CORREOS:
Asinou o Dereito en Papel
Mollado??
Non pode ser, que un dereito
recoñecido polas normas (Convenio*, Acordo* e Calendario Laboral*),
que agora pretendan concedelo cando
e como queiran
Os xefes das unidades non os conceden porque non poden gravalos e os
seus superiores dinlles que non se poden gozar ata o vindeiro ano porque non se
sabe se van estar en activo neses días. (Se fixeran o mesmo coas vacacións ou
cos días de APs teriamos que agardar a ter o ano vencido para poder
disfrutalas, que disparate!!)
Dende a CIGcorreos non sabemos de onde ven a orde, pero si temos claro
que é ilegal e así llo fixemos saber o mesmo Presidente de Correos,
solicitándolle por escrito que autorice o disfrute deses dous días durante este
ano se así o demandan os interesados/as.
A nosa recomendación pasa por solicitar
eses días por escrito, facendo constar que son os días recoñecidos por
cadrar en sábado o 24 e 31 de decembro. No caso que a resposta sexa negativa,
teñen a obriga de motivala e a partir de aí ábrese a posibilidade de acudir ós
xulgados para reclamar un dereito que nos están conculcando.
*As normas que amparan este dereito:
Convenio Colectivo (Para persoal Laboral) e Acordo Xeral (Persoal
Funcionario):
Artigo 58. Permisos Retribuídos – Q) Os días 24 e 31 de decembro:
“…Cando os días 24 e 31 de decembro coincidan con sábados ou festivos,
a empresa (Sociedade Estatal) recoñecerá dous días adicionais de descanso”
Calendario Laboral 2016 (Para persoal Laboral e Funcionario):
Asuntos Particulares Navidad (24 e 31 decembro / sábado)
“De acordo co disposto no Anexo IV Tempo de Traballo do Acordo Xeral de
5 de abril de 2011 e no art. 58 do III Convenio Colectivo, pola coincidencia no
ano 2016 dos días 24 e 31 de decembro con sábado, recoñécense dous días
adicionais de descanso ó persoal funcionario e laboral (suxeito a convenio)
activo en ditos días.
Estes dous días adicionais de descanso difrutaranse hasta o 31 de marzo
de 2017.
Un
dereito, non pode “retorcelo” a empresa segundo os seus intereses
Non te
axeonlles e loita polo teu, tes o noso apoio