Na pasada Comisión
de Emprego do dia 20 de febreiro Correos,
facendo gala dun cinismo sen limite e coreado polos seus sindicatos de
cabeceira, di que quere garantir a seguridade do persoal que aporta vehículos
para o reparto.
E que propón para garantir a seguridade???
Persoal eventual.-
Cláusula pola que este persoal se compromete
a aportar o vehículo requirido para o desempeño do posto de maneira segura
e eficiente e a dispor dos dispositivos homologados e validados de retención e
aseguramento de carga. E dicir nos novos contratos os eventuais terán que
aportar, en aqueles casos que correos llo solicite, non un vehículo automóbil
como ata agora, senón o que Correos estime preciso, podendo ser este furgoneta,
furgón.. ou no mellor dos casos instalar dispositivos de retención homologados.
Persoal fixo.-
· Os que levan mais de 10 paquetes
e que se supón que non lle collen todos no maleteiro, Correos daralle un prazo
razoable (para estes individuos razoable é un prazo máximo de 2 meses) para
dotar o seu vehículo de dispositivos de retención homologados.
·
Os que leven menos de 10 paquetes
que lle collan no maleteiro están de sorte, so lles piden que conduzan ben;
pero si sobrepasan esa cantidade terán que comunicalo a Empresa para proceder a
súa adaptación.
Ai queda
iso!!!!!
De ningunha maneira CIG vai a consentir que ningún rural
teña que facer desembolsos do seu peto para adaptar o seu vehículo as teóricas
necesidades de Correos, se
non lles valen os vehículos que sexa a Empresa quen os aporte, como os aporta a
outro tipo de persoal.
Parécenos indecente que, pondo
como falsa desculpa a seguridade, Correos obrigue o seu persoal a asumir un gasto para
mercar ou adaptar vehículos cando dende o ano 2011 non se lle actualizou o
custo por Qm. e o que é peor, algúns sindicatos aplauden a
medida con entusiasmo!!!!.