13 de xan. de 2022

Cambio de Entidade Sanitaria 2022 (Só Persoal Funcionario)

 

Segundo o novo acordo subscrito con  Muface que entrou en vigor dende o 1 de xaneiro de 2022 os  mutualistas terán un único período de cambio de entidades de asistencia sanitaria que poderán realizar  durante o mes de xaneiro (ata o de agora había dúas posibilidades: xaneiro e xuño).

Os funcionarios e funcionarias poderán elixir a asistencia sanitaria primeiramente entre a asistencia a través do Sistema Sanitario Público ou de Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria concertadas. Entre estas últimas poderá elixirse entre as 3 compañías que quedaron (antes 4) pois  Igualatorio de Cantabria decidiu non presentarse.

Compañías de Asistencia Sanitarias Concertadas 2022:

DKV

ASISA

SegurCaixa ADESLAS

Como solicitar o cambio de entidade:

A solicitude de cambio de entidade, deberá realizarse ben pola sede electrónica, ben descargando o impreso da web de  Muface e enviándoo por correo postal, ou acudindo a outros rexistros. A afluencia ás oficinas de  Muface está restrinxida a cuestións inaprazables que non admiten outra canle. Se non podes utilizar a sede ou enviar o impreso por correo postal ou presentalo noutros rexistros, debe solicitar cita previa chamando ao 060 ou a través da sede electrónica de  Muface.

A posibilidade de cambio extraordinario polas causas taxadas previstas no Concerto continuará nas mesmas condicións, coa mesma regulación, tal e como aparece na información da páxina web de  MUFACE.

Descarga Impresos Muface

Atención ao Mutualista Cita Previa Muface