Manifestación en defensa da Sanidade Pública
Domingo día 3 de xuño ás 12:00 horas
Dende a Alameda de Compostela
A plataforma cidadá
SOS Sanidade Pública convoca para este domingo, día 3 de xuño, ás 12:00 horas,
unha manifestación, que se agarda multitudinaria. Denuncia que as medidas de
recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta de Galicia,
introducen cambios fundamentais no sistema sanitario público que atentan contra
a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da
Sanidade Pública, e supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria. A CIG,
organización integrada na plataforma, fai un chamamento a participar nesta mobilización, para que a
resposta a estas políticas sexa contundente e masiva.
Para máis información prema Aquí: