Miles de persoas percorren Compostela en defensa da Sanidade e o Ensino públicos ( 3 de xuño)
Exixen a retirada dos recortes impostos desde Madrid, invadindo competencias da Xunta de Galiza, e que o goberno galego non os aplique
Agardábase
multitudinaria e cumpríronse os prognósticos. Miles de persoas, chegadas de
toda Galiza, sumáronse en Compostela á manifestación en defensa da Sanidade e
do Ensino públicos. Ao remate, na praza da Quintana, Uxía Senlle e María Xosé
Silvar, Sés, puxeron a música, xunto con Patricia Vázquez e Xurxo Souto, que
foron os encargados de levar o acto de clausura. Un pai, en representación da
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e Manuel Martín, portavoz da
Plataforma SOS Sanidade Pública deron lectura aos manifestos. Con toda
rotundidade e contundencia, as persoas asistentes proclamaron que “O público é
servizo; o privado, beneficio”.
Para máis información e galería de fotografías preme AQUÍ: