3 de mar. de 2022

Revisión do Complemento do carburante; Xa!!

 


A CIG  defende a Unidade Sindical para reclamar a Correos a revisión inmediata do suplido por achega de vehículo

ü  A CIG ten demandado en varias ocasións, nos últimos anos, a revisión dun complemento que quedou totalmente desfasado tanto no complemento de amortización como no do carburante.

ü  Non é tolerable a esixencia de aportar vehículos adaptados para o desenvolvemento do  servizo e non dar unha contraprestación acorde co que se esixe.


ü  Estamos seguros que en esta ocasión e cunha situación tan alarmante nos prezos dos carburantes, todos os CCOOmpañeiros se sumaran a unha reivindicación así.


ü  Xa é hora de que se faga cumprir por parte dos 534 CCOOmpañeiros Liberados o que asinaron hai dez anos.

III Convenio Colectivo - Acordo Xeral:

“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto

A CIG defende que se cobre polo servizo que se presta e que non teñan que sacar do seu peto o diñeiro as compañeiras/os, para facer o  traballo.