2 de xuño de 2012

FOLGA INDEFINIDA NA U.R. 1 DE VIGO

Dende o día 4 de xuño os sindicatos CIG, CCOO, UGT, CGT e S Libre teñen convocada unha folga indefinida entre as 07:30 horas e as 11:15 horas na U.R. 1 de Vigo.

Esta convocatoria de Folga Indefinida de Media Xornada é a primeira resposta despois que Correos optara por reducir 13 postos de traballo dos 52 existentes na Unidade de Reparto 1 de Vigo, onde estan ubicados os Distritos 1, 2, 3 e 4 desta cidade.

A aplicación desta medida fíxose efectiva no día 1 de xuño, quedando de manifesto por un lado a falta de organización por parte de Correos para poñer en práctica os recortes, pois tendo en conta que non foi unha medida tomada con premura, non souberon prepararse para que non houbera problemas, e mais ben ocurríu todo o contrario: o persoal tivo que atender a clasificación ata en tres mesas diferentes saltando dunha para outra, os rótulos cos planos e rueiros de cada sección estaban sen colocar nas mesas, rotulacións de rúas equivocadas... Pero o máis grave e significativo e que a medida de reducir os postos nun 25% non é asumible sempre e cando se queira manter un reparto diario da correspondencia garantindo un servizo de calidade ós usuarios, pois vaise atrasar a entrega do correo e as acumulacións van a ser o problema diario co que nos vamos atopar.
Non queremos pensar que dende Correos traten de deixar caer a calidade do servizo para desacreditar a prestación do mesmo como servizo público e favorecer desa maneira o pase a unha privatización. Por elo tamén entendemos que as medidas tomadas en Vigo na U.R.1 son contrarias ó mantemento dun Correos como servizo público de calidade.

Así as cousas, demandamos de Correos que revirta a situación, empezando por facer un novo seguemento obxectivo e coherente para determinar e establecer as necesidades reais de persoal da zona centro da cidade de Vigo, sempre tendo como premisa o respecto pola prestación dun servizo público de calidade que garanta o emprego asi como os dereitos dos cidadans a recibir diariamente a súa correspondencia.