18 de mar. de 2026

NOTA INFORMATIVA: DECLARACIÓN DA RENDA 2025


OS ATRASOS DO 2,5% CORREOS TRASLADA A SÚA RESPONSABILIDADE AO PERSOAL

Dende a sección sindical queremos informar sobre a situación xerada polo incremento retributivo do 2,5% correspondente ao ano 2025. Malia que o Real Decreto-lei 14/2025 establecía que este pago debía facerse efectivo en decembro de 2025, Correos non o abonou ata xaneiro de 2026 alegando "imposibilidade técnica".

Esta mala xestión da empresa ten consecuencias directas para ti: Correos traslada a responsabilidade e a carga administrativa ao traballador/a, obrigándonos a modificar manualmente o borrador da Renda para evitar problemas coa Axencia Tributaria.

¿QUE DEBES SABER?
  • Imputación fiscal: Aínda que cobrases os atrasos en xaneiro de 2026, a Axencia Tributaria obriga a declaralos no exercicio 2025, xa que é o ano no que eran esixibles.
  • Documentación necesaria: Debes utilizar o "Certificado adicional de retencións" que Correos che facilitará a través do buzón dixital ou no teu centro de traballo. Este documento é distinto ao certificado ordinario.
¿COMO SE DECLARAN ESTES ATRASOS?

Para que os teus datos fiscais sexan correctos, antes de confirmar o borrador da Renda 2025 (campaña que comeza en abril de 2026), debes:
  1. Acceder ao teu borrador en Renda WEB.
  2. Localizar a Casilla 03 (Rendementos do traballo).
  3. Sumar os importes que aparecen no teu "Certificado Adicional" (Importe íntegro, retencións e gastos deducibles) aos datos que xa figuran por defecto na declaración.
IMPORTANTE: Se presentas a declaración sen engadir estes atrasos, poderías recibir unha paralización ou reclamación posterior da AEAT con posibles recargas.

DENUNCIAMOS que a falta de previsión de Correos obriga a todo o persoal a realizar trámites extra e a asumir erros que non nos corresponden. 

Se tes dúbidas sobre como realizar este trámite, 
ponte en contacto cos teus delegados/as sindicais da CIG.