26 de ago. de 2021

CIG-Correos aposta pola mellora de servizos postais no noso rural pero en condicións dignas

 "Non só hai que dixitalizar, as e os traballadores teñen que ter condicións deste século"

Dende a CIG agardamos que a reunión celebrada este xoves, día 24 de agosto, entre o presidente de Correos, Juan Manuel Sérrano e o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, teña servido para que, dunha vez por todas, se pare a sangría de perda de efectivos para desenvolver este servizo e outros novos. É moi difícil falar de melloras nos servizos cando se vén diminuíndo de modo constante o número de traballadores e traballadoras para realizalo, case un 30% menos en 10 anos.

Dende a CIG consideramos positiva a dixitalización das oficinas auxiliares e demais servizos, pero estas melloras “teñen que ir acompañadas de un servizo máis amplo en canto a horarios e tamén en número de efectivos a hora de desenvolver o traballo”, Non se pode facer todo co mesmo número de traballadores/as.

Se hai que darlle a volta o despoboamento de poboación no rural, son precisas medidas de discriminación positivas, que impliquen o mantemento dos servizos, como no caso que nos ocupa os postais. 

Son precisos medios adecuados para desenvolver os servizos que hoxe se prestan e que sexan en condicións de seguridade. Non se pode permitir que o persoal que desenvolve os servizos rurais no noso país, e que están a poñer un vehículo a disposición da empresa, siga tendo as mesmas contraprestacións que fai máis de dez anos, como si os custes non variasen nada”. 

“Mellorar o servizo no rural si, pero en condicións dignas”.

Galiciaconfidencial

Galiciapress

Avantar