Correos comunicou hoxe na Mesa do Plan Estratéxico a súa intención de
iniciar en breve un Plan Voluntario de achega de vehículos de empresa para
todos os carteiros rurais que achegan o seu propio coche. En Galicia son máis
de 1.000 carteiros rurais que hoxe achegan o seu propio vehículo.
A CIG non ve mal esta medida a condición de que se respecte sempre o
carácter voluntario.
Desde CIG insistimos na xuntanza en que o clamor xeneralizado do colectivo
de rurais é que se incremente a indemnización por achega de vehículo que leva
conxelado desde 2011grazas en parte á empresa e aos sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral que non fixeron
respectar o que asinaron.