25 de maio de 2016

A CIG Presenta Alegacións á Proposta de Eleccións Xerais do 26 de xuño


Ni un céntimo de suba nas contías a percibir para o persoal. Correos está inmerso nunha política de conxelacións sistemáticas das cantidades fixas a percibir permitida e consentida polos sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral CCOO, UGT, CSIF e SL.

A CIG presentou as seguintes alegacións en Madrid:

*                   Incremento do 25% de tódalas cantidades a percibir tanto pola campaña electoral en Distribución, USES, Loxística, Rede de Oficinas, como pola distribución das tarxetas INE, envíos con enderezo e sen enderezo.

*                   Eliminación do punto en que condiciona o pago da gratificación polo proceso electoral “a un incremento extraordinario das cargas de traballo da Unidade”, porque os criterios e sistemas de medición, para saber cando unha unidade ten un incremento extraordinario das cargas de traballo, non pode ser subxectivo a criterio da empresa, se non debe ser claro, transparente e coñecido por todos os traballadores.

*                   O cobro da gratificación que perciben as USES a tódalas Unidades de Distribución e persoal Rural que realice a distribución da documentación electoral (voto por correo).

*                   Que, o persoal Rural que realice a entrega nas mesas electorais e recollida do terceiro sobre, perciba o 100% da indemnización por achega do vehículo é dicir as cantidades de amortización e carburante e non como ate agora que só se lles paga a parte do carburante. 

*                    Unha regulación sobre as horas extraordinarias, negociándoas coas Organizacións Sindicais con representación en cada provincia par evitar favoritismos e arbitrariedades.  

*                   Que se realice o chamamento de tódolos fixos descontinuos na campaña de eleccións.


*                   Solicitamos un reparto extraordinario en tódalas U.R. de Galiza para o día sábado 18 de xuño.

A CIG xa solicitou contratación para que queden cubertas tódalas seccións e así se dean por terminados todos os recargos en Galiza.