A CIG compareceu en Madrid como sindicato promotor da demanda de conflito colectivo contra a instrución de Correos (Proxecto VA26). Esta medida pretende obrigar a toda a plantilla a coller as vacacións por quincenas, vulnerando abertamente o Convenio Colectivo e o calendario laboral vixente.
A escusa de Correos: Durante o acto, a dirección da empresa tentou eludir o fondo do asunto e fuxir das súas responsabilidades alegando unha suposta "falta de competencia" do SMAC de Madrid, baixo o argumento de que a instrución VA26 só afectaba ao Área Territorial Noroeste.
A réplica xurídica: Esta estratexia trampeira foi desmontada de inmediato e de forma contundente na mesa de negociación. Rebatéuselle á empresa que a Área Territorial Noroeste está integrada por tres Comunidades Autónomas (Galiza, Asturias e parte de Castela e León). Ao estar afectada máis dunha comunidade, a competencia do SMAC de Madrid é total, legal e absolutamente incuestionable.
Fronte común e resultado: O acto rematou SEN AVENENCIA, o que nos deixa a vía libre para iniciar de inmediato o proceso xudicial. Todos os sindicatos asistentes (LAB, ELA, CGT, CSIF e Sindicato Libre) adheríronse á nosa demanda.
A VERGOÑA: CCOO E UGT VOLVEN DAR AS COSTAS Á PLANTILLA Mentres as organizacións sindicais que si loitamos pechabamos filas en Madrid para defender un dereito tan sagrado como as túas vacacións, as cúpulas de CCOO e UGT decidiron NON ASISTIR ao acto de conciliación. Coa súa clamorosa e vergoñenta ausencia evidencian, unha vez máis, que os dereitos dos traballadores e traballadoras de Correos non lles importan o máis mínimo. Estan máis cómodos nos despachos institucionais e asinando recortes coa dirección que defendendo ás traballadoras e traballadores fronte aos atropelos diarios.
¡Xulga ti mesmo/a quen está ao teu lado cando hai que pelexar de verdade!
COA CIG, OS TEUS DEREITOS NIN SE REGALAN NIN SE NEGOCIAN
Sindicato implicado, plantilla protexida.
¡Súmate á alternativa combativa!
