16 de xuño de 2021

Mesa Sectorial: Proposta para a achega de Vehículos aos Servizos Rurais - Xubilacións Parciais para o Persoal Laboral

 


-       PROPOSTA PARA A ACHEGA DE VEHÍCULO AOS SERVIZOS RURAIS CON CARÁCTER VOLUNTARIO.

Decepción polo escaso contido da xunta, xa que o único que teñen determinado é que van a facer unha enquisa non aportando ningún tipo de documentación.

Coa enquisa que non será vinculante Correos quere determinar o numero de rurais que estarían dispostos a solicitar o vehículo para saber cantas furgonetas serían precisas.

Aínda que a idea inicial seria chegar a todos os rurais isto iria por etapas xa que é difícil chegar a todos en un primeiro momento. A enquisa elaborarase durante os meses de xullo, agosto e setembro para  que todo o mundo que queira participe e non o colla de vacacións.

Unha vez se teña a enquisa elaboraranse os criterios para a substitución dos vehículos, ben por distancia, volume de paquetería, zonas xeográficas, etc. En principio non cambiaran as condicións dos postos de traballo salvo as retributivas no tocante a indemnizacións por achega de vehículo.

Dende a CIG SOLICITAMOS:

·       Que a entrega destes vehículos se faga coa maior celeridade posible.

·       Que o criterio para a súa entrega sexa única  e exclusivamente o de xustiza, é dicir: que se entregue a todos os rurais que así o soliciten.

·       Que mentres non se faga a substitución dos vehículos se actualicen os suplidos  por achega de vehículo (conxelado dende o 2011 grazas aos sindicatos CCOO, UGT, SL e CSIF asinantes do Convenio e Acordo Xeral)

 

-       XUBILACIÓNS PARCIAIS (Persoal Laboral) 

Na reunión Correos informounos que a SERETARIA DE ESTADO DE PRESUPOSTOS E GASTOS  aprobou para Correos as “Xubilacións parciais vinculadas a contratos de relevos”.

Correos di que empezará cos tramites o máis rápido posible.

Requisitos para acceder ás xubilacións parciais: ter cumpridos 61 anos e 10 meses con 35 anos cotizados ou ter 62 anos e 8 meses e 33 anos rexistrados na Seguridade Social cunha antigüidade mínima de 6 anos ininterrompidos en Correos inmediatamente anteriores á data da xubilación. 

O tanto por cento de redución de xornada para a xubilación parcial anticipada será do 75%: o xubilado parcial acumulará o tempo de prestación efectiva de servizos de todo o período da xubilación parcial ao principio da nova situación. O contrato realizaráselle a un traballador desempregado ou que tivese concertado con Correos un contrato dunha duración determinada.