  EPIS se suspenda a actividade inmediatamente.

Ø    Que mercaron 5.490 biombos de metacrilato para rede de oficinas e entre 700 a 650 biombos de metacrilato para as oficinas auxiliares (rurais.) A CIG ve completamente insuficientes o número de biombos de metacrilato para as Oficinas Auxiliares ..... é que o persoal rural é de segunda categoría?? Non merece ser protexido?? Que, criterios, que datos se utilizaron para mercar só 700 biombos?? Dende CIG solicitamos que se proceda a mercar de xeito urxente os biombos que sexan necesarios para que doten a todas as oficinas auxiliares deste material.

Ø     A empresa propón que a desinfección de vehículos, carros de reparto e dos equipos de traballo o realicen os traballadores para iso compraron  toallitas desinfectantes con produto  hidroalcohólico ao 70%, de  hipoclorito  sódico ao 95% e  spray escumantes con  peróxido de hidróxeno ao 0,36%. A CIG entende que non se pode trasladar a responsabilidade de limpar equipos, vehículos e carros de reparto aos traballadores/as; primeiro porque non son especialistas en limpeza e en segundo porque é responsabilidade do empresario garantir a seguridade dos traballadores. O vemos ben como medida complementaria, pero se debe contratar unha empresa especializada en desinfección para evitar contaxios.

Ø      Facilitarán novos Manuais específicos de información para Repartición,  ATC, Axentes Clasificadores, Administrativos. Tamén se introducen novos manuais, para Xefaturas Intermedias e para o colectivo do persoal de limpeza. A CIG realizará as alegacións e as propostas necesarias para mellorar estes manuais, outra cousa é que as teñan en conta.



Ademais a CIG fixo contar que:  

Necesitamos urxentemente que se realicen TEST de  COVID-19 a todos os traballadores/as de Correos para saber o número real de persoal contaxiado e sobre todo para identificar aos infectados  asintomáticos para poñelos en corentena. Por este motivo non se poden reiniciar as actividades coma se nada ocorrese. O persoal de notificacións non debe iniciar as actividades nin débese ampliar horarios de oficinas mentres non se realicen os TEST.

Débese de informar a todos os traballadores/as nos Centros que se dea un caso de contaxio por se tiveron algún tipo de contacto co traballador/a afectado. Tamén se informará de todas as medidas de prevención que se van a tomar, non como ata o de agora que non se decatan ata días despois cando se dan de conta que falta un compañeiro/a ou que se está procedendo a unha desinfección sen saber por qué.


Así mesmo débeselles de informar diariamente ós delegados/as de persoal en cada provincia do persoal positivo en  COVID-19, do persoal posto en corentena e as medidas adoptadas. Ademais débese poñer en corentena a toda a unidade onde se dea un caso de contaxio ou posible contaxio ate que non se fagan os TEST.


17 de mar. de 2020

PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN COVID-19


PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN COVID-19
publicado por Correos o 16 de marzo de 2020.


Indicacións de actuación nos casos positivos e asimilados de COVID-19 DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Todas as medidas preventivas identificadas e postas en marcha no procedemento de actuación anterior, así como as medidas extraordinarias publicadas o día 15, seguen vixentes e deben de seguir a observarse en tódolos casos de Covid-19

CRITERIOS SOBRE POSIBLES CASOS DE COVID-19
a). Actuación ante a detección de casos probables ou diagnosticados de COVID-19:
Contémplanse os seguintes escenarios:

1.       Calquera traballador que teña síntomas de infección respiratoria aguda (tos, temperatura alta, dificultade respiratoria) deberá de informar a Autoridade Sanitaria e ó seu xefe inmediato agás de permanecer en illamento domiciliario 14 días.
No centro de traballo procederase a facer un estudio de contactos estreitos (menos de un metro) do mesmo, poñendo tamén a estes en illamento domiciliario de 14 días.

2.       Calquera traballador que tivera contacto estreito con un caso probable ou diagnosticado de coronavirus deberá permanecer en corentena 14 días.

Definición do Ministerio de Sanidade sobre “contacto estreito”:

Calquera persoa que estivera no mesmo lugar que un caso probable ou confirmado mentres o caso presentaba síntomas, a una distancia de menos de 1 metro.

Considérase contacto estreito nun avión, ós pasaxeiros situados nun radio de dous asentos arredor de un caso probable ou confirmado mentres o caso presentaba síntomas e á tripulación que tivera contacto con ditos casos.
Calquera persoa que proporcionara coidados a un caso probable ou confirmado mentres o caso presentaba síntomas: familiares ou persoas que teñan outro tipo de contacto físico similar.

b). Factores de risco:

Considerase como persoal especialmente sensible ou de risco fronte a unha posible infección por coronavirus ás persoas que padezan algunha das seguintes patoloxías:

-          Inmunodepresión (incluído VIH).
-          Diabetes.
-          Enfermidade cardiovascular crónica (incluída hipertensión).
-          Enfermidade hepática crónica.
-          Enfermidade pulmonar crónica.
-          Enfermidade renal crónica.
-          Enfermidade neuromuscular crónica.
-          Enfermidade auto inmune e tratados con corticoides, inmunodepresores ou produtos biolóxicos.
-          Cancro en tratamento quimioterápico ou con implantes cocleares.
-          Pacientes sen bazo.
-          Embarazo.

Para estas persoas, actuarase conforme ó disposto na nota emitida pola Dirección de Persoal do 10 de marzo, sobre criterios Xerais de Xestión de Persoas ante a situación Excepcional xerada con motivo do COVID -19.

XESTIÓN ANTE A APARICIÓN DE UN CASO.

1 O empregado informa ó seu responsable por teléfono do positivo ou asimilado en COVID-19. O empregado presentará o parte de baixa ó seu responsable si fose posible.

2 O responsable contactará inmediatamente co Xefe de Área e Xefe de RRHH da súa Zona para informar do positivo o asimilado do empregado.

3 Os anteriores informarán á dirección de Zona, a subdirección de Promoción da Saúde e á Subdirección de Operacións afectada.

4 Activarase de xeito inmediato o PROTOCOLO, cas seguintes actuacións:
1.        Xefe de Área e o Xefe de RRHH de Zona identificarán ós empregados que estiveran en contacto estreito co traballador que deu positivo ou asimilado.
2.        Con esta información, SSMM da provincia validará as necesidades de corentena, no seu caso, conforme ós criterios establecidos no protocolo.
3.        Xefe de Área e o Xefe de RRHH de Zona adoptarán a medida de desaloxo do centro ou espazo de traballo que proceda (individual ,parcial ou total).
4.        Xefe de Área e/ou o Xefe de RRHH de Zona informará ó Xefe de Finanzas de Zona da necesidade de activar o protocolo de limpeza específica do centro de traballo ou espazo afectado.
5.        Xefe de Área de Zona informara ó Xefe de Finanzas de Zona da necesidade de activar o protocolo de limpeza específica do centro de traballo ou espazo afectado.
6.        Xefe de Finanzas ordenará a limpeza no centro de traballo, utilizando o documento “solicitude de activación protocolo de limpeza específica”.
7.        En caso de peche total ou parcial do centro, a Subdirección de Operacións e/ou o Xefe de Área porá en marcha as medidas operativas que procedan.
8.        Xefe de Finanzas informará ó Xefe de Área e Xefe de RRHH de Zona da finalización dos traballos de limpeza.
9.        Xefe de Área e7ou o Xefe de RRHH de Zona autorizarán e comunicarán a apertura do centro ou espazo de traballo.

COORDINACIÓN CON SEDE CENTRAL.
Con periodicidade diaria, cada Xefatura de RRHH de Zona enviará á Subdirección de Promoción da Saúde un ficheiro Excel, recollendo os seguintes datos:
·         Zona Provincia e Centro de traballo.
·         Data.
·         Nome do traballador positivo ou asimilado.
·         Posibles contactos estreitos postos en corentena.
·         Limpeza específica.
·         Data incorporación do posible positivo ou asimilado (cando se coñeza).
·         Data incorporación posibles casos estreitos postos en corentena con resultado asintomáticos. 

O ficheiro diario conterá a información acumulada, non só a información do día, a efectos de poder coñecer non só as novas situación producidas senón a evolución dos posibles casos e corentenas de datas anteriores.

XESTIÓN DE CASOS EN SEDE CENTRAL

En Sede Central, o Xefe da Área correspondente informará directamente ó Servizo de Saúde Laboral da Subdirección de Promoción da Saúde da situación confirmada ou asimilada, indicando tamén as posibles persoas que tiveran contacto estreito co traballador afectado.
Saúde Laboral coordinará as actuacións validando as posibles corentenas que puideran precisarse, así como informando a Servizos Xerais da necesidade de proceder á limpeza específica urxente.