Fondos
Adicionais 2019-2020: A CIG rexeita a proposta da empresa sobre a
aplicación dos fondos adicionais. A empresa pretendía que estes fondos 0,25% do
ano 2019 e 0,30% do ano 2020 se destinen a conceptos abstractos e a
retribucións non fixas como o complemento de produción e asistencia que hoxe o
podes cobrar e mañá non.
Finalmente a empresa acepta a aplicación
lineal dos fondos adicionais nos conceptos retributivos fixos e variables.
Desde CIG defendemos que estes fondos se
utilizaran para a subida de niveis do persoal funcionario (temos os niveis máis
baixos de toda a administración) e unha suba igual e proporcional para o
persoal laboral no complemento de posto tipo. Ambos o dous complemento fixos.
Xornadas
en sábados e descansos: A empresa nos comunicou a supresión da quenda de
traballo en sábados en USE e CTA. Pero que non renuncia ao traballo en fin de
semana.
A partir da supresión da quenda
obrigatoria en fin de semana o servizo se prestará con persoal voluntario e
eventual. O pago dos atrasos (a 7,75 €/hora desde o 1 de xullo de 2019)
condiciónano á inclusión de Correos no RD de Xornadas Especiais.
En
oficinas mantense a supresión que xa se vén realizando dende o 20 de marzo de
2020 debido á pandemia.
USE: Suprímese a quenda
obrigatoria a partir do próximo 20 de febreiro de 2021.
CTA: Suprímese a quenda obrigatoria a partir do 6 – 7 de marzo de 2021
Valoración
CIG:
Xa era hora que Correos atendese ás
reivindicacións, denuncias e folgas realizadas pola CIG e outras OOSS polo
incumprimento dos descansos nas xornadas semanais.
Así mesmo fixemos saber á empresa:
-Que nos opoñemos frontalmente a que
Correos sexa incluído no RD de xornadas especiais e emprazamos á empresa a que
busque outras opcións alternativas a esa vía. O incluírnos nese RD de xornadas
especiais sería desregular a xornada ao conxunto de todos/as os/as
traballadores/ as de Correos.
-Que desde CIG defendemos as 35 horas
semanais de luns a venres
-Que temos escrito dirixido ao
presidente solicitando 1 día de permiso adicional de descanso por coincidir 2
festivos nacionais en sábado.
-Que queremos saber que pasou coa
vacinación do persoal de Correos, na última reunión da Mesa Sectorial
informóusenos por parte do presidente que estaba a realizar as xestións co
ministerio de sanidade. Resta dicir que fomos e somos un sector esencial que
foi duramente golpeado pola pandemia e que polo noso traballo podemos ser unha
fonte de contaxio e á súa vez de propagación do virus pola nosa labor porta a
porta.
-Que queda pendente a Regulación do
Teletraballo, activar as Xubilacións parciais para o persoal laboral e as
excedencias incentivadas para o persoal funcionario.