8 de abr. de 2026

SÁBADOS SOLAPADOS CON FESTIVOS: O TEU DESCANSO NON É UN AGASALLO!


A CIG DENUNCIA O ROUBO DE XORNADA QUE CORREOS PRACTICA CO PERSOAL LABORAL COA COMPLICIDADE DOS SINDICATOS ASINANTES. QUE ESTÁ A PASAR COS NOSOS FESTIVOS?

Ano tras ano, o calendario laboral amosa sábados que coinciden con días festivos. Para a dirección de Correos, estes días “desaparecen”: nin se pagan, nin se compensan con outro día de descanso. Esta práctica supón, de facto, un incremento encuberto da xornada anual e un desprezo absoluto polo dereito ao descanso do persoal laboral.

OS CÓMPLICES DA FIRMA: PRIMEIRO ASINAN, DESPOIS PROTESTAN.

Este “roubo” non sería posible sen o marco que permitiron os sindicatos asinantes do III Convenio Colectivo. Son os mesmos que:
  • Sentaron na mesa para asinar un texto que deixa oco a estas interpretacións abusivas pola empresa.
  • Puxeron a sinatura nun convenio que precariza e logo, para lavar a cara ante a plantilla, pretenden facer ver que loitan polo que eles mesmos entregaron.
  • A súa sinatura aforralle millóns de euros á empresa en substitucións e pagos que deberían ir ao peto das traballadoras e traballadores.
A POSTURA DA CIG: CONFLITO COLECTIVO XA!

Desde a CIG non imos permitir que un festivo estatal, autonómico ou local quede sen o seu correspondente descanso ou retribución por caer en sábado. Por iso, informamos de que:
  1. IMPUGNACIÓN LEGAL: Presentamos un Conflito Colectivo para esixir que os sábados solapados sexan compensados de xeito efectivo.
  2. DIGNIDADE LABORAL E RECLAMACIÓN: Un festivo é un dereito gañado e a empresa debe axustar a xornada para non perder ese lecer.
IMPORTANTE: Ao igual que cos descontos por IT, o conflito colectivo protexe o dereito xeral, pero os festivos solapados do último ano hai que reclamalos individualmente. Ponte en contacto cos teus delegados e delegadas para tramitar a túa reclamación.

SABÍAS QUE...?

Cada sábado que non che compensan é un día de vida familiar e descanso que che están a subtraer de balde.

MOBILÍZATE COA CIG!
  • A forza para tombar estas prácticas abusivas está na mobilización e na presión xurídica.
  • Asiste ás asembleas para coñecer os detalles da demanda.
Esixe responsabilidades a quen asinou o convenio que permite estes abusos.