26 de maio de 2021

A CIG presentou as súas alegacións ao borrador de Axudas de Acción Social na reunión de hoxe 26 de maio

 

A CIG diante a grave crise sanitaria que estamos a vivir mundialmente que vén da man doutra non menos grave como é a económica, ve necesario que Correos realice un esforzo e invista máis cartos ao plan de acción social para que o persoal poida facer fronte a todo tipo de eventualidades económicas que lles puidera xurdir no seu círculo familiar ( ERTES, despedimentos etc).  Cremos que a empresa non debe escudarse na Lei 11/2020 do 30 de decembro de 2020 de Orzamentos Xerais do Estado que limitan o gasto público para non mellorar as axudas de acción social.

Dende a CIG queremos que a Acción Social de Correos se converta nunha axuda real e non meramente simbólica e que sirva para cubrir as expectativas que no seu día se marcaron e que nos levaron a establecer este tipo de axudas sociais.

Nas nosas alegacións con carácter xeral solicitamos:

  1. A inclusión do Persoal fixo – descontinuo para as axudas.
  2. Unha mellor flexibilidade para acceder ás axudas ao persoal eventual.
  3. Un incremento significativo nas axudas para que cumpran realmente coa súa función.
  4. Que se eliminen os limites de ingresos como requisito para acceder ás axudas.
  5. E no caso que se establezan que non conten como ingresos os percibidos por achega de vehículo ou de local no caso do persoal rural, nin por procesos electorais ou calquera atraso de pagas anteriores.

Como novidade a empresa nos informou que con respecto á tramitación das solicitudes se esta a buscar unha ferramenta para que estas sexan presentadas de forma telemática.

Dende a CIG solicitamos que se manteña a posibilidade  de presentar a solicitude en papel.

Alegacións Axudas Acción Social CIG