A CIG DENUNCIA O ROUBO NA TÚA
PRODUTIVIDADE DURANTE A "IT"
A TRAIZÓN DO III CONVENIO: A dirección de Correos non podería meter a man no peto do persoal laboral de baixa se non fose pola complicidade dos sindicatos CCOO, UGT, CSIF e SINDICATO LIBRE que asinaron o III Convenio. Eses mesmos sindicatos que primeiro asinan recortes e agora, con total hipocrisía, pretenden facer ver que denuncian o que eles mesmos permitiron coa súa firma.
BOTA CONTAS DO QUE CHE ROUBARON: Debes saber que, legalmente, só se pode reclamar un ano cara atrás. Mira as túas nóminas e bota contas de todo o diñeiro que eses sindicatos lle levan aforrado á empresa a costa da túa saúde. Mentres eles asinan alegremente, ti perdes cartos por estar enfermo/a.
A ACCIÓN DA CIG:
- CONFLITO COLECTIVO: A CIG presenta CONFLITO COLECTIVO para defender o conxunto dos traballadores/as e garantir que, de agora en diante, Correos non poida realizar estes descontos ilegais na produtividade.
- RECLAMACIÓN INDIVIDUAL: O conflito colectivo protexe o futuro, pero o diñeiro xa descontado o último ano tes que reclamalo ti de xeito individual.

