A
CIG defende a Unidade Sindical para
reclamar a Correos a revisión inmediata do suplido por achega de vehículo
ü A CIG ten demandado en varias ocasións, nos últimos anos, a revisión dun complemento que quedou totalmente desfasado tanto no complemento de amortización como no do carburante.
ü Non é tolerable a esixencia de aportar vehículos adaptados para o desenvolvemento do servizo e non dar unha contraprestación acorde co que se esixe.
ü Estamos seguros que en esta ocasión e cunha situación tan alarmante nos prezos dos carburantes, todos os CCOOmpañeiros se sumaran a unha reivindicación así.
ü Xa é hora de que se faga cumprir por parte dos 534 CCOOmpañeiros Liberados o que asinaron hai dez anos.
III Convenio Colectivo - Acordo Xeral:
“Coa finalidade de mellorar as
condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a
analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio
Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do
carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto”
A
CIG defende que se cobre polo servizo que se presta e que non teñan que sacar
do seu peto o diñeiro as compañeiras/os, para facer o traballo.