Correos puxo en funcionamento o Portal de Emprego, abrindo un primeiro período de inscrición desde o 12 de decembro ata o 12 de xaneiro, dirixido ás persoas interesadas en traballar na empresa.
Este Portal ten carácter temporal e non substitúe as Bolsas de Emprego, senón que serve como unha solución provisional mentres se establece un novo sistema de contratación de persoal eventual operativo.
O persoal eventual, xa inscrito nas Bolsas de emprego, NON ten que inscribirse no portal de emprego.
Requisitos para a inscrición:
- Ter 18 anos ou máis.
- Contar co título de Graduado Escolar ou equivalente.
- Posuír nacionalidade española ou permiso de traballo en vigor.
A inscrición no Portal de Emprego non garante a inclusión en futuras Bolsas de Emprego nin supón un compromiso de contratación.
O Portal abrirase cada catro meses, polo que será necesario inscribirse en cada proceso, indicando as preferencias e a dispoñibilidade para a contratación.
Como funciona o Portal de Emprego (orde de chamamento):
- Persoas das Bolsas
- Persoas con experiencia previa en Correos
- Persoas inscritas no Portal
As inscricións poden realizarse a través do seguinte enlace:
✅A CIG sempre se manifestou en contra deste sistema de contratación, no que se realizan chamamentos que ninguén entende, baseados en rotacións incomprensibles e incontrolables que xeran desconfianza xeralizada.
❎A CIG defende un modelo de contratación como o existente no resto da Administración, con chamamentos por rigorosa orde, claros, transparentes e publicados na páxina web de Correos.


