21 de xuño de 2022

Muface: Axudas Persoal Funcionario

 

As Axudas Asistenciais son servizos e axudas económicas destinadas a atender determinados estados ou situacións de necesidade, non cubertos por outras prestacións, sempre que se careza dos recursos indispensables para facer fronte aos mesmos. Entre elas destacan as axudas ao copago farmacéutico para persoas  mutualistas xubiladas, e as titulares viúvas ou orfas en situación de vulnerabilidade, conforme os requisitos que anualmente se recollen na convocatoria que se publica no BOE.

CONTÍA

Son Prestacións de pago único e corresponde ás Comisións Provinciais de  MUFACE a definición dos criterios para a concesión de Axudas Asistenciais, con suxeición ás normas reguladoras da prestación, aos parámetros de homoxeneización establecidos pola Dirección Xeral de  MUFACE e, en concreto, ao disposto na resolución de convocatoria anual que se publica no BOE.

QUEN SE PODE BENEFICIAR DAS AXUDAS

Mutualistas e  titulares do documento asimilado ao de afiliación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

do 15 de xuño ao 15 de setembro, ambos inclusive.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

- A través da sede electrónica de  MUFACE as 24 horas do día, todos os días do ano, sen necesidade de acudir ás nosas oficinas. Precísase certificado electrónico en vigor, DNI electrónico, Cl@ve Permanente ou Cl@ve  PIN.

- Nas Oficinas de  MUFACE , sempre con cita previa ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas.

- Por correo postal.