22 de abr. de 2021

A CIG Solicita Convocatoria da Mesa Sectorial

A CIG Solicita a Correos a Convocatoria da Mesa Sectorial para tratar temas de vital importancia que están pendentes a pesares do tempo transcorrido.

- Regulación do Teletraballo. Unha vez asinado o Acordo que regula o teletraballo na AGE é necesario negociar e regular o teletraballo na Sociedad Estatal Correos e Telégrafos, coa finalidade que o traballador coñeza claramente os seus deberes e dereitos. 

- Vacinación a todos os traballadores/as da empresa. Despóis de ser declarados como servizos esenciais en plena pandemia, agora resulta que non estamos dentro dos planes de vacinación como persoal prioritario. 

-Día de permiso adicional pola coincidencia en sábado de dous días festivos nacionais non recuperables e non substituibles en 2021. Dereito que xa está recoñecido a todos/as traballadores/as da Administración Xeral do Estado. A que están esperando en Correos para concedelo.....a que presentemos demanda???

-Pago dos Fondos Adicionais 2019-2020. A suba é dun 0.55% en total e está aprobada por Lei. É inxustificable o atraso do pagamento destes cartos que poderían signficar entre uns 210€ a 360€ por cada traballador/a dependendo da súa categoría profesional. Tamén está pendente a reunión para aplicar a suba do 0.9%  correspondente a 2021.

-Excedencias Incentivadas para o persoal funcionario - Xubilacións Parciais para o persoal Laboral. Temos un cadro de persoal envellecido, moitos dos nosos traballadores/as contan con máis de 35 anos cotizados as súas costas. É hora de activar as Excedencias Incentivadas e as xubilacións parciais.....Temos moitos mozos no paro que non tiveron a oportunidade de cotizar nin un só día.....Non faga certa a frase: "Os vellos traballando e os mozos na casa."